10 marzo 2012

«As diferenzas existen, pero a ideoloxía é común»


:logo-lvg: | Barbanza

Recuperar o voto nos municipios máis rurais é algo esencial para os frentistas na bisbarra

Alguén dixo unha vez de Ánxela Franco (Caamaño, 1962) que é a dama de ferro da política na bisbarra. Hoxe, esa descrición coincide co novo cargo que asume no partido: responsable do BNG na zona de Muros-Noia. Faino no medio da crise máis profunda que se recorda na organización dende o seu nacemento, e que xa motivou o abandono do partido dalgún distinguido militante. Aínda así, a ex tenente de alcalde de Porto do Son fala de unidade ao referirse á familia nacionalista para facer fronte ao retroceso que vive o voto progresista na actualidade.

-¿Como expón a súa nova responsabilidade no BNG cando o partido está inmerso nunha profunda crise intensa?
-Sabemos que somos unha fronte que quere traballar xunta e coordinar os esforzos partindo dunha ideoloxía común, neste caso, nos concellos que forman a bisbarra de Muros-Noia. O principal obxectivo é encaixar todos eses engrenaxes para facer realidade os intereses de todos os veciños de Porto do Son, Noia, Lousame, Outes, Muros e Mazaricos.

-Dentro do conxunto de agrupacións que hoxe forman o BNG, ¿en cal está vostede?
-Eu son dunha bisbarra e ocupo este posto polo respaldo dos votos que obtivo o BNG. É máis, podo dicir que ningún deses grupos do fronte ten a suficiente forza para facer a ninguén responsable comarcal. Por moito que se intente nestes momentos marcar diferenzas entre nós, temos definida a nosa ideoloxía común e cal é o obxectivo a acadar. As diferenzas existen, pero a ideoloxía é común e a compartimos todos, que é sacar adiante a bisbarra.

-Na comarca á que pertence, ¿cree que existe a marea azul do PP?
-Para nada. O PP unicamente goberna nos concello de menor poboación, que son Mazaricos, Outes e Lousame. En Muros e Noia faino o PSOE e en Porto do Son o PP fixo un pacto contranatural cun exsocialista, polo que o normal sería unha coalición progresista.

-Muros é o único concello desta bisbarra onde aínda non foi elixido o novo responsable local, ¿cree que haberá problemas ao ser Máis Galiza quen ten unha maior influenza?
-O que aconteza en Muros non pode estar influenciado polos grupos que existen na fronte. Creo que ai que ter sentido común e pensar que ao final todos temos unha ideoloxía e un obxectivo común. O demais é salvable.

ÁNXELA Franco Muros e Noia

«Sabemos que somos unha fronte que quere traballar xunta e coordinar os esforzos»

25 comentarios:

Anónimo dijo...

(O PP unicamente goberna nos concello de menor poboación, que son Mazaricos, Outes e Lousame).
Señora Franco, sea por una vez coherente y olvídese de mentir tan compulsivamente que simplemente le hicieron una entrevista, no estaba echando un mitín. A caso ya tiene tan mala memoria que se le olvidó que partido gobierna en Ribeira, Boiro, A Pobra, Dodro y Padrón, gracias sobre todo a sus mayorías absolutas otorgadas por sus vecinos y vecinas, incluyendo los que señaló casi despectivamente.
Y sabe bien que si no gobierna en Rianxo, Muros y Carnota, gracias al "pacto legal" de los perdedores.

(En Muros e Noia faino o PSOE e en Porto do Son o PP fixo un pacto contranatural cun exsocialista, polo que o normal sería unha coalición progresista). Parece que para usted solo es inapropiado todo lo que no le favorezca a usted y a su partido. Si el pacto subscrito por el PP y AVS es contranatural, ¿como califica el de sus homólogos de Noia?. Allí no solo pactan con gente que no pudo mangonear la casa del PP, si no que lo hacen con un alcalde que ya los expulsó por dos veces de su equipo de gobierno. Todo ellos hay que decirlo, en contra de buena parte de su militancia. Dicen que no hay 2 sin 3. El tiempo será testigo, pero de momento lo que vemos es que cuando se quedaron sin dedicaciones exclusivas todo les parecía negro y ahora que las han recuperado, de nuevo se ha vuelto blanco. Recuerde que Judas se vendió tan solo por 30 monedas.

¿A caso no fue un pacto contranatural también el de Muros en la pasada legislatura y ahora hace días en Cee?. Y no nos venga con el cuento de que allí sus compañeros han sido expulsados, porque usted también lo fue en su día, pero de boquilla.
Mire usted, el termino "progresista" está tan violado por todos ustedes que da urticaria. No pretenderá convencernos de que Muros en este momento tiene un gobierno progresista. Un gobierno que limita los derechos elementales de algunas personas y que pretende equiparar a ex alcaldes de la Dictadura con los de la Democracia.

Anónimo dijo...

(O PP unicamente goberna nos concello de menor poboación, que son Mazaricos, Outes e Lousame).

non é moi difícil de entender que ela está a falar da comarca que da que é representante

Anónimo dijo...

O raro é que esta cabra loca apenas tocou o Son.. o estar collida polas súas partes é unha esclava do que se chupou e comprometeu na Moción de Censura....!!!HAI SE TIVERA ÁS MANS LIBRE,XA A VERÍAMOS REVULINDO NA PRENSA!!!

Anónimo dijo...

Grupos con suficiente forza para facer a ninguén responsable comarcal non haberá, pero era demasiado doado acertalo pleno ó 15 sobre quen ía ocupar este posto, vendo en que lista foi na asemblea de Santiago.
Se as canles locais tivesen un programa no que se lle puidese facer preguntas aos nosos políticos, a miña seria, se o seu partido gobernase en Mazaricos, Outes e Lousame, ¿diría que o BNG goberna en concellos de menor poboación?.
Para ser unha fronte que di quere traballar xunta e coordinar os esforzos, xa se veu cando estiveron no goberno da Xunta ou no noso Concello. Claro que despois se lemos algúns comentarios por aquí, parece que o único partido que enchufou á súa xente no Concello foi o PSOE. Unha verdade aparentemente incontestable, pero tamén e verdade que botou gobernando moitos anos, pero ó BNG faltoulle tempo para colocar a toda familia.

Anónimo dijo...

Sería bueno que el BNG fuese buscando una cara nueva para las próximas elecciones, creo sinceramente que esta señora ya no da más de sí. Se necesita una persona preparada, progresista, comprometida con el medio ambiente (presidir una comunidad de montes no me vale) y con ideas nuevas.

Y pienso que el PSdG también debería hacer lo mismo, creo que al actual cabeza de lista la gente lo identifica con el quintanismo y eso tengo la impresión de que es un lastre electoral.

Anónimo dijo...

¿Que familia?.Teño interes en coñecela.

Anónimo dijo...

¿Poderia aportar alguha idea?.
¿Tal vez un Sr.Oujo?
¿Quiñoy?
¿Tomé?
¿Pastor?
¿Quintans?
¿Groveiro?
Todos eles representan o progreso, compromiso pero ela non? ¿Por....?

Anónimo dijo...

O que si ten que estar ben calado é o sr Oujo, que xa no Son anda o conto ben extendido de que non perdeu o tempo, que xa colocou a varios familiares. E deixade que pase o tempo, veremos a ver a quen mais da familia nos mete no ayuntamiento. Tempo ó tempo!! Que si a alguen lle quedaba algunha duda de como funciona o sr Oujo, vamos ter ocasion de presencialo, porque si algo ten é MOITA CARA, e non lle vai costar o mais minimo enchufar a toda a familia na Casa Grande.

Anónimo dijo...

Muller... empezando polo fillo... e continuando pola familia politica, queres mais pistas?

Anónimo dijo...

¿No tenía más sugerencias?.
Gonzalo, Chito o Méijome, que después de poner todo tipo de trabas a los vecinos para poder hacer sus casas cuando tuvieron un poco de mando, va ella y se hace una casa presuntamente de aquella manera. Ese es el progresismo de alguna gente. A los vecinos que les den, que nosotros hecha la ley, hecha la trampa.
Y no hablemos de la negativa a reparar una fuente en Baroña y la solución propuesta a la vecina que se lo reclamó. Consuma usted más: beba Coca Cola. Esta señora ya estaba en el BNG y no vimos por ninguna parte que saliese en defensa de la vecina, ¿o si?. Estos pequeños gestos son los que hacen a las personas, pero sobre todo a los políticos.

Anónimo dijo...

A que familiares se refire?, onde os colocou. Atrévase a darme unha resposta que en menos de un segundo demostro que é vostede un mentireiro. Explícanos ti como funciona Oujo anda, xa que eres tan listo.

Anónimo dijo...

Se puede decir mas alto, pero no mas claro

Anónimo dijo...

O fillo que ten os seus cursiños feitos e estudia Inef, sabe nadar, non
coma outros socorristas "enchufados", por certo entrou a traballar de
socorrista no goberno do PP.
A familia politica dela , non esta aqui, asi que a mentir a oitro lado.

Anónimo dijo...

Mintes mais que escribes,ela daquela era simpatizante. E pra asegurar se
eso e tan certo coma oitras cousas que escribes, tes pouca credibilidade.

Anónimo dijo...

Non seas burro, esa e a comarca que marca o mapa do PP. A nosa e de Muros-Noia.Oficialmente Ribeir, Boiro,Dodro,Padron,ctc, son de outras comarcas.

Anónimo dijo...

Son o autor do comentario Mar 12, 2012 12:56 AM e véxome na obriga de contestar a Mar 13, 2012 03:00 PM. A frase esta claramente definida: pero ó BNG faltoulle tempo para colocar a toda familia.
Obviamente estábame referindo á "familia do BNG", non á desta señora. Enchufar en menos de dous anos á filla dun destacado militante no concello e unha edil de Noia, como monitora nun curso foi todo un logro. Aquí os únicos que non podemos enchufar a ninguén somos os veciños, os políticos en canto teñen a menor oportunidade e un chisco de poder, xa se ve. Porto do Son, porque é o meu concello, dende a instauración da Democracia é todo un exemplo de enchufismo.

Anónimo dijo...

non falo do sogro home, falo da tal sofia (axente TIC), da filla doutro coñecido membro do BNG (administrativa do concello), etc... que facil e falar de mentireiros; por non falar dos proveedores do Concello, ou das persoas que compoñian os tribunais para que contratasen a quen eles querían (iso tamen o fan os que gobernan agora).

Por certo, claro que ten os cursiños o fillo, é que si non, non ten xeito de enchufalo, pero habería que ver si cos cursiños e sin ser fillo de ... tamen o seleccionaban. E o feito de estudar inef que eu saiba non é un merito pra ser socorrista, ou é? Os do BNG sodes o peor do peor, ainda que iso non fai mellor ao señor oujo.

Anónimo dijo...

Si, fan falta caras novas no BNG, e si pode ser xente preprarada, a onde imos cunha repartidora de prensa, un amago de carpinteiro e un auxiliar de instituto. Por favor, que no BNG somos mais e mellores.

Anónimo dijo...

Vaia comentario mais "retrogrado", teñen tanto dereito a pelear polas suas ideas coma o resto. Cada vez queda mais patente que dentro do BNG hai demasiada xente de dereitas, por desgracia

Anónimo dijo...

Home(ou muller) facer política é algo mais que loitar por unhas ideas, nun Concello implica xestionar recursos, quizais non sexa esta a xente mais cualificada, será que non temos no BNG do Son, xente con mellor preparación e mellores argumentos? Estes son do clan do amiguismo, (si me ries levas e se non ahi te quedas).

Eu non quero iso para os representantes do galeguismo do Son.

Anónimo dijo...

Por certo, o galeguismo non é exclusivo do BNG, creo que moita xente o confunde.

Anónimo dijo...

Jorquera confía en que el Bloque de Muros no permita el gobierno del PP (http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/jorquera-confia-bloque-muros-no-permita-gobierno-pp/idEdicion-2012-03-18/idNoticia-737190/). Esta é a verdadeira faciana do Bloque. Na lexislatura pasada non tiveron empacho en formar bigoberno co PP de Muros e desta vez non lles interesa, porque terían que cedela alcaldía.
Esta claro que Jorquera non ten que tourear coa alcaldesa de Muros, como ten que facela oposición e diversos colectivos. Fora alma e fe, lémbrame os mellores tempo de Quintáns.
Dende logo se eu fose concelleiro do Bloque de Muros, ante as actitudes chulescas da alcaldesa e de Jorquera, impedíndolle pactar co PP, abandonaría o partido, porque antes de nada esta o orgullo de ser persoa. Total, máis tarde ou máis cedo, van seguilo camiño de moitos e moitas militantes.

Anónimo dijo...

Vendo o resumo semanal dunha televisión local, escoitei que a Comunidade de Montes de Caamaño da que esta señora é presidente, forma parte dunha plataforma contra as políticas que presuntamente tenta levar a cabo o Sergas. A miña pregunta é sinxela, cando moitos veciños e veciñas protestamos contra supresión do PAC de Porto do Son, cando gobernaba o PSOE e BNG na Xunta, sumouse a esta protesta esta comunidade ou só fai, cando na Xunta non goberna o partido da súa presidenta.

Anónimo dijo...

O teu non ten remedio, eres tan mediocre que me asombras.

Anónimo dijo...

Pois vai ser que nesta ocasión tampouco vas ter sorte. A que proclamaba aos catro ventos que ela non viña a vivir da política coma outros, xa leva 12 (10 na oposición e 2 gracias ao pacto entre perdedores). Indo de primeira, seria un completo fracaso que non saíse elixida co que xa falariamos de que pode seguir vivindo outros 16 anos da política" co que igualaría a outros e superaría a moitos, claro que eses "outros" foron alcaldes. Deixando paso a outro/a, igual se lle acababa o "choio". Como dicían os ratos no faiado, quen lle pon o cascabel ao gato? No BNG do Son deben pensalo mesmo, ou... o que se mova non sae na foto.
Ánxela Franco liderará al BNG sonense por cuarta vez