Comunicamos que mañá sábado, día 24 de marzo, ás 19:30 horas, na Alameda de Noia terá lugar un acto público do BNG da Comarca Muros-Noia, sobre a reforma laboral do PP. No acto intervirán a Responsábel Comarcal do BNG, Ánxela Franco; o Responsábel Comarcal da CIG, Xan García; e o Deputado do BNG no Parlamento Galego, Bieito Lobeira.
O acto será para amosar o apoio do BNG da comarca á participación na Folga Xeral do 29 de marzo, convocada polo sindicalismo nacionalista, polos dereitos laborais e sociais e na defensa da economía produtiva e fronte á especulación.
Porto do Son, 23 de marzo de 2012
A Responsábel Comarcal do BNG Muros-Noia
Ánxela Franco Pouso

0 comentarios:
Publicar un comentario