11 mayo 2012

Plan de axuste innecesario.

Porto do Son, 11 de maio 2012.- Diante do pleno extraordinario da corporación que se vai a celebrar o vindeiro luns, cun único punto na orde do día que é a concertación dunha operación de crédito a longo prazo para o financiamento das obrigas de pagamento a provedores, chamado Plan de Axuste, o BNG do Son manifesta:

Este préstamo era innecesario solicitalo posto que, coa política económica que practicamos no ano e medio que estivemos no goberno, a situación económica e os pagamentos a provedores de anos anteriores estaban encamiñados para saldar, na súa totalidade, as débedas que herdamos dos anteriores gobernos municipais.

Cando o BNG chegou ao Goberno municipal a débeda deste concello con provedores ascendía a 1.745.531,29 euros e o remanente de tesourería correspondente á liquidación da conta do ano 2009 era de pouco máis de 600.000 euros, polo que o defase real das contas do PP era de máis de -1.100.000 euros.

Cando saímos do goberno a débeda con provedores ascendía a 888.992,27 euros e deixamos un remanente de tesourería correspondente á liquidación da conta do ano 2010 de 876.845,44 euros cos que saldariamos o total da débeda herdada. O desfase real das contas do goberno participado polo BNG foi de -12.000 euros, o que amosa ben ás claras a diferenza da nosa xestión económica coa do goberno do PP.

O actual goberno municipal rexeitou unha moción presentada polo BNG coa que solicitabamos que o remanente que deixamos se destinara na súa totalidade a saldar toda a débeda. Diante desta proposta o goberno do PP prefireu gastar os cartos do remanente que deixamos e agora ten que acudir a un crédito para facer o que nós lle propuxemos no seu día e que, de aceptala, non suporía ningún custo adicional para os nosos veciños e veciñas.

Neste momento o goberno vai solicitar un crédito de case 600.000 euros, a dez anos e cuns intereses que estimamos arredor do 6-7%, que suporán que teremos que devolverlle ao banco unha cantidade moi importante en intereses, preto dos 300.000 euros. Todo isto cando a banca española acaba de recibir máis de 100.000 millóns de euros de liquidez do BCE ao 1%, e eles poderán prestar aos concellos a máis dun 6%. Esta diferenza no custo do financiamento será pagada a escote polos nosos veciños e veciñas porque o concello fai un plan de axuste no que se contempla que esta operación de crédito vaise financiar, únicamente, coa suba de impostos (IBI urbana e rústica, auga, lixo ...) e coa creación de novos (movida urbana...).

Só cos intereses dun crédito innecesario, o goberno do PP, podería realizar moitas obras necesarias e non tería porque crear novas taxas e subirlle os impostos aos nosos veciños e veciñas. Por todo isto o BNG está en contra desta proposta do goberno municipal.

Cando o BNG chegou ao Goberno municipal a débeda deste concello con provedores ascendía a 1.745.531,29 euros e o remanente de tesourería correspondente á liquidación da conta do ano 2009 era de pouco máis de 600.000 euros, polo que o defase real das contas do PP era de máis de -1.100.000 euros.

Una de dos, o ahora o antes no están contando toda la verdad. Con Quintáns en el poder lo acusaban de tener endeudado el ayuntamiento hasta las orejas y ahora, si leemos bien, vienen a decir que toda la deuda que había cuando llegaron al gobierno fue ocasionada por el PP de Manuel Tomé. Algo no cuadra.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Algúns están tan acostumados a terxiversala verdade e enganando á xente, que chega un intre no que se creen ata as súas propias mentiras.
Se a moción de censura, segundo Ánxela e o seu equipo, se fraguou porque Manolo non facía nada e tiña o concello paralizado, como é posible que agora da noite á mañá o acusen de ser o maior "pufento do reino". Só lles falta acusalo doutra cousa, porque se non fixo nada e quedou ese furado, onde foron a parar eses cartos.
Se esa acusación a fixese o PSOE aínda tería un pase, non van tirar pedras sobre o seu tellado, porque aí están os panfletos do Nordés nos que o Bloque os acusaba de xerar a maior débeda do concello, pero que agora esta calumnia parta dos mesmo que antes dicían unha cousa e agora outra, quizais por intereses, á vista dos malos augurios que comeza a ter o seu partido, dá moito que pensar.

Anónimo dijo...

En decembro de 2010 o BNG e o PSOE piden un crédito de 2,2 millones de euros ao BBVA, cos votos en contra do PP, e dos que 450.000 euros foron para construíla casa de cultura de Xuño. Non houbo subvencións da Xunta de Galicia, en más do PP, nin da Deputación en mans do PSOE e BNG, por non dicir goberno amigo.

