15 abril 2012

Charla sobre o gurgullo do eucalipto


Invitámosvos a charla sobre o gurgullo do eucalipto que terá lugar o vindeiro martes 17 de abril na casa de cultura de Porto do Son as 20:30 horas a cargo de ASEFOGA (asociación sectorial forestal galega).

Poderán asistir todos os veciños que así o queiran.

O gurgullo ou pulgón do eucalipto é un insecto coleóptero orixinario de Australia, que está a causar grandes estragos nas plantacións de eucaliptos de toda Galicia, e a nosa zona vese igualmente afectada por esta plaga. Este insecto aliméntase das follas e os gromos dos eucaliptos mermardo o seu crecemento e diminuindo a produción de madeira. É difícil de erradicar porque non ten depredadores n aturais que acaben con el e hai que tratalo con produtos fitosanitarios.

Esperamos sexa de interesa para toda a veciñanza,

Un saúdo

0 comentarios: