:ecg: | 20/05/2011
PSOE de Porto do Son
¿Cales son as prioridades en infraestruturas?
Hai que rematar a piscina municipal, actuar no Castro de Baroña co Plan Especial de Protección, aprobar definitivamente o PXOM, o polígono industrial, rematar a casa de cultura de Xuño e poñer en marcha o viveiro de empresas. Para esta lexislatura o prioritario será rematar a Fachada Marítima do municipio, construír o tanatorio e o novo cemiterio, así como a nova casa de cultura de Baroña. Tamén apostamos por unha área para aparcar buses, continuar cos abastecementos nas parroquias de San Pedro de Muro, Xuño, Caamaño e Baroña, segunda fase do Paseo Marítimo do Son e a construción do punto limpo.
¿E cales son as propostas noutros ámbitos como o da educación?
A consecución dunha gardería, unha escola obradoiro para promocionar o emprego xuvenil, ademais de arranxos e melloras en todos os centros do municipio como fixemos ata o de agora. A educación é básica para o progreso e nós cremos na educación pública e de calidade.
¿E se falamos de deporte?
Xa fixemos cousas importantes como o arranxo do pavillón de Portosín e o novo ximnasio no mesmo, remodelamos a área recreativa da Atalaia, arranxamos os parques infantís que estaban en mal estado e fixemos outros novos; reparamos case todas as pistas polideportivas exteriores. Agora haberá que rematar a piscina, procurar alongar o contradique do Club Náutico de Portosín e potenciar e impulsar o Náutico do Son ademais de facer un plan de cooperación con todas as entidades deportivas.
Nun municipio como o Son de tanta presenza do mundo rural, ¿que actuacións teñen previstas?
Os veciños do rural, e eu son dunha parroquia, deben ter os mesmos servizos básicos que os do núcleo urbano. Vaise ampliar a estrada de Xuño a Olveira, fixemos a depuradora do Loreto e estase construíndo a de Orellán, abastecemento de auga a Miñortos, a cobertura TDT e Wifi-Wimax para todo o concello, beirarrúas en Caamaño e Queiruga, e novos parques infantís en Queiruga e San Pedro de Muro. Na próxima lexislatura gustaríame que foran prioritarios os abastecementos de auga nas parroquias que non o teñen, mellorar o saneamento de todo o municipio e rematar as infraestruturas culturais, así como continuar coas beirarrúas.
¿Cales serían as prioridades en cultura?
Xa citei a Casa de Cultura de Xuño e a nova Casa de Cultura de Baroña ou mercar os terreos necesarios para facer a de Nebra. Ademais, continuar dando vida cultural a todas as casas de cultura feitas, continuar as Xornadas de Historia, a feira castrexa, apoiar ós grupos teatrais do municipio e, en xeral, revitalizar aínda máis a actividade cultural do concello con exposicións, edicións de libros, actividades musicais e poñer a andar a Banda de Música Municipal. E non me podía esquecer da actuación no Castro de Baroña, que é básica no eido cultural e turístico.
En medio ambiente, ¿cales son os proxectos conseguidos?
Poñer a andar a depuradora do Loreto, comezar a construción da de Orelán, creación de tres parques biosaudables e o logro das dúas Bandeiras Azuis para as praias de Cabeiro e Aguieira, que os populares perderan, confirman que estamos no bo camiño. Hai que lograr recuperar outras bandeiras azuis, mellorar o saneamento, facer unha nova rede arterial de abastecemento de augas para todo o concello e lograr o punto limpo.
¿É o turismo un dos eixos de futuro do Son?
Xa o é agora, pois contamos con activos tan importantes para atraer turistas como o Castro de Baroña, as nosas praias, moitas e fermosas, as nosas festas e romarías e a amabilidade dos cidadáns do Son. Nós potenciamos isto coa defensa da actuación no Castro de Baroña, co logro das Bandeiras Azuis, coa edición dunha nova guía turística, pero hai que conseguir máis bandeiras azuis, desenvolver o Plan Especial de Protección e as melloras viarias como a Variante da estrada de Portosín, a mellora no contradique do Club Náutico de Portosín, a Piscina Municipal, e rematar a mellora do casco urbano co remate da reforma da fachada marítima e coa segunda fase do paseo marítimo. É un reto de futuro conseguir un aumento de visitantes porque é un recurso de revitalización económica e de emprego moi importante.
O candidato de AVS e a do BNG andan a dicir que sexa cal sexa o resultado das eleccións van ser eles os alcaldes. Que opina disto?
Dicir poden dicirse moitas cousas, pero o que queda ben claro cando din iso é a ambición persoal por sentar no sillón ao prezo que sexa, é dicir, esquecéndose de todo o prometido en campaña e dándolles as costas aos veciños e o seu veredito nas urnas. Esas afirmacións non agochan máis que as ganas de chantaxear os partidos máis votados, e nós dende logo non nos imos prestar a ningunha chantaxe.
¿Como lles pediría aos veciños o voto?
Primeiro que analicen ben todas as candidaturas e miren quen son os veciños da súa parroquia que queren que os representen, para que poidan escoller o que lle mereza máis confianza. Segundo, que calculen o posto no que van e as posibilidades de que resulten elixidos. Terceiro, que escapen das listas que levan imputados por falsificar facturas, das listas cheas de familiares e das listas onde se presentan persoas que teñen intereses persoais evidentes. A lista socialista é unha lista de xente nova, preparada, honrada, con capacidade de traballo, comprometida con Porto do Son e coas ganas de dedicarlles tempo aos nosos veciños.

0 comentarios:
Publicar un comentario