Agora pídese bastante menos, 600.000 euros, a dez anos e cuns intereses que estimamos arredor do 6-7%, e como era previsible, os que onte estaban a favor hoxe en contra e viceversa. Mágoa que na transparencia que amosa agora o BNG, no fixese antes e puidesemos saber a como estamos pagando eses millóns. Así está país.

Anónimo dijo...

El PP del Son no levanta cabeza en la vida. Con la clase de candidatos que tuvo y que ahora tiene, más de lo mismo. Gente que solo está ahi por su interés, como este Luis Oujo, que viene a sacar tajada para su empresa ( le dan obras en ayuntamientos de alcaldes por todos conocidos y del mismo PP). El pueblo es lo que menos le importa, solamente cobrar su buen sueldo y hacer sus "negocios".
No es de extrañar la clase de gente con la que se rodea, de la misma clase que el!!

Anónimo dijo...

Sr. Administrador as súas conclusions son claramente partidistas, pois mire vostede, o Sr. Quintáns deixou un pufo enorme no concello dende o ano 2004, pero o que si hai que dicir é que o Sr. Tomé en dous anos e medio deixou un pufo de mais de 800.000 €, eso sí tamén hai que dicilo todo, con un remanente de 600.000 €. Estes datos son reais e a partires de aí que cada quen saque as súas conclusións.

Fonforrón dijo...

¿Conclusiones partidistas? Acusar a alguien de dejar una deuda de -1.100.000 euros, y ahora querer matizarlo, como que no. Dando por buenos sus datos: Pufo -800.000 €, remanente +600.000 €, nos salen -200.000 €. La diferencia es substancial, por no decir abismal.

Con esto tenemos que entender que los -900.000 €, fueron herencia del PSOE, curiosidad que no se refleja en la nota, echándosela exclusivamente al PP. De ahí nuestra matización, que no conclusión. Para nosotros la conclusión partidista esta en la nota.

No obstante gracias por su aportación y como bien dice, ahora con todas las cartas en la mesa, cada uno que saque sus conclusiones.

Anónimo dijo...

Sr.Administrador,a la vista de los datos que maneja al respecto de la situación económica que determinados partidos políticos intentan reflejar,debo indicarle que se obvian una serie de los mismos, quiero pensar que por intereses puramente de estrategia política.Primero,decirle que los remantes de tesorería de cierre de ejercicio,empezaron a tener saldos positivos a partir de 2007 especialmente con la contención de gasto e incapacidad de inversión del último semetre de 2007 ya que, tras las elecciones,la gran mayoría de las partidas estaban agotadas.Segundo, al cierre de ejercicio de 2008, se saldó con un balance en torno a los 400000€, lo que una parte fue destinada para pago a proveedores del ejercicio vigente y el restante para inversión.
Tercero,con la Moción de Censura(17 Nov.2009),debemos indicar que,efectivamente,eses ejercicio se saldó con un superávit de remanete de tesorería en torno a 600000€ que el Bipartito(PSOE-BNG)destinó integramente a Inversión y no destinó ni UN EURO para el pago a proveedores del ejercico 2009,con lo que dicha deuda de ejercicio vigente quedó pendiente de pago.Por ultimo,indicarle que en los fondos en depósito en las distintas entidades bancarias con que el ente municipal opera,en su arqueo dejamos 3Millones de Euros(indicar que teníamos 1,8M€ en deuda creditícia).
Que se intente justificar y cargar "el muerto" de la deuda del Concello,cuando tuvieron la santa jeta de solicitar un crédito por valor de 2,3M€ PSOE-BNG dejando incapacitado al ente local para realizar otra operación de préstamo y, los nada desdeñables intereses que se están pagando por el mismo,es suficiente para que se callen la boca y ni tan siquiera opinen."Hay que mirar la paja en el propio ojo antes de mirar en el ajeno".Todos los datos se pueden contrastar y por tanto,salvo error u omisión,están reflejados en las cuentas del propio ente local.
Manuel Tomé Piñeiro

Anónimo dijo...

Vaia, con isto seguro que non contaba o BNG cando tomou a decisión de enviar o comunicado a este blog. Seguro que non contaba cunha resposta de Manuel Tomé que puxera a realidade sobre a mesa e deixara ó descuberto as suas manipulacións cando falan de débedas e remanentes de tesourería. En resumo, BNG-PSOE en ano e medio de goberno tiveron á súa disposicíón 600.000 Euros de remanente, máis 2,3m€ dun préstamo máis a aportación do Estado polo famoso e despilfarrador plan E (descoñezo a cantidade exacta, creo que estivo arredor do 1M€). En ano e medio. E aínda presumen.

Anónimo dijo...

Hay que enviarlle unha copia do PXOM a Fiscalía Anticorrupción.A cousa none para menos.
¿Con que criterio se elaborou?
Hay algúns favoritismos descarados, de escándalo.