:logo-lvg: | Barbanza
Rey di que a historia da entidade que preside «é de loita día a día»
O medo ao diferente está aí. Existe. E aparece moitas veces. Pero, conforme se ten, tamén pode perderse. E é marabilloso cando se esfuma, porque así un dáse conta da diversidade da vida. Quizais esa sexa unha das máis importantes leccións que se sacan con só visitar unha vez o centro de Ambar en Ribeira onde, como na vida, a variedade existe. Esa aprendizaxe faise máis profunda cando un conversa con Milagros Rey, a presidenta dese colectivo, que no 2012 celebra tres décadas loitando polos dereitos das persoas con diversidade funcional. A conversa empeza polo principio, por como xurdiu iso que se chama Ambar...
-¿Por que naceu Ambar, que oco había que encher?
-No 1982 non había ningunha asociación na comarca que loitase polos dereitos das persoas con diversidade funcional. En parte, iso viña dado por tratarse dunha zona dispersa xeograficamente, onde era difícil que un colectivo saíse adiante. Ambar logrou encher ese oco.
-E dende entón as persoas con diversidade funcional teñen un punto de apoio incondicional. ¿Como é o momento no que nunha familia hai que afrontar que un dos membros é una persoa con discapacidade?
-Cada caso é un mundo. Pero é habitual que as familias pasen por un proceso de asimilación, no que te tes que dar conta de que o teu fillo ou filla é unha persoa con diversidade funcional. E ás veces iso non é fácil. Tamén está o momento do duelo e pode que tamén haxa unha etapa de culpabilidade, onde os pais e nais se preguntan que fixeron mal... Ata que te das conta de que non hai culpables. De que isto é unha loita día a día, dende a familia e dende colectivos como Ambar.
-Cando as familias se dirixen a Ambar pode que non só os seus fillos ou fillas necesiten apoio, senón os mesmos pais...
-Ás veces si. Hai pais de todo tipo. Algúns aos que lles custa moito aceptar as cousas, e outros moi realistas. Hai pais que chegan aquí e quedan asombrados coa autonomía que teñen as persoas que acoden ao centro. Pensan que os seus fillos nunca poderán chegar a ser tan autónomos, e nós intentamos facerlles ver que a autonomía é algo que se traballa. Ás veces hai cousas que te emocionan, como cando neste entroido unha nai chorou como unha madalena ao ver ao seu fillo participando, como un máis, nas actividades.
-En Ambar atenden a persoas maiores de idade, ¿que pasa antes, é bo loitar para que persoas con diversidade funcional acudan a colexios ordinarios?
-Por suposto. Nós somos partidarios de que vaian a un colexio normal. Temos que loitar pola inclusión dentro da diversidade. E non só é bo para eles, senón para o resto dos nenos, que así se dan conta de que a vida e as persoas son diversas.
-Para moitos pais de fillos con diversidade funcional a gran preocupación é que pasará cando eles falten... ¿Un centro como Ambar axuda a calmar esa inquietude?
-Si. Sobre todo o que axuda é ver que un fillo ou filla empeza a ter autonomía, que pode dende lograr abrochar o abrigo a cousas moito máis complexas. Aquí edúcase para a autonomía dentro da capacidade de cada persoa. Un reto noso son as vivendas con apoio, que axudan a calmar esa inquietude da que falabas.
-Fala de vivendas con apoio, non tuteladas. ¿Hai que distinguir entre apoiar e sobreprotexer?
-Si. Hai que distinguir. Non necesitan sobreprotección, só apoio. Ao igual que alguén con diversidade funcional non pide esmola, senón dereitos. Como todos, merecen oportunidades.
milagros rey presidenta de ambar
«Neste colectivo somos partidarios da inclusión dentro da diversidade»
«O que máis axuda é ver que un fillo ou filla empeza a ter autonomía»

0 comentarios:
Publicar un comentario