15 mayo 2012

Porto do Son: prometen gardería de 41 prazas para finais do ano que vén na antiga Casa do Mar

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, anunciou hoxe, nunha visita ao concello a posta en marcha desta nova infraestrutura pola que levan agardando no veciño Concello de Noia catro anos
  • Mato só concede garderías a municipios onde goberna o PP nestas bisbarras (Ribeira e A Pobra teñen comprometida cadansúa)
  • A reforma da casa do mar conta cun orzamento de 410.000 euros e o que se pretende é que o centro de 0-3 anos se emprace na planta baixa con acceso independente ao club de xubilados que permanecería no primeiro andar
    A primeira "escola pública para nenos e nenas de 0-3 anos" de Porto do Son porase en marcha antes de que remate 2013, segundo anunciou hoxe a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, no transcurso dunha visita que desenvolveu a este concello. Avanzou que a Xunta ten previsto rehabilitar a Casa do Mar para dotar a esta localidade do seu desta infraestrutura social que contará con 41 prazas públicas distribuídas en tres unidades. Esta reforma ten un orzamento de 410.000 euros.

    En concreto, a titular de Benestar explicou que a actuación prevista, que conta cun informe de viabilidade positivo da Secretaria Xeral Técnica da Consellería, propón que a escola ocupe a planta baixa da Casa do Mar, que se ubica no centro do núcleo urbano. As novas instalacións contarían cun acceso independente, mentres que o club de xubilados permanecería no primeiro andar e disporía dun novo acceso.

    Xa en plena precampaña das autonómicas, e coa polémica xurdida tralas últimas privatizacións de garderías en varios concellos de Galicia, a conselleira destacou que con esta actuación "demóstrase que o Goberno galego segue a apostar pola construción de escolas infantís, xa que son un recurso esencial para a conciliación da vida persoal, familiar e laboral. Trátase dun dos ámbitos sobre os que estamos a incidir para facer fronte ao problema demográfico, tal e como se recolle no Plan para a Dinamización Demográfica de Galicia, que entregamos xa no Parlamento”, apuntou Mato.

    "Formulario de contacto"

    Boa noticia para o Son, pero non deixa de ser repugnante que Mato só conceda garderías a municipios onde goberna o PP

    15/05/2012
    17:52:38
    Luís

    13 comentarios:

    Anónimo dijo...

    Agora só falta que cumpran e que non quede en mera promesa co BNG cando Quintana estaba de vicepresidente da Xunta.

    Anónimo dijo...

    Cumpliar han de cumplir, a min o que me dá medo e non saber a costa de que nos ofrecen esta gardería. O PP que está ahora mesmo na Xunta non che me é moito de fiar e extrañame moito que Beatriz Mato veña expresamente ó Son a anunciar unha gardería.
    Como ben se di, en Noia levan 4 anos esperando por ela, pero si esto é todo o beneficio que vamos levar por ter o mesmo partido no concello e na Xunta, que Feijóo se aforre os paseos e mariscadas que se dá cando ben.

    Anónimo dijo...

    Non vai ser coma o BNG,vender fume.....o artífice do proxecto é AVS, aínda que naide o diga. Ollando o programa electoral, é o único que plantexou a gardería na Casa do Mar.Iste programa de garderías(10)en toda Galicia, é financiado por INDITEX-ZARA no Plan de Dinamización Demográfica de Galicia.O Son conqueriuno grazas á renuncia dun Concello que a tiña asignada....se non.....outro galo cantaría.

    Anónimo dijo...

    Non vaia pasar coma a adxudicación do equipamento e subministro do Museo do Mar que todo o mundo xa sabe a quen presuntamente vai ser o adxudicatario sen todavía saír.Unha empresa de Negreira(R...iñ.s) moi vinculada ó tenente de alcalde.....!!ASÍ SE FUNCIONA!!!.

    Anónimo dijo...

    Ah carallo, despois dirán que a conseguiron a base dunhas duras negociacións...e resulta que a fan de rebote

    Anónimo dijo...

    A sra. Pepita das Monadas, e a ex-tenente alcalde Anxela Franco tiveron
    fai mais de ano e medio unha xuntanza co Sr.Ruiz cando estaba na xunta, pra negociar esa garderia nese mesmo sitio, curiosamente enton a Xunta non dispoñia de cartos pra facela.¿Onde os estan nos presupostos agora?
    ¿Dende cando ese local e de titularidade municipal?

    Anónimo dijo...

    O BNG nunca vendeu fume, o concello non puxo a dispor da Xunta no seu momento o chan pra executar a garderia.

    Anónimo dijo...

    Ja,ja,e onde conqueriu a garderia avs,nun bar da zona vella de Santiago un xoves pola noite de marcha;Non sabia que a conselleira tiña tanta marcha.Pártome.

    Anónimo dijo...

    Este proxecto o levou o partido politico AVS na súa campaña, a ver se e certo e faise a gardería que fai falta. Foi uns dos proxectos que máis me gustou deste partido en Porto do Son.

    Anónimo dijo...

    E verdade que o único partido que propuxo este proxecto foi AVS, como di o anónimo 12:23.

    Anónimo dijo...

    Si, si, o único que o levaba no programa era AVS...pero si a fan é polos chanchullos da Xunta non por AVS. A ver si agora van levar méritos polo que non logran eles

    Anónimo dijo...

    Cuando fue la reunión de Manel y Quiñoy con la conselleira?.que fue en el bar Palmeras de xuño o en el Loreto del Son.Por favor un poco de seriedad.

    Anónimo dijo...

    Calistadas....