:lvg: | 10/5/2011
Supoño que nin os máis sesudos analistas poderían prognosticar o variopinto escenario político destas eleccións municipais dende a Costa da Morte ata a ponte de Catoira, que tampouco reflicte a escenografía do gran teatro español, no que hai dous claros guións para actores que representan dúas alternativas diferentes en clave traxicómica. Non, os nosos escenarios son máis pequenos, pero non por iso menos apaixonantes e que tamén pecharán a cortina o mesmo día en que correspondería celebrar a festividade de Santa Rita de Casia, avogada de imposibles, coincidencia que semella máis unha intencionalidade anticlerical que unha inescusable opción.
A outra cuestión que diferenza son os sete partidos que compiten con populares, socialistas e nacionalistas e as súas siglas. Así, co I de independentes temos Pimaz de Mazaricos e NO.I.A. Semellantes son ICBoiro e AVS de Porto do Son, xa que basean a súa denominación na cidadanía e na veciñanza. O que non semella encaixar nun sistema de partidos, aínda que respectable, é o PGA -Apolíticos Parroquias Galegas- de Noia. IPdeR mantén o progresismo socialista do que se escindiu, igual que UPBoiro garda o P da súa procedencia. Todos eles teñen a mesma oportunidade de ser elixidos que os mastodontes, pero con máis mérito se acadan representatividade, xa que xogan con menos diñeiro para achegar as súas propostas aos votantes.
As causas polas que xorden estes partidos son ben coñecidas pero, en certo modo, son case as listas abertas que moitos reclamamos, xa que non están sometidas á disciplina piramidal e os seus votantes simpatizan máis cos compoñentes da lista enteira que no caso dos partidos tradicionais nos que os lideratos traspasan as fronteiras de cada concello.
Este fenómeno amosa a grandeza das democracias puras, xa que frea a prepotencia das grandes formacións que se consideran as únicas donas da vontade popular. Quizais sexan o adianto da tan necesaria rexeneración política.

0 comentarios:
Publicar un comentario