:logo-ecg: | Terras de Santiago
Os cidadáns de Corcubión son os que máis quilos reciclan ao ano, 42 por veciño // Carballo é o que máis aporta con preto de medio millar de toneladas
Dende 1998, coa entrada en vigor da europea Ley de Envases y Residuos de Envases, a reciclaxe de vidro convertiuse nunha obriga para as administracións locais. Foi así como este acto se viu incrementado nun 160% en dez anos. Na actualidade, o 99% dos envases deste tipo distribuídos en España xa cumpren coa lexislación.
Os beneficios da reciclaxe de vidro son moitos e moi importantes. Pódese reciclar cantas veces se queira, xa que é un envase cun ciclo infinito de reciclado; tamén se pode reciclar o 100% do envase, non se perdendo ningunha das súas calidades no proceso. Coa reciclaxe, redúcense as toneladas de lixo que van aos vertedeiros comúns, concretamente por cada 3.000 botellas recicladas estes vertidos descenden en 1.000 quilos. Ademais, a contaminación do aire disminúe nun 20%, pois o fundimento de vidro reciclado consume menos combustible que se se empregasen materias primas. Finalmente, tamén é destacable o aforro que se logra de materias primas (area, sosa e caliza), alcanzando unha tonelada apetuñada por cada 3.000 botellas recicladas.
En España, a encargada de xestionar o reciclado dos residios dos envases de vidro é Ecovidro. Trátase dunha asociación sen ánimo de lucro que tamén realiza campañas de sensibilización cidadá e promove a prevención mediante a estimulación da reducción do volumen dos residuos xerados.

0 comentarios:
Publicar un comentario