Programa do C.N. Portosín |
Este evento é unha oportunidade importante para dar a coñecer o noso Concello, e volcarémonos na divulgación turística do magnífico entorno do que dispoñemos.
Para dar a coñecer a nosa cultura dispoñemos das actuacións dos nosos grupos municipais, de danza "Anduriña" e de gaitas "Suevia" que sen dubida farán as delicias de participantes e acompañantes de esta prestixiosa regata.
Tamén contaremos coa colaboración de Protección Civil e a Policía Local.
Para desfrute dos nosos xóvenes logo de competir temos programado un concerto de rock no parque de Portosín o venres día 6 de abril.
Esperamos que todos saian satisfeitos da organización e se leven un recordo imborrable do noso concello e da nosa xente, que sen dúbida logrará estar a altura de tan grandioso acontecemento.
Un saúdo
Concellería de Turismo de Porto do Son
0 comentarios:
Publicar un comentario