:logo-lvg: | Barbanza
Vai facer xa medio século que Manolo Blanco se dedica a captar os momentos máis relevantes da sociedade galega. O, durante moitos anos, xornalista gráfico comprometido coas preocupacións e sentimentos que agroman no seo da sociedade, ofrece a súa nova exposición en Porto do Son. Nela segue a manter as bases que lle foron un piar de guía durante toda a súa traxectoria.
-Logo de 47 anos dende os seus inicios, ¿que trae de novo esta exposición?
-Ben, pois é unha máis do repertorio, unha máis de tantas que levas. Nesta exposición están representados diversos sitios como pode ser Santiago, Porto do Son... sitios que representan toda esta ría. Ademais, non só aparecen lugares físicos senón persoas como Camilo José Cela ou Castelao, temas do Nazareno ou de Santa Minia. É unha de moitas outras pero variada.
-¿Mantense o seu característico trazo de reflectir o momento social e político?
-Si, por suposto. Séguese mantendo porque é algo que sempre quero conservar. A modo de exemplo está o tema da homenaxe que todos os anos se lle fai a Ramón Sampedro.
-¿Cal diría que é o ?punctum? dentro desta exposición? ¿Cal sería o tema clave a coñecer?
-Pois realmente eu o que quero conseguir é gozar da miña fotografía e facer que a xente acade o mesmo resultado. Esta é a razón de que sempre me decante pola fotografía que se une directamente co tema humano. O Nazareno, a representación da dor da xente, do sufrimento, os votos de Santa Minia... O punctum é o humanismo.
-¿Fai, logo, isto de xeito reivindicativo?
-Non, fágoo simplemente por inspiración co próximo. Quero amosar o que acontece realmente, razón pola que uso o branco e negro. O negro define moito máis as fotos e iso encántame. De feito, a maioría delas son así aínda que tamén as hai a cor.
-Algo que tamén mantén é que non trata temas atemporais, ¿repórtanlle desvantaxes?
-Non, simplemente os temas atemporais non me interesan para nada. Eu tiro máis polo que pasa na actualidade e polos temas máis latentes. Levo centrado dous anos no caso da transición política en Galicia, tratando os temas do Parlamento. Así, vese que podo tocar algún tema retrospectivamente, pero non quero facer temas atemporais.
-Dedicouse moito tempo ao xornalismo gráfico. ¿Que diferenzas hai entre a fotografía para un xornal e a da sala de exposicións?
-Sinceramente, a diferenza non está moi clara, polo menos no que atinxe á miña persoa. Eu dediqueime 45 anos á prensa e iso, para min, é algo que me vai metido dentro. Logo, traballar en xornais durante tantos anos fai que a información sempre se reflicte nas miñas fotografías. Así, fago moita foto informativa, é algo que manteño en primeira liña, é unha regra sempre en vigor para min.
-¿Recórdalle esta exposición a algunha das que xa celebrou no pasado?
-Creo que á que máis se pode semellar á que ofrecín na Fundación Caixa Galicia hai anos. Eran todas fotos de gran tamaño que chegaron a ocupar incluso as tres salas do edificio de Santiago. Das máis recentes, lémbrame á que fixen, o ano pasado, sobre a visita do Papa Juan Pablo II. Tamén eran moitas fotos, duascentas, na igrexa da Universidade de Compostela.
-¿Qué fotografía destacaría de todas as expostas?
-Esa é a eterna pregunta. Eu digo sempre que a mellor fotografía é a que aínda está por facer. Nunca se pode ter a certeza de acadar a foto suprema pero eu, de quedarme con algunha, optaría por dúas que teño nas que se ve a dúas vellas en Santa Minia. Mesmo tamén me quedaría coas da temática do Nazareno.
-Nestes dous últimos meses dou un curso de fotografía para nenos no Son. ¿Está a situación fotográfica actual como para que algún destes logre ter unha exposición como a súa?
- Si, totalmente. Estou convencido diso. Ademais, se non cremos na xuventude, se non cremos en tódolos nenos e nenas, «apaga e vámonos». Mesmo por esta razón, eu só lles ensinei a fotografía en negro porque se non se empeza a dar a foto polos seus inicios non hai futuro. O dixital é algo que está moi ben pero o coñecemento do histórico é fundamental para que, de algún modo, a fotografía sega a existir.

0 comentarios:
Publicar un comentario