:lvg: | 6/5/2011
Hai que ver, que simples eran os xogos daquela. A fronteira era unha raia no chan, que separaba aos equipos. Se se borraba, volveríase a marcar. O rescate consistía en arriscarse por liberar ao esforzado dun equipo que caera prisioneiro no intento de roubar no territorio contrario. O risco do salvador era o de verse caer coma un secuestrado máis no acto liberador. Mais, se era ducho no oficio, tendo éxito na empresa de liberar, nada tiña que pagar, senón que aínda se ía coa ganancia do que puidera pescar ao mesmo tempo, sumada a do compañeiro; que non se libraba só, senón tamén co botín que antes non conseguira. Neste caso, o mesmo que uns celebraban o éxito liberador, os carcereiros quedaban con un palmo de narices.
As normas eran moi claras: situados os equipos en ringleira e fronte a fronte, en ambos lados da raia, este xogo consistía en que os dous fosen roubándose os ovos, un por un, de cada intento e ás carreiras, desafiando o ladrón ao garda perseguidor con toda clase de argucias. Loxicamente, os ovos de cada bando encerrábanse en círculos situados a unha prudente distancia da mesma raia, que os separaba igualmente, e oficiaban as súas veces como cárceres para quen fosen pillados nas súas ansias de pillar un ovo do seu contrario. Non triunfaba o engano, nin aquel que máis corría, senón que gañaba o equipo que mellor e máis roubaba. O xogo non acababa ata que un dos equipos deixaba o outro sen ovos. Logo volvía a empezar, pois que os ovos non eran ovos, senón croios.

0 comentarios:
Publicar un comentario