:lvg: | 18/12/2010
Outra obra que fala dos elementos de adornos altomediévicos quedou segunda
O salón de plenos carnotán converteuse onte no escenario do fallo do premio de Historia Medieval de Galicia, que cada ano convocan a editorial Toxosoutos e os concellos de Carnota, Muros, Outes, Lousame, Noia e Porto do Son. Nesta ocasión, o galardón, que cumpre a súa décima edición, recaeu nunha obra sobre a evolución da servidume, escrita por Marcos Fernández Ferreiro. En segundo posto quedou un traballo da autora Andreia Catarina Magalhaes Arezes sobre os elementos de adorno altomediévicos. O premio entregarase no mes de marzo do próximo ano.
A obra que se impuxo, tal e como fixo saber un dos responsables de Toxosoutos, David González Couso, analiza distinta documentación para retratar os elementos que caracterizaban aos grupos de campesiños chamados servos. E como foi evolucionando a servidume ata converterse en algo residual.
O alcalde de Carnota, que interveu no acto -no que estiveron presentes tamén os rexedores de Muros, Lousame e Outes- sinalou que o seu desexo é que certames como estes «perduren no tempo».
No salón de plenos carnotán tamén estiveron presentes algúns membros do xurado. O presidente foi Carlos Barros e como vocais actuaron Xerardo Agrafoxo, Clodio González, Pedro García Vidal e Henrique Monteagudo. Fixo as labores de secretario, sen voto, David González. O acto de onte serviu tamén para convocar a próxima edición do certame de historia, cuxo fallo se dará a coñecer o 17 de decembro do 2011.

0 comentarios:
Publicar un comentario