28 mayo 2012

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo "Imos facer ben as cousas para non parar o proxecto da piscina municipal"


:logo-ecg: | Comarcas

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, explicou en Radio Obradoiro que esta infraestrutura terá un sobrescuste de 200.000 euros // O rexedor explicou que tentarán buscar vías de financiación e que "falaremos coa Deputación"

O sobrecusto para a construción da piscina municipal de Porto do Son podería implicar que esta infraestrutura tivera que paralizarse, tal e como sinalou en Radio Obradoiro o alcalde da localidade. Luis Oujo explicou que "se encargou un informe no que se detectaron deficiencias. As placas solares non estaban valoradas e non se contemplou o paso dunha liña de alta tensión que obriga a retranquear o edificio". Deficiencias que, segundo dixo, "suporían un incremento de entre 150.000 e 200.000 euros". Oujo sinalou que "imos facer ben as cousas para non ten que parar o proxecto". Segundo dixo, "falaremos coa Deputación, que financia o proxecto" porque non "queremos que isto teña un sobrecusto para os veciños e veciñas de Porto do Son".

O alcalde sinalou que aceptou a invitación do PSOE para reunirse cos técnicos do proxecto se comprometeron a facer a reformado a custe cero, pero engadiu que "dubido que non haxa ese sobrecuste, as modificacións terá que asumilas alguén".

14 comentarios:

Anónimo dijo...

!!!NON ENTENDO NADA!!! Quiñoy quere parar a piscina e usar os cartos para a gardería e o viveiro de empresas.Oujo quere seguir coa piscina..¿DE QUEN SE VAI FIAR UN CANDO NIN O JOVERNO SE PON DE ACUERDO?..

Anónimo dijo...

O titular debería ser "Luis decide seguir adiante ca piscina e gastar 200.000€ en chapuzas"

Anónimo dijo...

Y quien es Quiñoy,es como cualquier otro concejal.si me apuras manda menos y no es nadie para convencer a Luis Oujo

Anónimo dijo...

Pero Porto do Son non quería unha piscina?

Anónimo dijo...

Todos queremos moitas cousas pero hai que ter os pés na terra e non hipotecar o futuro.

Anónimo dijo...

Quiñoy no es como cualquier otro concejal, es el 1º Teniente de Alcalde y socio de gobierno, le suena eso de algo sr. anónimo de las 15:02?, sin el apoyo del sr. Quiñoy la mayoría absoluta del PP se va a paseooo, !!un poquito de humildad!!.Con lo cual es alguien para convencerlo y presionar al sr. Oujo si se tercia.

Anónimo dijo...

El proyecto adolece de un error de base: ¿es necesaria una piscina municipal para cubrir las necesidades de un censo de menos de 10.000 habitantes cuya característica esencial es la dispersión?

Anónimo dijo...

En el cálculo de su coste(superior al millón y medio de euros según publicaciones, ¿se está reservando una partida para la contratación del personal necesario para su funcionamiento y para el mantenimiento de las instalaciones? Socorristas, monitores, personal de limpieza y mantenimiento, tratamiento del agua, bombeo...

Anónimo dijo...

Con respecto a piscina municipal estou de acordo co sñor quiñoy, non e momento de facer piscinas cando o mais importante en momentos coma este , son os asuntos sociais que por desgracia neste concello , fan moita falta porque hay moita xente necesitada. sñor Pastor vostede como socialista devera abanderar o asunto de axudar a xente e deixarse de piscinas pois o que nos sobran neste concello son praias. UNHA SOCIALISTA

Anónimo dijo...

E dalle!
Aljen lle pode disir a este senhor que NON QUEREMOS PISCINA NESTE MOMENTO, Q ainda q a deputacion dea cartos pa fasela e un proxeto q non e viable, q non se pode manter, e o mais importante: SENHOR ESTAMOS EN CRISE!, non e q a xente non poida comprar coches, o q pasa e q a xente non ten para comprar comida,.e usted erre q erre ca piscina d marras.
Menudo xestor temos!

Anónimo dijo...

