08 julio 2011

Xornada Mar e Monte de Muro 11


O éxito do evento organizado pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Pedro de Muro no 2010, denominado “Xornada Verde Muro 10”, que tivo como fin último render unha homenaxe á biodiversidade local, con actividades que fusionaron deporte, natureza e tradición, fixo que nos animaramos un ano máis a organizar unha Xornada semellante, denominada esta vez como “Xornada Mar e Monte 2011”. Dita xornada terá lugar ao longo do día 9 de Xullo de 2011, e o seu centro de actuación serán as proximidades da capela de San Benito de Seráns.

Entre outras actividades destacan:
1.- Andaina (9:30 horas, entrega de dorsais)
.
2.- Trail (10:30 horas, entrega de dorsais)
.
3.- Xogos populares (a partir das 16:00 horas)
Os do ano pasado e máis… (bolos, petanca, zancos, sacos, aros, tartarugas, baralla, trompos, chave, …) e outras sorpresas que non imos desvelar.
.
Máis info:

Para calquera outra información contacta a través do correo-e da comunidade de montes: cmsampedro@yahoo.es
Buen preludio para la romería que el lunes día 11, se celebra en honor a San Benito.

0 comentarios: