:logo-ecg: | Comarcas
O goberno local traballa na actualización do padrón para regularizar a situación e poder cobrarlles a estes propietarios os atrasos // Ven de darlle luz verde ó orzamento deste ano, que supera os 6,2 millóns de euros, e que segundo a concelleira de Facenda "é realista e adaptado ó escenario de crise"
O Concello de Porto do Son ven de aprobar, cos votos a favor de PP e AVS, os presupostos para 2012, que superan os 6,2 millóns de euros fronte ós 4,4 millóns das contas prorrogadas de 2011. A concelleira de Facenda explicaba este venres en Caixón de sastre, o magacín matutino de Radio Obradoiro, que, malia esa diferencia, son "uns orzamentos realistas e adaptados ó escenario de crise".
¿Como se xustifica o incremento? Segundo María José Maneiro, ven dado fundamentalmente "polos impostos indirectos, e sobre todo polo incremento do IBI aprobado polo Goberno central". Tamén explicou que "se van revisar e actualizar as ordenanzas, moitas delas obsoletas, e se vai revisar o padrón para poder cobra os atrasos". Neste sentido, a concelleira engadiu, a modo de exemplo, que "dende a Deputación da Coruña se lle está cobrando a taxa do lixo a 5.000 vivendas, cando segundo o catastro hai 7.000 no concello". A edil recoñeceuse "sorprendida, porque non se tomara ningunha medida ó respecto, xa que é un perxuízo para os veciños que pagamos". A respecto das ordenanzas, concretou que se vai modificar a dos vados e ocupación da vía pública.
O capítulo de gastos vaise recurtar nun 20% no tocante ós gastos correntes. Maneiro dixo que "se van eliminar gastos superfluos en tódalas áreas, se van tomar medidas para reducir o gasto enerxético e vanse seguir negociando descontos cos proveedores". Polo que respecto ó gasto de persoal, "o obxectivo era manter o cadro actual. Creo que o imos conseguir, aínda que a situación non é boa". Apuntou neste sentido que se poderán manter os postos de traballo actuais "sempre e cando consigamos reducir o gasto por contratacións externas para suplir baixas e permisos".
A concelleira de Facenda tamén lle respostou ó portavoz do PSOE, Xoán Pastor, que acusou ó executivo de antepoñer nas contas o afán recadatorio. "A regularización é necesaria, e os socialistas deberían entendelo".
0 comentarios:
Publicar un comentario