15 diciembre 2010

Buño e O Son acurtan distancias


:lvg: | 15/12/2010
Unha exposición aberta no Centro de Interpretación do Castro de Baroña permite ver unha selección das pezas máis representativas da olería

O Concello de Porto do Son está a facer unha aposta importante por amosarlle aos veciños a artesanía galega nas súas diferentes modalidades. Hai uns días pechouse na casa de cultura de Portosín unha mostra sobre a cestería de Lugo e na noite do luns abriuse, esta vez no Centro de Interpretación do Castro de Baroña, unha exposición integrada por pezas representativas da olería de Buño.

Trátase dunha colección formada por uns trinta conxuntos artísticos, que pertencen ao ecomuseo Forno do Forte de Buño. De feito, o director desta entidade, Francisco Doval, achegouse á sala sonense para, acompañado do alcalde, Xoán Pastor Rodríguez, e da concelleira Ánxela Franco, inaugurar a mostra.

Da diversidade de traballos que poden verse no centro destacan unha ducia de pezas históricas, algunhas delas feitas no século XVII. Son, sobre todo, utensilios empregados na cociña, como cuncas, xerras, pucheiros, tarteiras, chocolateiras e viradeiras (unha especie de tapa). Todos eles foron recollidos polas casas de Buño e polos arredores.

Outro conxunto importante é o formado por unha vintena de pezas tradicionais, entre as que destacan, un caneco, varios pucheiros, unha fonte, unha pota e oito tilos. Son utensilios que os oleiros empregaron entre os séculos XVII e XVIII.

A maiores, a exposición que pode verse no Centro de Interpretación do Castro de Baroña complétase con obras actuais, feitas en media ducia de obradoiros de Buño: Aparicio Arión, Xosé Añón Lista, Cambón, Dolores Faya, Feituras e Muxicas.

Pasado e presente

Francisco Doval explicou que o obxectivo do Forno do Forte é conservar e dar a coñecer a herdanza do pasado, ao tempo que se divulga a obra actual. O director do ecomuseo sinalou que entre estas dúas partes que compoñen a exposición hai un importante nexo en común: o xeito de moldear o barro de forma artesanal, un proceso que perdura desde hai séculos.

Os novos oleiros seleccionaron para esta mostra desde utensilios domésticos ata complementos decorativos, pasando incluso por aplicacións arquitectónicas. Todo co fin de amosarlle, neste caso aos veciños de Porto do Son, a beleza e a riqueza etnográfica que está espallada por cada rueiro da vila de Buño.

Aínda que o obxectivo principal desta exposición é amosar o traballo dos oleiros que manteñen a histórica tradición nesta vila da Costa da Morte, os veciños que o desexen poderán xestionar a adquisición daquelas pezas que pertencen á colección actual, falando co persoal da sala.

A colección permanecerá a disposición do público nas instalacións de Porto do Son ata o 13 de xaneiro. Poderá visitarse de 10.30 a 14.00 e entre as 18.30 e as 21.00 horas, de martes a venres. Os fins de semana abre pola tarde.
Es sabido que el señor Quintáns ya no se presentará como candidato por su partido, pero eso no quita que mientras sea concejal de cultura, no tenga que asumir su papel. Que esta exposición sea inaugurada por el señor alcalde y la señora teniente de alcalde, ¿quiere decir que ya es una simple "marioneta" en el gobierno? Y tiempo si parece tener, porque como se puede ver en otra noticia, acudió como coordinador comarcal del partido a la cena del PSOE en Ribeira. Pues así como cumple su papel con el partido, lo tiene que cumplir con sus vecinos, puesto para el que se presentó voluntariamente.

0 comentarios: