22 julio 2012

Ideas para o castro de Baroña

Chegounos este comentario integramente en maiúsculas e xa coñecen a nosa política sobre esta forma de expresarse en Internet. Sen que serva de precedente, vamos facer unha excepción, porque nos parece sumamente interesante o que nel manifesta e pide este anónimo, ao que invitamos, se así o desexa, a poñerlle nomes e apelidos.

Si, xa sabemos o que aconteceu coa pouca xente que asinou os seus comentarios, pero co seu coidamos que ninguén se pode sentir aludido.

Moito falar do Castro de Baroña, pero o que esta claro é que nestes últimos anos os cartos levounos o castro de Neixón, que me parece ben, pero quen lle dera que fora como o do Son. Este é un diamante en bruto.

Se se quere promocionalo a parte de facer escavacións arqueolóxicas, máis publicidade, visitas guiadas, reconstrución das casas, facer mellores camiños, iso si, camiños, non estradas. Facer un miradoiro para os discapacitados con lentes de longo alcance, sempre camuflados no entorno, a ponte que había na entrada reconstruíla e facer xornadas para dar a coñecelo a nivel internacional se cabe.

Consellería de Cultura, Xunta, Goberno Central; a traballar, que xa é hora que o noso castro sexa rendible.

Moitas grazas por o ler, aínda que teña faltas de ortografía (non son estudado), pero ideas témolas todos e todas.

Sé positivo para o meu pobo, aporta as túas ideas. Xuntos podemos facelo.


No día de hoxe deixamos exposto o texto integro, para que se vexa que o único que fixemos foi introducir algunhas correccións

Anónimo
el 21/07/12
MOITO FALAR DO CASTRO DE BAROÑA PERO O QUE ESTA CLARO E QUE NESTES ULTIMOS ANOS OS CARTOS LEVOUNOS O CASTRO DE NEIXON QUE ME PARECE BEN PERO QUEN LLE DERA QUE FORA COMO O DO SON ESTE E UN DIAMANTE EN BRUTO. SE SE QUERE PROMOCIONALO A PARTE DE FACER EXCAVACIONS ARQUEOLOXICAS +PLUBLICIDADE, VISITAS GUIADAS ,RECONSTRUCIONS DAS CASAS ,FACER MELLORES CAMIÑOS ESO SI CAMIÑOS NON CARRETERAS FACER UN MIRADOR PARA OS DISCAPACITADOS CON LENTES DE LONGO ALCANCE SEMPRE CAMUFLADOS NO ENTORNO,A PONTE QUE HABIA NA ENTRADA RECONSTRUILA E FACER XORNADAS PARA DAR A CONOCELO A NIVEL INTERNACIONAL SI CAVE. CONCELLERIA DE CULTURA, XUNTA,GOBERNO CENTRAL;A TRABALLAR QUE XA E HORA QUE O NOSO CASTRO SEXA RENDIBLE. MOITAS GRACIAS POR O LER. A INDA QUE TEÑA FALTAS DE ORTOGRAFIA.( NON SON ESTUDIADO) PERO IDEAS TEMOLAS TODOS E TODAS. SE POSITIVO PARA O MEU POBO APORTA AS TUAS IDEAS XUNTOS PODEMOS FACELO. en Rotonda de Portosín

0 comentarios: