Porto do Son, 13 de abril 2012.- O BNG de Porto do Son vén de presentar no rexistro do Concello unha moción, para ser debatida no vindeiro pleno ordinario do mes de maio, na que se solicita á Corporación a adopción dun acordo para instar á Xunta de Galiza que derrogue o decreto 99/2012, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, no que se establece que o Servizo de Axuda no Fogar é un servizo social comunitario básico de carácter público que debe ser garantido polos concellos, e tamén, regula o financiamento do conxunto dos servizos sociais comunitarios e concretamente no que se refire aos gastos derivados da prestación do Servizo de Axuda no Fogar Básico soamente financiará ás corporacións locais de 20.000 ou máis habitantes, polo que o noso concello ficará sen as devanditas axudas, que xa viña, ano tras ano, recortando o goberno do PP na Xunta.
Este decreto vén a corroborar que a Xunta do PP se desentende por completo dos servizos sociais comunitarios nos concellos de menos de 20.000 habitantes, en especial do Servizo de Axuda no Fogar Básico, o que obrigará no mellor dos casos ao noso concello a financiar este servizo e aos usuarios e usuarias a pagar máis nas súas aportacións como copago, ou no peor dos casos a que os servizos desaparezan e só se manteñan para as persoas dependentes coa prestación asignada no seu Plan Individual de Atención. A Xunta trasládalle ao noso concello unha competencia pero sen financiamento. A Xunta debe asumir as súas competencias e garantir uns servizos sociais comunitarios acorde coas necesidades da poboación, e garantir e xestionar un servizo público básico que debe chegar en igualdade de calidade e dereitos a todos os galegos e galegas independentemente do concello onde vivan, como acontece coa sanidade e co ensino. Se non se fai así as consecuencias van ser moi graves. En primeiro lugar para as persoas usuarias do servizo, en segundo lugar para as xa depauperadas arcas municipais e para os traballadores e traballadoras que realizan este servizo xa que perderán o seu emprego, pasando a incrementar a alta taxa de desemprego existente.
O decreto tamén establece unha nova regulación da participación económica das persoas usuarias no custe do Servizo de Axuda no Fogar que incrementa de xeito substancial en case todos os tramos de renda o copago a realizar.
Por todo isto, o BNG do Son defenderá esta moción para instar á Xunta de Galiza que manteña o financiamento dos gastos derivados da prestación do Servizo de Axuda no Fogar Básico no noso concello, que contribúa economicamente ao mantemento da totalidade dos servizos sociais comunitarios do concello, que non incremente a participación económica das persoas usuarias no custe do Servizo de Axuda no Fogar, e que derrogue este decreto e negocie outro no marco da FEGAMP.
Arquivos para descargar

0 comentarios:
Publicar un comentario