:logo-lvg: | Barbanza
Finalmente, as xestións que veu realizando durante as últimas semanas a asociación de veciños Sartaxas deron os seus froitos. Dende o colectivo xa se asegurara hai un mes que había unha entidade bancaria firmemente interesada en instalarse na localidade sonense de Xuño, onde Novagalicia Banco tiña unha oficina que pechou as súas portas no pasado mes de decembro, e agora anunciou que será o Banco Pastor o que preste servizo aos veciños desta e outras parroquias do municipio.
A presidenta da asociación Sartaxas confirmou que a apertura dunha sucursal do Banco Pastor en Xuño é practicamente un feito, toda vez que os responsables da operación autorizaron que se dese a coñecer o nome da entidade e que, ao parecer, xa se firmou o contrato de arrendamento do local no que se instalará a oficina. Dáse a circunstancia de que o baixo que ocupará é o mesmo no que prestou servizo Novagalicia Banco ata o pasado 10 de decembro.
Última reunión
Os responsables do Banco Pastor quixeron evitar que o nome da entidade saíse á palestra antes de que se confirmara definitivamente a apertura dunha oficina en Xuño, algo que aconteceu o pasado xoves no transcurso dunha reunión cos responsables veciñais que xestionaron a chegada dun novo banco á localidade.
Atrás quedan pouco máis de dous meses de contactos e xestións para evitar que os veciños de Xuño, e de parroquias coma San Pedro ou Caamaño, quedaran sen servizo tralo peche de Novagalicia Banco.

0 comentarios:
Publicar un comentario