15 noviembre 2011

«O clásico danos a técnica, pero o noso estilo é moderno»


:logo-lvg: | Barbanza

Puxo en marcha o ano pasado a escola de música de Porto do Son e, coa axuda do seu equipo de mestres, Ramón Leis (Outes, 1973) xa conseguiu importantes retos. Agora, afronta este segundo curso co ánimo de seguir medrando. Polo de agora, conta con preto dun cento de alumnos, aínda que o prazo de matrícula continúa aberto.

-¿Con que novidades arrancou este segundo curso na escola de música de Porto do Son?
-A principal é que temos unha mestra de canto, Bea Porrúa, que domina técnicas tanto de clásico como de moderno. En xeral, a nosa escola ten un elemento diferenciador, que é o feito de estar enfocada cara a música moderna, o jazz. O que pretendemos é formar aos rapaces para que o día de mañá poidan acceder ao conservatorio de jazz da Coruña, no que por certo non se pide grao medio. O clásico danos a técnica, pero o noso estilo é moderno.

-A nivel de materias, ¿está completa a escola?
-Teño gañas de introducir o contrabaixo, que vai ser o seguinte paso a dar. A música moderna implica a creación de combos de jazz e o contrabaixo é necesario.

-¿Que valoración fai desta primeira etapa de funcionamento da escola?
-Fenomenal. Non só medramos en número de alumnos, senón que os rapaces que continúan están más motivados, pois coñecen os instrumentos e saben tocalos. Seguimos facendo un gran esforzo na materia de solfexo, que é o que máis lles custa xa que é parte teórica da escola e obrígalles a estudar na casa.

-¿Como se van traducir estes coñecementos adquiridos polos alumnos a nivel de actuacións?
-Xa a finais do curso pasado, concretamente no mes de xullo, presentamos unha banda de música cun repertorio moderno, con temas de bandas sonoras. Ese estilo é a nosa aposta para marcar a diferenza con respecto a outras escolas. A banda pretende ser o gran escaparate da escola de Porto do Son, pero a idea é que actúen tamén outros grupos. No Nadal, por exemplo, imos ofrecer un concerto no que se presentará aos novos cantantes e tamén haberá interpretación de temas a cargo de pequenas formacións. Cos nenos de tres a cinco anos, por exemplo, imos preparar panxoliñas.

-Nestes intres, as escolas de música experimentan un auténtico bum en Barbanza pero, ¿cre que esta situación se vai manter no futuro?
-Eu empecei así e vivo da música e, coma min, moitísimos colegas. Esta profesión ten un sinfín de saídas profesionais, desde mestres ata funcionarios en bandas de música ou integrantes de orquestras de grupos. Ademais, o que non remate dedicándose a isto, terá cultura musical, que é importante.

-A longo prazo, ¿cal é o seu obxectivo?
-Pois formar a cantos máis rapaces, mellor e conseguir que gocen, que o pasen ben. Hai moitos nenos que teñen talento e non o saben.

-¿Aspira a formar unha gran banda?
-Claro que si, pero o normal é que saia a partir de tres ou catro anos de formación. A banda que hai é para que os rapaces amosen os coñecementos.

«A banda pretende ser o gran escaparate da escola de Porto do Son»

«Queremos formar aos rapaces para o conservatorio de jazz da Coruña»

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi ben, para este mestre que tenta facer algo positivo polos nenos do noso concello e polo nome do "Son".
Animo!!!
Queremos ver a NOSA BANDA DE MÚSICA, XA!!!!!

Anónimo dijo...

Ramon leis eres genial sigue asi haces un gran trabajo y lo mas importante tus alumnos te quieren