Quien haya visitado ayer la web oficial de Porto do Son habría comprobado que estaba cerrada por mantenimiento. Ya vuelve a estar operativa y se notan muchos cambios, algunos incluso apuntados hace tiempo desde esta página de como debería hacerse mucho más accesible toda la información.
Así, entre otras cosas podemos comprobar que ya está "colgado" el Plan Xeral de Ordenación Municipal de Porto do Son y al contrario de los problemas técnicos que tiene la web de AVS, aquí si que pueden visitarlo virtualmente y descargarlo.
También ya está a disposición de todos la programación de la Semana Santa 2012, que compartimos arriba.
24 comentarios:
Despois dunha tempada sen entrar en no blog, hoxe a primeira hora léoo e quédome alucinado... "AVS colga na súa páxina o PXOM"...., e todos en fila a gabalo coma se fixese algo extraordinario, pero imos ver, pregúntome eu, a páxina do concello é do PP ou é do concello?, é dicir quen xestiona esta páxina?... supoño que o equipo de goberno, é dicir PP e AVS. Porque criticamos entón ao PP por unha páxina obsoleta e non a AVS?, creo que estamos moi equivocados neste camiño. Non sei o que pretende AVS colgando o PXOM na súa páxina antes que na do concello, a conclusión que eu saco é que un traballo moi eficiente na súa web, pero un traballo pésimo na casa consistorial, ou será que ten razón o anónimo que di que se equivocaron ao escoller os que serían edís, xa que o que traballa queda fóra e os dous que se rascan a barriga son os que entraron. De todos os xeitos, estamos a felicitar a AVS por colgar o PXOM pero a día de hoxe creo que ninguén se puido descargar nin visualizar o mesmo nin sequera colgando un enlace directo á páxina do concello, polo tanto o que nos venden so é unha idea, mentres tanto na do concello pódese descargar con suma facilidade, polo tanto teremos que felicitar ao PP polo traballo realizado, xa que AVS non ten nada que ver nisto.
Sr. administrador, non sei o que quere dicir vostede con que ..."se notan muchos cambios, algunos incluso apuntados hace tiempo desde esta página de como debería hacerse mucho más accesible toda la información"..., baixese da moto ande, ou acaso cre que entre os catro pelagatos que lemos este blog se encontra persoal do equipo de goberno, asegúrolle que non, ademais que vostede se queira converter en asesor... vamos home, xestione a súa que xa bastante ten. (ok cascabel)
Un poco más de respecto a los que mantenemos el blog y lo visitan. Ni esa gente, ni nosotros, le hemos faltado a usted al respecto.
Sabemos perfectamente que los que actualizaron la página oficial de Porto do Son non lo hicieron por lo que apuntamos en su día aquí, pero si se hizo tal y como apuntamos, aunque sigue sin ser demasiado dinámica. Si revisa nuestra entrada donde apuntábamos por donde debería ir, entendería un poco mejor lo que quisimos decir, pero claro, si se dedica a pelargatos, no tiene tiempo.
También estamos seguros que su mantenimiento no lo hacen nin los empleados del Ayuntamiento ni los políticos.
Totalmente dacordo co anónimo das 11.56. Desde o meu punto de vista o que está a pasar é o seguinte: O goberno está composto por dous partidos, o PP e AVS. Segundo o que vexo a xente do PP é a que se dedica a traballar, é dicir, o que fai as cousas, o que resolve asuntos, o que se reune con outros que mandan máis para pedir, os que estudan proxectos, etc etc, e despois están os de AVS, uqe son os que venden favores, os que abren páxinas web, os que están apotroados nos sillóns, porque para vender fume son os melloriños.
Eu non vexo tal transparencia nas actuacións de AVS, eu só vexo comencias, vexo un par de homes que se están dando a vidorra, que presumen de "concejales" e que son "quedaben" de moito manolo....
En fin, espero que haxa xustiza, que o equipo de Luis Oujo (sin os AVS)siga como ata o de agora, currando, facendo as cousas ben, preocupándose polos problemas dos veciños e intentando ser xustos nas decisións. Algo ao que ,desgraciadamente, non estamos acostumados neste concello. E se existe esa xustiza nas próximas eleccións municipais, os de Luis OUja poidan darlle unha patada no cú a Quiñoy and company... espero velo!!! (Cobra tamén me vale)
Vaia oh, se agora non hai información e transparencia por parte de AVS, ¿que había antes cando gobernaron outros?
Antes de nada que conste que abalo a labor que esta facendo esta xente mantendo a súa web. Aquí é onde radica a cuestión e deixouno ben claro o seu portavoz nun pleno, ese traballo lévao a cabo voluntariamente Iago Antelo, todo o contrario do que seguramente pasa coa do Concello, que o seu mantemento dependa dunha empresa privada pagada por todos nós. Outra cousa é que ese traballo o fixese Quiñoy ou Manel nas horas que teñen dedicadas ao Concello. Aí si que entón poderíamos criticalos.
Lémbrolle a que ande mal de memoria, que a páxina do Concello xa leva anos aberta e hasta agora ningún partido decidiu usala para colgar información municipal. Todos eses partidos tamén tiñan páxinas e só as usaban paras contendas electorais, salvo agora o Bloque que tamén decidiu copiar de AVS e colgalas actas.
Esta visto que non chove a gusto de todos, se AVS non tomase esta iniciativa, non arrastraría aos demais e seguramente os que agora os critican, faríano por non facelo. O que parece esquecer esta xente é que o alcalde de Noia leva anos publicando no seu blogue temas do seu Concello e non vexo que os veciños o critiquen, todo o contrario e iso que alí tamén teñen páxina web.
¿Alguén lembra por exemplo que pasou co bipartito na Xunta? Que igual que houbo unha bicefalia no goberno, en Internet fixeron o mesmo, cada partido administraba independentemente a súa web e pagabamos todos por partida dobre e aquí isto non está pasando, a de AVS mantense cos fondos da súa xente e a do Concello, por todos nós.
Pero señor/señora Administrador, non se enfade que non é para tanto, ou será que como di o refrán o que se pica allos come, non fai falta que se rasgue as vestiduras porque creo que non ofendín a ninguén, nin moito menos lle faltei ao respecto, son moi educado para iso. O único que lle comentaba é que creo que ten vostede o ego un pouco subido cos seus comentarios, pero tómeo máis como un consello e non como unha ofensa. Segue vostede co seu comentario falando da falta de dinamismo da páxina do concello, e creo que se por algo hai que gabala é por iso mesmo, o seu dinamismo, cando vostede faga eses comentarios explíquese e non deixe caer a pedra, simplemente diga onde está esa falta de dinamismo? dende logo, e baixo a miña modesta opinión, é unha das páxinas máis dinámicas que vin, bastante máis que a súa, quizais vostede esperaba ver á corporación facendo malabares nun monociclo ou algo polo estilo para dinamizar a páxina, pero os tempos de teatros e circos son parte dun pasado (non moi afastado) no Concello. De todos os xeitos, como xa lle comentei antes, non se ofenda que os meus comentarios son como os de calquera outro anónimo e lle recordo que o tema importante do meu comentario era o PXOM na páxina de AVS (por certo, segue sen funcionar) pero como lle comento vostede canalízao todo ao seu arredor. (++ snake)
Xa, o problema é ben simple, esta xente está no concello cobrando, estón o mais normal é que as iniciativas que teñan beneficien ó concello ¿non creedes que o normal sería que cando lles xurdiu a idea de publicar todo o fixesen nas infrautilizadas webs do concello? Así da a impresión de que o que buscan é notoriedade e publicidade excesiva do que fan para asegurarse uns cuantos votos mais para dentro de 4 anos.
Para o anonimo das 01:37, vexo que eres do PP por que defendes a Luis Oujo e o seu equipo como si o estiveran facendo ven, comentarche que nas proximas eleccions non vai a ver maioria para ningun goberno, por que co numeros de partidos que hai e moi complicado. Luis Oujo e o seu equipo ten que dar as grazas a AVS por estas ahi grazas a eles estan a gobernar, AVS podia facer goberno co bloque e co psoe, pero o final elexiu o PP. O que ten que espabilar e o PP, por que de momento non fixo nada de nada o dime ti que fixeron, pero claro e normal co equipo que ten ........a onde vai ir..... por que a de obras ten unha empanada enriba, pero claro como e filla do ferreteiro pois esta ai de concelleira e despois claro queren facer o traballo e non saben por onde empezar, espero que nesta lexislatura non metan moito a pata por que nas proximas eleccions non lle vai a dar para pactar con AVS.
Pois eu vexo que AVS creou a sua web non so para a campaña se non para seguir informando os cidadans, e non como fixeron os outros partidos que solo o usaron para a campaña, ahi se ve a diferencia dun partido a outros, AVS se preocupa polos veciños y os demais non, por que se non se preocuparan non segueria con la web, estarian sentaditos a chupar do bote. Espero que sigan asi estes 4 anos. GRAZAS AVS POR CUMPLIR A VOSA PALABRA DE TERNOS INFORMADOS EN CADA MOMENTO.
Gracias pola censura, xa vexo que o que non lle baila a agua non se publica e punto, ou tamén pode ser un erro ou un despiste... ja,ja,ja..., bueno polo menos non volva a repetir que este e un blog donde se respeta a opinión de todos os veciños, xa se sabe, ao final todo é política.
xa está ben de tanta hipocresía, si os que están a gobernar quixeran transparencia, empezarían a poñer os plenos en horario no que poideramos ir os que traballamos, ante isto tan só nos queda botarrlle unha ollada as actas plenarias, actas que non teñen desperdecio, non hai mais que mirar a maneira de actuar do bi-partito. En contra de que se lle pague as mariscadoras, a favor da supresión das farmacias de garda do Son, a favor dos recortes en sanidade, a favor da reforma laboral.
Asi lle vai ao pequeno comercio do Son, que está a pechar, pero bueno algún xa se conforma con que se colguen as actas en internet. Como prometeu Rajoi, " si gano las elecciones os haré a todos felices". A vivir que son dous días.
Que razón levas co da filla do ferreteiro!! Aparte de ser déspota e prepotente, nada mais que está ai por sentarse no sillón, pois nas obras nin aparece, e ca unica preocupación de cobrar a fin de mes!!
Disculpe usted amable anónimo pero ya nos estábamos preguntando a que venía su crítica sobre la censura. No hemos censurado ningún comentario suyo, lo que pasó es que el sistema en vez de colocarlo en "moderar comentarios" lo redirigió directamente a SPAM. Se lo recuperamos y publicamos sin problema ninguno.
Solo un apunte al hilo de su comentario: creo que non ofendín a ninguén, nin moito menos lle faltei ao respecto, son moi educado para iso. Antes de escribir debería cerciorarse de los adjetivos que usa: Pelagatos.
http://www.wordreference.com/definicion/pelagatos
com. Persona socialmente insignificante, sin posición económica: es un pelagatos con aires de grandeza.
♦ No varía en pl.
http://es.thefreedictionary.com/pelagatos
pelagatos s. com. fam. desp. Persona insignificante o mediocre, de baja posición social o económica. pelanas.
OBS Plural invariable.
http://www.wordreference.com/sinonimos/pelagatos
paria, pobretón, pinchaúvas, mísero, despreciable, inútil
Antónimos: importante, rico, poderoso
!!!HAI MOITO ANALISTA POLÍTICO,si se lles pode chamar...de eiqui ás Eleccións Municipais2015!!! !!!Cantas cousas van trocar nos grandes partidos!!!...veremos quenes serán os Candidat@s porque, dame a espiña que os actuais, van pasar a mellor vida política...!!!(e Concelleiras...).
E que vaia equipo formou o PP, solo ten un nome mafia pura e dura, lle dou a vida por que hai moita xente de partido. Que se miraran por candidatos no sacaban nin un. E que Anita a de obras non hai por onde collerla, esa si que esta a chupae do bote pero ben, os demais lle fai o traballo e ela a cobrar, por que non ten tablas para desemvolver o sey traballo, solo ten para andar con Iphone que pagamos todos nos.
Administrad@r:
Bos días, dende logo, a vida é un cúmulo de casualidades, o día do comentario mando outro ao mesmo tempo e dende o mesmo pc e alehop, un detéctamo como spam e o outro non, e volvemos ás casualidades, o que bloquea é xusto o que se refire a vostede, é que vamos, o seu detector é eficaz a un 100%. Os adxectivos que uso son do máis normal, bastante mais ligt que algúns usados por vostede, pero xa vexo que son suficientes para que use a súa habitual demagoxia, porque volve apartar o tema de fondo que é o PXOM en paxinas de AVS mostrandose coma se fose ultraxado ou algo polo estilo e así xa non comentamos nada do tema a tratar.O que está claro é que a vostede lle doe máis segundo de quen se fale ou non e a imparcialidade a pasa polo forro, exemplo: escribo un comentario en maiúsculas apoiando o actual equipo de goberno e advirte que escribir en maiúsculas é unha falta de educación e que non volverá publicar máis comentarios, a semana pasada 3 deles están escritos única e exclusivamente en maiúsculas e vostede nin pía. Bueno con esto cerro o tema, xa que coido que non imos sacar nada en limpo, pola súa parte claro, e seguiremos comentando sempre e cando claro, o "sistema" non o envíe a SPAM, por certo, non é a primeira vez que lle pasa verdade?? en que tipo de comentarios??...
Con respecto a su comentario Mar 8, 2012 12:30, creemos que no vale la pena insistir, usted tiene su opinión y nosotros, la verdad. Solo indicarle que hacía tiempo que el sistema no enviaba un comentario a SPAM, otra cosa es al correo, que si lo hace diariamente. Si nuestra intención fuese censurarlo, le borraríamos al instante su comentario y santas pascuas.
No llevamos la cuenta de que tipo de entradas pasan directamente a SPAM, aunque suele suceder cuando entran varias en el mismo intervalo de tiempo y sobre todo, las que contienen palabras bloqueadas. Palabras, que por cierto, no contenía su comentario.
Se esta confundiendo, no detectamos ningún comentario en mayúsculas, salvo uno parcialmente aquí. Podríamos coincidir que a lo mejor no debería haber pasado, pero lo hicimos por eso, porque no estaba íntegramente.
¿Tendría a bien indicarnos en que entrada cometimos esos deslices?.
El problema de la página de AVS es simple, no soporta el "peso" del PXOM, de ahí los problemas para poder descargarlo.
Por nuestra parte damos por zanjado este asunto, ya que no es nuestro interés no es polemizar con nadie.
Sr. Administrador, non debe entrar en consideración nin darlle o maior valor do que ten o anónimo que reiteradamente ten unha obsesión coa censura de determinados comentarios(tema do informe do siniestro dunha embarcación,páxina de AVS,...) no seu blog.Non lle debe dar ningunha aclaración ó verse un posicionamento partidista por parte do anónima.Siga vd con esa pluralidade da que fai bandeira e animoo a seguir nesa traxectoria.Parabens.
No ayuntamiento do Son nada cambia. Oujo moito dicia que aplicaria por fin unha boa xestión, que pese a que non tiña experiencia politica, tiña unha sobrada experiencia en XESTION no mundo empresarial. Pero o tempo pasa e aqui non se ve nada de nada: os traballadores que sempre se escaquearon do traballo, ahora ainda rascan máis a barriga, todo o día nos bares ou co telefono colgado a orella (teléfono que pagamos todos). Outros operarios, facendo traballos particulares en horario de traballo (todos no Son sabemos de quen se trata, pero está visto que a quen lle corresponde mirar por eles, non o fai).
Cando veremos no Son ós gobernantes empezar a gobernar!!! Cando se lle porán normas ós traballadores do concello!! Estamos fartos de ver esta deixadez por parte dos políticos, que se olvidan de esixirlle ós funcionarios que cumplan co seu traballo e cos horarios que hai establecidos.
O soldo dos traballadores do concello pagámolo todos, sae dos nosos impostos, por eso queremos que se lles esixa que cumplan con el!! Oujo, a ver para cando esa XESTION, empezando por poñer a andar ó personal, que non se diga que solo mandabas traballar ós de Sograni, que polo visto non lles dabas tregua.
Todos os do Son sabemos que si Anita está no ayuntamiento non é porque sirva pa politica (que nunca servirá), é pola amistad que Oujo ten co seu pai, co ferreteiro, e algun favor lle debe o alcalde, que tivo que tragar con ela na súa candidatura.
Outro "RUMOR" que anda polo Son adiante é que Oujo foi un dos responsables da moción de censura, el e outros amiguiños que ten na Asociacion de Empresarios...xa Carou lles chamou a COVA DE ALIBABÁ, porque según dicia tiñan intereses en edificar en terreos que a lei non permitia, e Carou (daquela alcalde) non lle deixaba, por eso lles molestaba de alcalde.
Pero ahora xa teñen a Luis, que lles vai deixar facer de todo, e ala, todos tan contentiños!!!
... creo que ninguen se molestou en revisar o PXOM desde que se empezou a redactar fai anos, solo en aprobalo antes do que estaba previsto por certos intereses supoño. O comento porque entre moitos erros, o PXOM incluso catalog edificacións que pasaron a mellor vida fai uns anos (xa son pasado xa que agora mesmo son edificios de vivendas os que ocupan o solar), edificacións que determinados promotores se encargaron de facer desaparecer para especular sen escrúpulos (moita culpa tamen teñen no concello porque eran os encargados de velar polo noso patrimonio arquitectónico)... Se a oposición quere ser servicial os cidadáns do noso concello que tome mans no asunto que ten motivos de sobra para facer alegacións.
Claro que si, segundo suposicións do anónimo das 02:40 o PXOM aprobouse antes do previsto para favorecer certos intereses...
E que despois de comezar a redactalo no ano 2000,que a aprobación inicial se produza no 2012, a él debe parecerlle precipitado. Quéixase de destrucción de patrimonio arquitectónico(?)e arenga a oposición a que bote mans o asunto, cando en 12 anos non botaron esas mans para sacalo adiante. Aquí si que habería que preguntarse o porque.
De calquera xeito, o PXOM so foi aprobado inicialmente e ata que sexa aprobado definitivamente, todos vamos ter a oportunidade de facer alegacións, non so a oposición que o fará (tranquilo, non fai falta que ninguén os anime, xa comezaron). Eu anímoche a que ti tamen as fagas e que indiques os erros que ves no plan. Parece que coa nova páxina web do Concello vai ser tan doado como escribir aquí un comentario.
E cantos rumores hai sobre ti, senhorita anonimo? Porq q eu saiba deronche moi duro e sejuro q estarias a subir polas paredes.
Beseche o pelo juapinha! Creo q deverias ter unha maior dinidade e pasar paxina dunha vez, q para espresar a tua opinion non fai.falla nombrar a carou, coma si este (carou) aljunha ves fora exemplo d aljo bon. E ti xa o deverias saber.
Palabra de tome,
te alabamos tome.
Publicar un comentario