29 mayo 2012

O Son contestará en dos meses las 650 alegaciones al PXOM


:logo-ecg: | Comarcas

El 90 por ciento de las reclamaciones solicita la ampliación de los núcleos rurales // El alcalde confía en que la mayor parte de ellas sea tenida en cuenta

Las oficinas municipales de Porto do Son registraron un total de 650 alegaciones de vecinos y afectados por el Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), un documento que estuvo a exposición pública durante dos meses después de ser aprobado inicialmente por el pleno. El regidor sonense, Luis Oujo Pouso, reconoció ayer que el equipo de gobierno confía en que la mayor parte de estas reclamaciones puedan ser tenidas en cuenta.

El alcalde aseguró que todas las alegaciones serán contestadas de forma individual por el departamento de Urbanismo del Ayuntamiento. El 90 por ciento de ellas pide la ampliación del núcleo rural para poder construir viviendas unifamiliares.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Bos días. en canto tiven noticia desta reseña na prensa escrita, tiven a necesidade de coñecer qué comentarios suscitou. Zecais polo pouco tempo transcorrido son o primeiro en deixar as miñas impresións.

1-.650 alegacións son un número ben significativo (e redondo) se temos en conta a poboación do Concello. O que ven por de menifesto o interese que suscitou entre os veciños así coma o grado de afeccións e perxuicios creado polo planeamento proposto.

2. É de suliñar a predisposición para o traballo e a dilixencia dos servicios técnico do Concello ó querer fixar a data tope de resolución en dous meses. O que nos da unha media de 14,7 alegacións a estudiar cada día de traballo (22 días laborables ó mes x dous meses= 44 días/650 alegacións). Eso sí, se algunha das alegacións contén moitas consideracións técnicas, fundamentos xurídicos ou documentación complementaria, van ter que: ben incrementar a xornada laboral, ben omitir a maior parte do contido das alegacións, ben miralas de esguello.

3.Que unha porcentaxe tan elevada das alegacións presentadas se refira os núcleos rurales, a ampliación dos mesmos e maila sua área de influencia é consecuente co tipo de asentamento máis espallado no Concello, polo que delimitación dos núcleos é unha das custións máis relevantes do planeamento proposto.
4.Neste eido, estrei atento as xustificacións que van dar os técnicos para a inclusiós/exclusión de segundo qué parcelas dentro dos núcleos existentes.
5.O que non se pode aceptar é a inclusión prioritaria das parcelas nas que se construiu sen licencia e vulnerando a normativa urbanística en detrimento das parcelas colindantes nas que non se fixeron ises usos.
6.Como lin onte nun dos comentarios, se o que queren é arranxar a desfeita herdada, que fagan inventario e poñan nan man da fiscalía e mais da axencia da protección da legalidade urbanística das obras ilegais e esixan os responsables que asuman o importe das indemnización as que houbese lugar.

Anónimo dijo...

Anónimo das 10:19, agradezo a súa valoración obxetiva/subxetiva das alegacións recollidas no periodo legalmente establecido pola lexislación autonómica de planeamento urbanístico.Debo discrepar o respecto da significancia e grao de implicación dos veciños/as do Concello no trámite finalizado do periodo de exposición pública e as alegacións correspondentes.No día de onte, tiven a oportunidade de falar persoalmente con un técnico de Consultora Galega,empresa que,como vostede sabe,é a actual realizadora de dito planeamento.
Durante a conversa,sacamos a valoración ó volume das 650 alegacións(lembrar que o actual rexedor esperaba entorno a 200,o que nos indica ás claras que non sabe nin por onde anda).Dende o bigoverno municipal sempre se indicou que era fundamental a participación cidadá para ter éxito dita tramitación.
Coma ben indicou o técnico,persoa moi bregado en planemento,afirmou que eran un volumen moi baixo en canto en tanto atendendo a datos de poboación,superficie,...o que sacamos en conclusión o alto grao de DESINFORMACIÓN E DESCOÑECEMENTO por parte dos veciños da importancia de implicarse e participar na elaboración do PXOM.
Segundo o técnico, atendendo ó perfil do Concello de Porto do Son, o volume de alegacións non debería ser inferior a !!!1000 ALEGACIÓNS!!! en comparanza con outros concellos de iguais características para que se cumprise a premisa que dende o PP-AVS se anunciou.
De igual maneira,sorpréndeme moito a celeridade que se intenta poñer na resolución das mesmas,cando levaba case dúas décadas para conquerilo.¿Qué intereses ocultos haberá para forzar a máquina das resolucións?¿Ou será que a determinados persoaxes queiran que non se lle vexa o plumeiro dos seus favoritismos?..
O fío do seu comentario, debo estar totalmente de acordo co punto de vista ó respeto da legalización express que se intenta levar a cabo.Persoalmente paréceme unha inxustiza que os veciños que legalmente fixeron todo o establecido na lexislación urbanística para conquerir unha licenza, vexan coma outros/as que sen ningún tipo de licenza,vexa legalizado o que por lei non lles correspondería.

Anónimo dijo...

Estimado anónimo das 11:09, duas puntualizacións obxectivas ó seu comentario(por certo, cheo de valoracións subxectivas):

1.- A referencia as 200 alegacións que fixo o actual rexedor fai un mes aproximadamente, para dicir cantas foran presentadas naquel momento, non que se esperaban 200 en total. Un mes da para presentar moitas alegacións, eu mesmo presentei unha o último día.

2.- En canto o grao de desinformación dos veciños do plan, lembrarlle que na maioría dos Concellos o trámite de exposición pública resólvese coa publicación exclusiva no propio concello. En Porto do Son, ademáis de cumplir con ese trámite, o plan foi exposto na páxina web e presentado e explicado en todas as parroquias polo goberno e técnicos municipais. Tamén o PSOE fixo nas parroquias algunha reunión explicativa do mesmo. ¿Qué intereses ocultos haberá para dar tanta información?

Anónimo dijo...

Para escomenzar, quixera deixar claro que a miña postura é moi semellante a do anónimo/a das 10:19. Houbo un bo número de alegacións. Puideron ser máis, deberían ser máis, pero 650 non é unha cifra menor. Non tiven a oportunidade de escoitar o análise do membro do equipo de Consultora Galega ó que fai referencia o Anónimo das 11:09, e descoñecía as previsións dos membros da Corporación Municipal. Se consideramos que para un censo de 30.000 habitantes, a media do nº de alegacións presentadas a Plans Xerais tramitados na Comunidade Galega nos últimos 10 anos nun superou as 1.300 alegacións, nos sei onde fundamentaron esas estimacións. No tocante os técnicos redactores, presupoñémoslles unha cualificación suficiente para afrontar a elaboración do PXOM, polo tanto teñen que estar "moi bregados". Súmome en todo a dito nos comentarios que me preceden na repulsa das "legalizacións express", precisando que non estamos ante unha legalización no extricto sentido da palabra, senon ante a recalificación das fincas onde se fixeron construccións que se atopan fora de ordenación segundo a lexislación vixente. Refírome os que fixeron alpendres e vivendas fora dos núcleos sen o mínimo control das Administracións.
Coma sostén o comentario das 11:09, no trámite de aprobación inicial houbo moita desinformación. Pero o silencio e opacidade do contido do plan non xurdiu o día que tomou posesión o actual goberno, senon que segue a tónica do anterior equipo de goberno municipal do bipartito.
Consultora Galega leva máis dun lustro elaborando o plan proposto. Polo concello do Son pasaron diferentes alcaldes de diferentes cores: Quintáns, Tomé, Pastor/Ánxela, e actualmente Oujo. O mérito de Oujo é mostrar ó público o que levaba tempo no caixón das dependencias municipais. O demérito de Oujo é manter o proxecto nos mesmos termos propostos polos antecesores. A responsabilidade do equipo redactor é elaborar un plan seguindo directrices políticas e non as urbanísticas.
Non se pode facer un plan pensando en meter dentro de ordenación todo o que se atopa fóra.
A celeridade tamén me sorprendeu. O que procede é estudar as alegacións en profundidade e aportar solucións os problemas planteados no PXOM. LEVAMOS ANOS SEN UN PLANEAMENTO COMA NOS MERECEMOS, podemos esperar uns meses máis, pero o que propoñades dende a alcaldía espero que sexa pensando no ben de todas.