10 abril 2012

O alcalde de Porto do Son considera "moi necesario" o investimento previsto en Baroña


:logo-ecg: | Comarcas

A Xunta vai destinar preto de 111.000 euros á posta en valor do espazo // O rexedor recoñece que se precisarán máis cartos, "pero por algo se empeza" // Esta primeira intervención quedará lista neste ano

O alcalde de Porto do Son falou este luns en Radio Obradoiro do investimento de preto de 111.000 euros que vai destinar a Xunta á posta en valor do Castro de Baroña. Segundo Luis Oujo, "é un investimento moi necesario, que levabamos reclamando moito tempo". Non obstante, o rexedor recoñece que "fan falla máis cartos", para engadir que "por algo se empeza".

Oujo lembrou que o obxectivo desta primeira intervención pasa por consolidar as estructuras arqueolóxicas e por "delimitar a zona de visita, para evitar que a xente suba polas murallas e mesmo leve anacos de pedra". Tamén pretenden regular a acampada e poñerlle fin dunha vez por todas ós actos vandálicos que se producen no castro, "sobre todo en verán".

Por outra banda, o rexedor tamén quere facer un acceso para minusválidos, e poñer en marcha canto antes o centro de interpretación no que están traballando nestes intres.

A respecto das obras financiadas pola Xunta, Oujo confirmou que comezarán "en breve". Sen embargo, suspenderanse nos meses de verán, e serán retomadas posteriormente. En calquera caso, dixo que quedarán listas neste ano.

O rexedor tamén sinalou que están traballando, "conxuntamente co Concello de Ribeira", para ofrecerlles máis cousas ós turistas, á marxe das visitas ó Castro de Baroña.
No compartimos la opinión que expresa un anónimo en esta noticia, es más que evidente que el castro de Baroña sufre un serio deterioro y aunque es verdad que apenas se ve basura, no tenía porque haber ninguna, alguna gente no solo se suben a las construcciones, si no que han arrancado piedras, tal y como revela el señor alcalde.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

"Traballando conxuntamente co Concello de Riveira",....¿non haberá suficiente con atender o que temos no noso???xD.

xan das bolas dijo...

Dame pena ver esa foto do son. E unha foto antiga e maravillosa. Dádevos conta do que perdemos polo urbanismo descontrolado, a codicia e o boom inmobiliario duns poucos e a falta de proxecto do concello. Pasamos de ser un belo pobo mariñeiro a ser que?...O mínimo que había que facer sería correr a paus a tódolos alcaldes que o Son tivo ata agora, sobre todo a dous politiquillos mequetrefes que governaron bastante tempo.. anos diría eu.

Manel dijo...

Pues prepárate, que ahora el asfalto y el ladrillo apuntan directamente a los castros de baroña, poner el primer metro cúbico de hormigón será el principio del pelotazo, eso si, todo sea por la conservación y el progreso.

Anónimo dijo...

Que desfeita fixeron nas aceras da Arnela (Baroña)!! como e posible que unha obra nova se faga con tan pouco criterio: hai tramos nos que o ancho non supera os 50cm, debe ser para ir á "fila india", como nos ensinaron no cole...E mira que hai sitio de sobra para darlle máis ancho e poder camiñar pola acera 2 persoas á par, pero non, estos iluminados do concello non pensan mais!! E eso que o alcalde é de Baroña, pero nin con esas as pensa algo.

Anónimo dijo...

O das aceras da Arnela é unha auténtica chapuza

Fonforrón dijo...

Esta bien claro que las aceras de la Arnela se pensaron única y exclusivamente para favorecer durante el verano a los veraneantes, así podrán aparcar sin problemas y poner los pies en la playa directamente, no vaya a ser que si tienen que caminar unos metros se hernien.

Los vecinos y vecinas de O Son, que somos quienes las pagamos vía impuestos y las usaremos todo el año, que nos den, y si alguno tiene que usar una silla de ruedas, ya lo estamos viendo en esa época circular por la carretera, porque dudamos que tenga espacio material por ella. A todo esto preguntamos, ¿no hay unas normas que obliguen a dotarlas de unas mínimas medidas, siempre y cuando haya espacio suficiente, como es el caso?.

Anónimo dijo...

A la vista de los comentarios vertidos por los internautas al respecto de las Aceras de la Arnela,debemos indicar que la normativa estatal,autonómica y por ello municipal,indica que las aceras para cumplir dicho criterio,deben tener un ancho mínimo de 1,50m libre de obstáculos.Lo que verdaderamente me sorprende es que se anuncie un Convenio con COGAMI para asesoramiento en temas de accesibilidad y que con este ejemplo se vea que es un paripé y unicamente se busca llenar hojas de periódicos...!!!VAYA POR DIOS EN QUE MANOS ESTAN LAS OBRAS DE ESTE AYUNTAMIENTO!!!

Anónimo dijo...

Di mellor en que mans está e estiveron as obras neste Concello. Sen ir moi lonxe, as beirarrúas que na anterior lexislatura fixo o bipartito en Queiruga e Caamaño, da que foi responsable de obras a señora Franco, non son moito mellor que esta, eu case me atrevería a asegurar que son peores.
Na Arnela, recoñecendo que é demasiado estreita, quedan un espazo de seguridade con respecto a estrada que serve coma aparcamento, pero é que as anteriores están xusto enriba do arcen e sen un triste aparcamento, quizais porque alí a praia está demasiado lonxe.