09 diciembre 2010

Campaña solidaría


:lvg: | 9/12/2010

As flores da solidariedade

Mans Unidas leva doce anos vendendo plantas de Pascua no Nadal para sufragar obras humanitarias


Un ano máis, coincidindo coa ponte da Constitución e co Nadal chamando á porta, Mans Unidas de Ribeira saíu á rúa para apelar á solidariedade dos veciños. Son xa doce os anos que este colectivo presidido por Ramona Pérez, coñecida por todos como A Chata , leva vendendo flores de Pascua co propósito de recadar fondos que se destinan á realización de obras de carácter humanitario en países do Terceiro Mundo.

Nesta ocasión, as voluntarias de Mans Unidas venderon cincocentas plantas de Pascua. Onte foi o último día no que as integrantes da entidade instalaron o seu posto. Fixérono no adro da igrexa de Santa Uxía. Sen embargo, quen desexe facerse coa fermosa flor e, ao mesmo tempo, colaborar na axuda aos máis desfavorecidos, aínda pode facelo.

As integrantes de Mans Unidas que onte saíron vender á rúa indicaron que farán un novo pedido de plantas para este sábado. Non instalarán a súa tradicional mesa na rúa, pero os interesados poden poñerse en contacto co párroco, Cesáreo Canaval, ou deixar o encargo no estanco da rúa peonil.

Haití

Nesta ocasión, os cartos que se recaden destinaranse a Haití. As integrantes do colectivo humanitario indicaban onte que as necesidades deste país son agora maiores porque a xente aínda vive en campos de refuxiados e, por riba, a epidemia de cólera está causando un gran problema. As voluntarias consideran que as dificultades desta poboación pasaron a un segundo plano e pensan que hai que facer algo.

A intención de Mans Unidas é contribuír para que poida facerse algún centro educativo no país.

Moitos son os proxectos nos que ten participado Mans Unidas grazas á solidariedade dos veciños. De feito, as súas integrantes recoñecen que existe unha colaboración moi fiel por parte da xente. Brasil, Nicaragua ou Paquistán son algúns dos lugares aos que viaxaron os cartos recadados pola organización en Ribeira.

A venda de flores de Pascua non é a única actividade que desenvolven. Deste xeito, o segundo venres de febreiro, a colecta que se deixa na igrexa é integramente para a entidade benéfica.

Na venda de flores, Mans Unidas tamén conta con axudantes. Nesta ocasión puideron adquirirse en Aguiño, no colexio A Milagrosa de Oleiros e tamén en San Isidro.

:ecg: | 9/12/2010

Cáritas de Noia pide la colaboración vecinal para las familias pobres

En un año se triplicó el número de demandas de ayuda, que pasó de 50 a 150


Cáritas Parroquial Noia vuelve a solicitar la colaboración ciudadana para reforzar la ayuda a las familias más desfavorecidas de la localidad. En esta ocasión, la organización humanitaria solicita a los vecinos sus aportaciones económicas para destinarlas a gastos puntuales como medicamentos, recibos de luz, agua, basura o desplazamientos a médicos.

La ONG señala que el número de familias atendidas se triplicó en estas fechas en relación al mismo período del año anterior, pasando de 50 a 150 los núcleos familiares demandantes de ayuda. La mayor parte de estas personas se encuentran en paro, tienen pensiones muy bajas o ayudas mínimas, apunta Cáritas en una carta que repartió por la localidad.

Asimismo, la entidad benéfica justifica su demanda de donativos porque no sólo trata de ayudar con alimentos y ropa cada mes, sino también a hacer frente otros gastos puntuales domésticos que se producen en los hogares de estas familias desfavorecidas.

Los interesados en ofrecer sus aportaciones económicas pueden hacerlo a través de la cuenta de Nova Caixa Galicia de Noia número 2080/0498/ 35/0040104046.

0 comentarios: