23 julio 2012

Campionatos de Galicia de Fondo - Féminas - Junior - Cadetes

Nova crónica de ciclismo xentileza de José Ángel, a quen agradecemos a confianza depositada en nós para dar conta das proezas deste futuro campión, como é o veciño Anxo Lorenzo Segade.

22/07/2012
18:13:55

Chus Barros (Spol), Tania Villasuso (Cambre), Paula Sanmartín (C.C. Vigués), Jon Ander Tomé (Cambre) e Javier García (Spol), proclamáronse hoxe Campións Galegos nas correspondentes categorías logo das probas disputadas en Santiago baixo a organización do C. C. Muebles Compostela.

As carreiras foron duras sobre un circuíto que presentaba a dificultade do tramo entre Bertamiráns e Roxos que en cada volta ía eliminando corredores.

A carreira de cadetes tiña un percorrido de 51 km. con pasos por Av. Carlos I, Milladoiro, Picaraña, Os Anxeles, Bertamirans, Santiago. 2 voltas e os xuvenís 3.

Jon Ander Tomé aproveitou a dureza do último tramo para lanzar o ataque definitivo que suporía o campionato da categoría para o Cambre.

Os júnior deron un bonito espectáculo con unha loita na que se meteron os mellores ciclistas da temporada e que presentaron as súas credenciais ó Campionato Galego, Alexandre Rodríguez e Daniel López (Cambre), David Seage e Anxo Lorenzo (Club Ciclista Padronés), Angel Díz e Javier García (Spol), Samuel Blanco (Vigués), Samuel Rodríguez e Kevin Gómez (Ponteareas), Roberto Mediero, Adrián Farilñas e Cristian Vidal (Fundación Oscar Pereiro) Antonio Portela (O Rosal). Todos estes ciclistas deron unha lección de pundonor.

O triunfo final de Javier García foi moi traballado por canto o primeiro corte importante colleuno desprevido e tivo que remontar más de minuto e medio para alcanzar a un grupo de sete escapados no que o Spol non tiña representación. Unha vez normalizada a situación e escasos centos de metros para a chegada foise con Anxo Lorenzo a quen se impuxo por forza. Anxo quedou subcampeón galego a 6 seg. do primeiro, na chegada ao sprint.

A entrega de premios estivo presidida polo Sub Director Xeral de Deportes, D. Carlos Gómez, o concelleiro de Deportes do Concello de Santiago, Adrián Varela, o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Manuel Tallón e o presidente do C.C. Muebles Compostela, Nemesio López.

Federación Galega de Ciclismo/Clasificacións.pdf

0 comentarios: