:ecg: | 19/05/2011
O candidato do Partido Popular á alcaldía do Concello de Porto do Son, Luis Oujo, asegura que se centrará na xeración de emprego e na creación das bases para que este municipio comece a medrar unha vez que finalice a actual crise.
A poucos días de finalizar a campaña electoral, ¿que perspectivas teñen en canto aos resultados electorais?
Pois non podo facer valoracións previas porque non hai sondaxes reais que me poidan avalar, pero o que podo afirmar é que estamos altamente satisfeitos. En primeiro lugar, porque o esforzo pola nosa parte foi e está sendo máximo, e os resultados en canto a afluencia de xente nos actos de campaña están sendo moi bos. De feito, o 17 de maio, o pasado martes, tivemos o mitin central de Porto do Son, no que nos acompañaron Diego Calvo e o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, e podo dicir que tivemos un éxito rotundo en canto a asistencia de veciños.
No caso de gañar estas eleccións, ¿como afrontaría vostede os próximos catro anos de goberno?
Teño que recoñecer que nos metemos en política no peor momento en canto a economía se refire. Nós ímonos centrar na creación de emprego, en crear as bases para que Porto do Son, unha vez que se acabe esta crise, poida empezar a crecer ao mesmo ritmo que os demais. Refírome con isto a proxectos básicos para o noso concello como é a aprobación do PXOM, a creación dun parque empresarial e dunhas vías de comunicación adecuadas.
Vostede sempre fai mención ao apoio que ten por parte do seu partido e da Xunta de Galicia. ¿A que se refire exactamente?
Pois mire, todos e cada un dos puntos que están contidos no meu programa electoral están consensuados con cada un dos conselleiros competentes en cada materia. Eu sempre dixen que non vou prometer cousas que non poida cumprir, e por iso era importante para min asegurarme antes de que a Xunta de Galicia estaría ó meu lado, apoiándome para levalos a cabo.
Por último, ¿que lle diría vostede á xente que aínda está indecisa?
Pois eu diríalle simplemente que valoren o que teñen actualmente no goberno, que valoren as súas actuacións e formas de xestionar e gobernar. Eu sempre digo que Porto do Son demanda un cambio, non só na xestión, senón na forma de facer política. Eu pediríalle unha oportunidade para demostrar que nós somos un equipo formado e que estamos preparados para gobernar e levar a cabo proxectos que están pendentes neste concello dende hai tantos anos, e que ata o momento ninguén tivo a capacidade de facer realidade. Estes momentos de profunda crise requiren por parte dos veciños un voto responsable. É o momento de decidir, e de pensar no noso futuro e no futuro dos nosos fillos, pero sobre todo é o momento ideal para que Porto do Son teña un goberno do Partido Popular, xa que temos o apoio da Xunta de Galicia, e moi pronto teremos o apoio do Goberno central.

12 comentarios:
Mi madriña a que nos agarde se por este orde chega a gobernar a señora Ánxela ou o señor Pastor. Acabo de ver en diferido o debate do canal rías baixas e foi VERGONZOSO.
no debate creo q quedou moi claro qn loita polo concello, quen traballa por el e quen PODE E SABE xestionar...
a xente sen argumentos e ideas non me gustas!
o amiguismo (dos sus coleguillas da xunta) do q presume o sr. oujo aló por donde vai non leva a ningunha parte...
Vergonzoso e prometer de palabreria, que e o que
fai o PP, co Pto. do Son.
Vergonzoso e que mais de 20 anos, eses señores teñan 6 concellales, e non invirtan un so euro no
noso concello.
Vergonzoso e presentar dous candidatos en menos de
dous meses, e podria seguir asi todo o día.
O PP, engaña a cotio a Pto. do Son, non merece un
so voto.
Argumentos e ideas foi o que non mostraron Anxela e Pastor no debate. O que mostraron foi unha actitude moi pouco democrática. Para saber se os demais teñen argumentos e ideas, hai que deixalos falar. Puideron dar argumentos e ideas porque a eles si que os deixaron falar, pero prefiriron levar o debate o terreo onde están máis cómodos, na crispación. Foi vergonzoso, si.
creo q a culpa foi un pouco da moderadora tamen... pero é q o pobre oujo so sabe dcir q el qr xestionar... E nada mais!ata ahi nn tn mais programa nin ideas... Asiq sobroulle o tmpo e respecto a sr quiñoi como el sabe q el xa vai ser concelleiro pq ten xente q lle vai levar os seus votos pois xa nn tn q facer nin decir nada mais...
o mellor q podia facer o
PP era mandar a alguen con un pouco mais d capacidade estilo david gaciño q sea un pouco solto e q transmita... Pq con oujo vai ser o q pase sempre,d dnd non hai nn se pode sacar! Non se explica nada ben, a impresion q da e q ten q chamar a carjos da xunta pa q falen nos mitins por el... A min faiseme bastant dificil escoitalo e seguir o q di...
Agora qdan d maleducados os demais... Pero é imposibl debatir con alguen q nn tn nada q decir apart d xestion (db d ser a sua palabra favorita)
xestion q me parece q nn debera presumir pq sograni vota xent a calle como todas...
E debera saber q todos sabemos a patrañada d xestion q fai na asc d empresarios...
Isto xa se parece máis a un debate de fútbol, onde cada ve a xogada de distinta forma, salvo que Tele Salnes filtrase as imaxes casa por casa, en vista dalgúns comentarios. Aínda así esta claro, que primeiro a señora Ánxela e despois o señor Pastor, faltáronlle ao respecto, non só a Oujo e Quiñoy, no canto de interrompelos constantemente cando estaban na súa quenda de palabra e o que foi peor, á moderadora, tal vez porque os dous pensarían que estaban nun pleno e a súa palabra tiña que sobresaír por riba dos demais.
Onte no Son era un sentir popular nesta dirección, salvo se nos achegabamos aos seus partidistas, igual que aconteceu esta tempada co Madrid-Barça.
Eso era un debate, no un mitin donde un larga e os demais aplaude. Cando non se ten nada que debatir, pues se cala e non responde
estou d acrodo ca ultima frase d ultimo comentario, debatir con qn nn ten q decir nada pq de nada sabe é imposible... Por veces me daba a impresion d q luis asentia ao q decia anxela pq o convencia... Menudo lider... Creo q se equivocou d partido como algun mais d esa lista q xa dixo publicament q esta n pp pq foi o unico q llo prejuntou. Q pouco me justan as personas sin ideais,por eso sendo eu de dereitas non lle vou votar o PP, pq creo q o PP dst concello merecemos mais qq luis oujo! No meu voto vair un mensaxe... Q espero q aos da mesa lles gust
e pa qnn haxa mal interpretacions,nn quero q pense nadie pense q é unha amenaza nin moito menos! So q me parece oportuno manifestar a miña opinion no unico sitio q o pp d son ma deixa manifestar q é nas urna...deixei d ir as reunions porq luis nn valora nada a opinion dos q militimos! Pero ahora si me veu decir q lle vote....pois non!!!!!
A quen se merecía o PP do Son o Sr. Tomé e seguir crispando a situación e dicindo tonterías??? Menudos militantes do PP, pois eu que non son militante nin estou afiliado nin son de direitas, sí lle vou votar xq estou seguro de que o cambio vai beneficiar a Porto do Son...
pois un partido sen os seus militantes nn é nada! sen a suas ideas sen convicions e SEN PALABRA!para iso q se metera cos independetes...q ao final todos son o mesmo
Publicar un comentario