24 noviembre 2011

Baño Homenaxe a Peich na praia do Fonforrón - 26 de Novembro


Este sábado 26 cúmprese un ano da triste perda do noso gran amigo e bodyboarder Peich. Para renderlle homenaxe convocamos un baño libre na praia do Fonforrón, sobre as 12 da mañá. Farase unha ofrenda floral composta por todos os que queiran asistir e será entregada ao mar. Todo o que queira asistir que traia o seu equipo completo de surf/bodyboard e unha flor.

Xa que a el nunca lle gustaron as despedidas tristes, lembrarémolo brindando no pico cunhas cervexas.

Vía: http://www.surfgz.com

0 comentarios: