14 febrero 2013

Complemento para titulares de pensión non contributiva que residan nunha vivenda alugada

OBXECTO:

Establecer un complemento de pensión dirixido a persoas beneficiarias de pensións non contributivas de xubilación e invalidez que carezan de vivenda en propiedade e residan de forma habitual nunha vivenda alugada como titular do contrato, sempre que o/a propietario/a daquela non teña relación de parentesco co/coa pensionista ata o terceiro grao.

REQUISITOS:

- Ter recoñecida unha pensión non contributiva de xubilación ou invalidez.

- Carecer de vivenda en propiedade.

- Ser titular do contrato de arrendamento da vivenda na data da solicitude.

- Non ter coa persoa arrendadora da vivenda alugada relación conxugal, análoga á conxugal ou de parentesco ata o 3º grao.

- Ter fixada a súa residencia habitual na vivenda alugada.

CONTÍA:

A contía do complemento para o ano 2013 é de 525 € anuais, que se fará efectivo nun pagamento único.

DOCUMENTACIÓN:

- Solicitude.

- Certificado catastral telemático que acredite a carencia de vivenda en propiedade.

- Fotocopia cotexada do contrato de arrendamento no que figure a localización da vivenda, a identificación do arrendador e do arrendatario e a duración do contrato. No caso caso de inexistencia de contrato, outro medio de proba válido en dereito.

- Certificado de empadroamento.

- Declaración responsable do/a pensionista de non ter relación de parentesco ata o 3º grao co/a arrendador/a da vivenda.

LUGAR DE PRESENTACIÓN:

Servizos Sociais Comunitarios.

PRAZO:

Ata o 31 de decembro de 2013.

0 comentarios: