16 noviembre 2011

Hernández confirma a mellora da estrada entre Porto do Son e Noia

:logo-ecg: | Comarcas

As obras significan un beneficio para os case 23.000 habitantes da zona, incluíndo tanto residentes como poboación estacional

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, mantivo hoxe unha reunión con alcalde da vila coruñesa de Porto do Son, José Luís Oujo Pouso, na que lle confirmou que a Xunta de Galicia levará a cabo a mellora de seguridade vial da estrada AC-550, concretamente o treito que une as localidades de Noia con Porto do Son, dende o punto quilométrico 73+250 ao 98+900, é dicir, aproximadamente 25 quilómetros. Para levar a cabo esta actuación, que dará comezo no primeiro semestre do ano 2012, o departamento que dirixe Agustín Hernández aportará un orzamento de 1,5 millóns de euros

Neste momento estase a redactar o proxecto de construción, que incluirá a reparación do firme existente, mediante fresado e reposición, así como a aplicación posterior dun aglomerado en frío. Por outra banda, levaranse a cabo outro tipo de traballos que permitirán mellorar as condicións actuais da estrada, como a reposición de marcas viais e das sinais verticais.

Cabe sinalar, as obras desta vía, que forma parte da rede primaria básica das estradas galegas, significan un beneficio para os case 23.000 habitantes da zona, incluíndo tanto residentes como poboación estacional.

Variante Portosín
Por outra banda, no transcurso da reunión, o responsable de Medio Ambiento do Goberno galego aseguroulle ao edil de Porto do Son que tamén se traballa para sacar a diante a Variante de Portosín, unha infraestrutura prevista no Plan Move, cunha lonxitude de sete quilómetros, cuxo trazado se coordinará coa Variante de Noia que se está a construír. Así mesmo, estes traballos contarán coa colaboración do Concello co fin de incluír a Variante Portosín no planeamento municipal.

O estudo informativo e impacto ambiental da Variante de Portosín será emitido de novo, posto que agora faise necesario modificar dita infraestrutura para como xa mencionamos anteriormente se acople á Variante de Noia.

Parque empresarial
Agustín Hernández tamén confirmou ao alcalde de Porto do Son que no novo Plan Sectorial de Áreas Empresariais que está a elaborar a Xunta de Galicia incluirase o Parque Empresarial de Porto do Son.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Por todas estas cousas eu alucino cando aínda hai quen se atreve a dicir que este goberno non fai nada, e que na Xunta pasan do noso alcalde.... non o hai máis peleón!! e estase demostrando. Creo que por fin, temos no noso Concello un alcalde á altura.

Anónimo dijo...

Pero aínda non incluiron a variante de Portosín no PXOM?, e logo o bipartito mandaouno á Xunta sen facer esa inclusión?, !!non o podo crer!!. Pero o máis íncrible aínda e que este novo goberno teña que manter unha reunión en Santiago para comprometerse a incluíla neste PXOM fantasma (que todos falan del pero nunca da chegado), cando xa o debia de facer, xa que a redacción dun PXOM é un proxecto de futuro para un concello, ou a realidade sera outra ven distinta, será que o conselleiro lle dizo que iso da variante queda arrinconado polo momento e esta é unha excusa para vender fume xa que estamos en campaña, vexamos que listo e agudiño é o noso alcalde.

Anónimo dijo...

Veña, todo é culpa do anterior goberno ¿non?. Según vos tería que ter feito en 18 meses o que os outros non foron quen de facer en 3 anos.
Acaso ahora non vos acordades de que a xunta poñía seguido trabas ó PXOM, e despois incluso afirmaron sospechosamente que o aprobarían "despois das eleccións municipais".
Por certo, algún ainda non sabe o que é o PXOM