19 octubre 2013

Xornadas Cogomelos e Castañas


Este fin de semana, sábado 19 e domingo 20 terán lugar as Xornadas de Cogomelos e castañas co obxectivo de enxalzar estes produtos típicos do outono. As tapas que serán gratuítas, serviranse en horario de 12:30 a 15:00, e de 19:00 a 22:30 horas.

Os locais e tapas participantes son:

- Café Bar O Axexo: empanada de setas, croquetas de castaña (polas noites) e carne guisada con castañas.

- A Cantina da Lúa: sabores de outono en cazoliña, montadiño de cogomelos.

- Restaurante O Rison: champiñón recheo con queixo afumado.

- Gastrobar Cabeiro: hamburguesa de macrolepiota e gambas.

- Marisquería - Parrillada Jape: arroz de cogomelos.

Desde aquí gustaríame animar á xente, tanto os veciños de Porto do Son coma os visitantes que se acheguen durante o fin de semana ao concello, a degustar esta deliciosas tapas, xunto cun bo viño. Que salgan a comprobar o virtuosismo destes manxares, e tamén aprender a como darlle outro enfoque a estes produtos. E sobre todo, que traian o padal disposto a desfrutar!!.

0 comentarios: