:lvg: | 27/04/2010
Ten un posto na praza de abastos de Noia, pero Xosé Luis Filgueira tamén percorre diversos mercados da comarca para vender os seus produtos.
-¿Onde soe instalar este posto ambulante?
-Normalmente percorro os mercados de Muros, Esteiro e Porto do Son.
- ¿Que lle ofrece aos clientes nestes puntos de venta ambulante?
-Polo que máis se coñece o posto é polos queixos do país, pero tamén levo augardente, mel, bacallau e marmelo.
-¿Como empezou nisto? -Foi por tradición familiar. A miña nai xa tiña o posto. Desde hai case vinte anos son eu o que me encargo del, pero realmente empezou ela co negocio.
-¿Cal é a parte que máis lle gusta do seu traballo?
-Sobre todo, relacionarme cos clientes. Cando un é vendedor ambulante fai moitas amizades.
-¿Hai algo que deteste?
-O mal tempo. A climatoloxía é a que marca o traballo dos vendedores ambulantes, por iso nós sempre temos a mirada posta no ceo.
-¿Elabora vostede os produtos que pon á venta?
-En xeral non. O único que si elaboramos é a boroa, logo o queixo ven de Arzúa e a augardente de Ourense. Tentamos ter a mellor calidade.

0 comentarios:
Publicar un comentario