Lo d quinhoy es de risa. Primero, vota a favor de la piscina en el pleno, y ahora sale todo compungido en la tele pidiendo a la diputacion que no se haga la piscina y q destine el dinero a otrad cosas. Donde esta la seriedad aqui? Este es como mortadelo, un disfraz para cada ocasion!
Asi no s lucha por las cosas, de q nos vale q salga en la tele haciendo teatrillos si luego en los plenos, que es dnd s deciden las cosas, hace todo lo contrario?

Anónimo dijo...

Carta aberta á señora Ánxela Franco é o seu grupo.

Seguramente sexa certo que estando na oposición opuxéronse dende o primeiro momento tanto á ubicación da piscina como ao seu tamaño, pero como acontece con tódolos políticos, e vostedes vese ás claras que non son unha excepción, unha cousa é a película que nos "contan" cando non gobernan e outra, moi distinta, cando teñen o poder nas súas mans.

¿Foi vostede ou non, señora Ánxela, a que como tenente de alcalde e máxima responsable de obras do Concello asinou o contrato do desmonte efectuado na Tarela e posterior construción dos muros de contención? Se foi vostede, ¿a que ven agora a dicirnos que non lle gustaba o sitio? ¿Obrigouna alguén a asinalo contrato? Se foi así, dígao para que a tomemos algo en serio.

NÓS CUMPRIMOS SEMPRE
Despois dun ano do BNG no Goberno, cambiamos moitas cousas no Concello de Porto do Son

A PISCINA MUNICIPAL
Tivo que chegar o BNG ao goberno municipal para que se puidera culminar esta demanda, e para que Porto do Son non sexa o único concello da comarca sen piscina. Para iso investimos preto de 2 millóns de euros.

Escoitarlles agora dicir que a piscina ía custar 1.011.523,70 €, que logo se converteron en 1.500.000 euros tras as modificacións feitas por AVS é de risa, porque cando editaron ese panfleto quen estaba no goberno eran vostedes, non AVS.

Tampouco ten sentido vir agora a dicir que non lles gustaba a ubicación, e que vostedes propoñían que fose a carón do Colexio de Santa Irene para que os rapaces non tivesen que collelo autobús. Xa digo, estaría ben a proposta se fosen outros os que a levaron á Tarela, pero por que decidir facela en Santa Irene e non en Portosín ou en Xuño, ¿acaso eses rapaces non terán que coller tamén o autobús?

Con respecto ao de que fose de auga salga ou doce iso paréceme máis unha "pataleta" que outra cousa, tendo case á mesma distancia a toma de auga doce, coma o mar.

Descoñezo se algún de vostedes estivo en Allariz, recoméndolle encarecidamente a súa visita se así non foi, poden aproveitar a festa dos bois estes días e así tamén poden visitalo complexo deportivo de Vilanova onde teñen as piscinas municipais, proxecto que Tomé quería copiar para Porto do Son pero que vostedes rechazaron por consideralo moi caro. Se Allariz coa metade de poboación que Porto do Son puido construír todo ese complexo e o que é máis importante, mantelo, ¿por que non seríamos capaces nós? Agardemos que non fose porque a idea non foi súa.

Aos que propoñen agora a súa paralización, lembrarlles que enriba do que se leva gastado, habería que engadirlle a indemnización á empresa construtora por incumprimento de contrato, máis contando que ao mellor os cartos destinados para ela, non poidan destinarse a outras cousas.

Atentamente: un votante ao que non pillan noutra.

Anónimo dijo...

Eu non lle vexo explicación a que Luis queira seguir adiante coa piscina cando ten a todo o mundo en contra. Ninguen no pueblo está dacordo con que se faga, pero el non oe nin escoita. Mellor dito, non quere oir nin escoitar!!

Non quero pensar mal, pero semella como se tivese algun interes personal nesa obra.

Anónimo dijo...

Que doado é falar cando non se teñen que tomar decisións.
Se agora Luís para a obra, a oposición vaino a machacar, e se segue tamén. Eu dende logo o que non entendo a que xoga o Bloque dando unha rolda de prensa, cando foron eles os que montaron o "chiringuito".
Que todo o mundo está en contra? Agora? E logo por que non antes de meter aí o primeiro euro?