:lvg: | 2/12/2010
«É importante darlle aos nenos a posibilidade de que se expresen»
A creadora sonense dirixiu no municipio pobrense unha experiencia de introdución das artes plásticas nas aulas, na que participaron 160 alumnos
Desde hai un par de semanas, as paredes da sala de exposicións da casa de cultura pobrense están cheas de cor. Alí exhíbense diversos traballos de pintura e escultura feitos por 160 alumnos das escolas unitarias do municipio e do colexio Fernández Varela, que se presentan baixo o título Sentindo o mar . Trátase dunha colección que é froito dunha experiencia levada a cabo ao longo do curso pasado nas aulas, baixo a coordinación de Mónica Montero (Santiago, 1964), unha artista que reside en Porto do Son e que imparte clases de lingua española no instituto Leliadoura de Ribeira.
-¿Cando comezou a súa vinculación co mundo da arte?
-Sempre me gustou a arte e incluso compatibilicei os estudos universitarios coa Escola de Artes e Oficios. Logo seguín formándome, pero xa de xeito autodidacta.
-¿Que rama artística é a que desenvolve?
-Sobre todo a pintura e, logo, gústame experimentar con novas técnicas como o colaxe ou as pequenas esculturas, das que hai varios exemplos na exposición Sentindo o mar .
-¿Como se involucrou nesta experiencia artística?
-Fixéronme a proposta e, nun principio, o certo é que non sabía onde me metía, non era consciente do grao de implicación que supoñía o proxecto. Dixen que si e teño que recoñecer que foi unha experiencia marabillosa. Aprendín moito dos rapaces, porque eles son moi conscientes do que fan e danlle moita importancia á expresión a través das artes plásticas. Foi un proceso laborioso, porque ía polas escolas un par de veces por semana ao longo de todo o curso, pero estou encantada co resultado.
-O obxectivo do proxecto era que a arte tivera un oco nas aulas, ¿conseguiuse?
-Totalmente. O que vin alí foi un cambio de enfoque. Estamos acostumados a presionar aos nenos con contidos lectivos e a arte queda relega, pero con esta experiencia concédeselle protagonismo.
-¿Sería idóneo entón aplicala noutros cursos?
-Por suposto. É importante darlle aos nenos a oportunidade de que se expresen, axudalos a que sexan máis creativos. Penso que, neste sentido, perdemos moito con respecto á educación do pasado.
-¿Que conclusión extrae da experiencia na Pobra?
-A máis importante é que eu alí vin unha escola nova. Comprobei que aquelas aulas se convertían nun campo de experimentación, onde os nenos se expresaban e as mestras extraían conclusións.
-¿Atopouse con algún obstáculo?
-A dificultade veu quizais á hora de decidir ata onde había que darlle liberdade aos nenos e en que medida había que dirixilos.
-¿Houbo sorpresas?
-Moitas. O que máis me sorprendeu foi a espontaneidade dos nenos e a capacidade que teñen de ver todo como algo posible. Eles non teñen prexuízos e dispoñen dunha imaxinación inmensa. Neste proxecto, por exemplo, fixeron pequenas esculturas, unha especies de monstros mariños, e ao redor delas crearon historias impresionantes.
-¿Ten agora algún proxecto no maxín?
-Propuxéronme seguir na Pobra, na mesma experiencia pero cun proxecto diferente, o que ocorre é que polas miñas responsabilidades non podo asumir o reto. Aínda así, quedei tan satisfeita do traballo realizado que non pecho as portas definitivamente. Se o ano que ven teño a oportunidade, é posible que me implique de novo.

1 comentarios:
sigue así que ti vales moito un bico
Publicar un comentario