31 julio 2014

Nota de prensa do BNG

O pasado luns, 28 de xullo, tivo lugar un pleno extraordinario cun único punto na orde do día, a aprobación do uso dos cartos do remanente de tesourería (máis de 900.000 euros). Como xa sabedes este asunto foi levado ao pleno ordinario do pasado 10 de xullo e o goberno non logrou aprobalo polo voto en contra do BNG, PSOE e Non Adscritos, por non contar con eles para chegar a un consenso na distribución do uso deses cartos.

A actitude prepotente, dictatorial e chulesca deste goberno levounos a convocar este novo pleno e, de novo, sen previa negociación, polo que xa sabían de antemán que o voto ía ser o mesmo que no anterior pleno. Por que o convocan sabendo que vai saír rexeitado de novo? A resposta é moi sinxela, cando o fixeron xa contaban coa ausencia do Sr. Leis e, deste xeito, ao producirse un empate na votación, decide o voto de calidade do Alcalde. Todo dentro da legalidade, mais non da moralidade, porque un concelleiro pode ausentarse dun pleno pero habería que saber os motivos "reais" desa ausencia.

Parece ser que cando o posto de traballo dunha persoa depende directamente do goberno municipal de quenda, corre o risco de que algunha xente non diferencie a vida pública da persoal.

Por este motivo e para que no futuro non volva ocorrer o acontecido no último pleno, o BNG de Porto do Son agarda que o PSOE actúe en consecuencia e que o Sr. Leis faga efectiva a súa renuncia á acta de concelleiro de forma inmediata.

Avenida de Galicia, 68 - 1º - 15970 Porto do Son
Teléfono/Fax: 981767100
portodoson@bng-galiza.org
www.bng.gal/portodoson/

15 comentarios:

Anónimo dijo...

Pastor, ¿ides deixar que por segunda vez Ángela e "coleguis" vos manipulen chulescamente? Alá vos se queredes ser os seus TITERES.

Anónimo dijo...

Resposta de Ramón Leis aos delirios do BNG:

"Comunicado de Ramón Leis, concelleiro socialista de Porto do Son, diante das noticias aparecidas nos últimos días"

Diante das noticias aparecidas nos últimos días nos medios de comunicación social, e máis concretamente despois de coñecer no día de hoxe as manifestacións públicas, do grupo nacionalista do BNG e tamén do lider do Partido Popular de Porto do Son, sobre a miña ausencia no pasado pleno extraordinario da Corporación Municipal quero manifestar o que a continuación segue:

1.-Son veciño de Porto do Son e como persoa de esquerdas formo parte do PSdeG-PSOE. O meu compromiso co pobo no que vivo levoume a participar na candidatura socialista nas pasadas eleccións municipais. Quero deixar claro que non vou consentir que ningunha forza política, do goberno ou da oposición cuestione o meu compromiso co pobo de Porto do Son nin ensucie o meu nome con falsas acusacións ou con veladas insinuacións sobre min.

2.-Son concelleiro do PSdeG-PSOE, estou firmemente comprometido co meu partido e co conxunto de compañeiros e compañeiras que formamos a familia socialista. Teño o firme propósito de rematar o meu mandato como concelleiro representado aos Socialistas de Porto do Son e non permito nin permitirei inxerencias externas, nin de quen ostenta o goberno (PP-AVS) nin de quen está na oposición (BNG).

3.-Para quen non teña toda a información, estaba convocado para o día xoves 24 de xullo un Pleno Extraordinario da Corporación de Porto do Son e o alcalde a última hora cambiou a data para o luns día 28. A miña ausencia nese pleno debeuse única e exclusivamente a motivos de índole profesional, xa que nese data tiña unha actuación profesional xa concertada con seis meses de antelación. Calquera outra intoxicación ou insinuación calificoa de falsa e sen fundamento. Eu non vivo da polítca, son un músico profesional e como tal ésta é a actividade que desenvolvo desde fai máis de vinte anos de carreira profesional.

Non permitirei que ninguén poña en dúbida a miña dignidade persoal, o meu compromiso como militante socialista, e a honestidade da que levo facendo bandeira en tódalas miñas actividades políticas e profesionais, nomeadamente nos últimos anos como formador musical en Porto do Son, co recoñecemento de máis de cen familias do termo municipal.

A miña actividade profesional non condiciona nin condicionará nunca o meu compromiso político, cuestión que quero deixar clara, advertindo que non vou permitir que ninguén poña en dúbida a miña integridade.

4.-Nese sentido ratifico o meu compromiso de asistir a tódolos plenos da Corporación Municipal, impulsar iniciativas políticas dende o PSdeG-PSOE para censurar a mala xestión política do actual goberno municipal e tamén para contribuir ao que o PSdeG-PSOE sexa a forza máis votada nas seguintes eleccións municipais e os veciños e veciñas nos poidan devolver a confianza.

5.- Ratifico o meu compromiso, como veño facendo nos últimos tres anos, co pobo de Porto do Son, cos meus veciños e veciñas e coa miña formación polítca, o PSdeG-PSOE.

Considero necesaria unha alternativa ao goberno municipal que temos na actualidade, e como militante e concelleiro socialista traballarei para que nas vindeiras eleccións municipais o concello de Porto do Son poida volver a ter un goberno progresista.

Porto do Son, 31 de xullo de 2014

Anónimo dijo...

O primeiro en reclamar a túa dimisión foi o PSOE
Alguen cree que o Sr.Oujo e tonto? Pensas que sin negociar con naide presentaria un pleno pra facer o ridiculo?
Tomasnos os demais por tontos?

Anónimo dijo...

A manipulación e de que fai listas de ......,pra defender os intereses dos VECIÑOS

Anónimo dijo...

Se te ha olvidado decir que la respuesta de Ramón Leis no solo es, y repito tus palabras, "aos delirios do BNG". Ramón Leis dirige este escrito tanto a BNG como a PP-AVS con frases como "despois de coñecer no día de hoxe as manifestacións públicas, do grupo nacionalista do BNG e tamén do lider do Partido Popular de Porto do Son..." o su compromiso a "censurar a mala xestión política do actual goberno municipal".

Es decir, no solo contesta al BNG sino también al PP-AVS, suponiendo que AVS sea un partido independiente, lo que es mucho suponer.

Anónimo dijo...

Sr. Leis,aplaudo su comunicado para justificar la ausencia al último Pleno Extraordinario del pasado día.El gran problema es que ud, no explica porqué no comunicó ni justificó ante el plenario su ausencia,cosa que debería hacerlo en tiempo y forma e igualmente explicar el porqué su portavoz municipal desconocia su falta al pleno.
De cualquier manera,muchos de los argumentarios publicados por el BNG son la auténtica realidad y que ud es un "pata negra" laboralmente hablando,es la auténtica realidad.
Lo sorprendente de sus declaraciones es la firme convicción que muestra de continuar como concejal,algo que,ud en muchas veces manifestó, sus ganas voluntarias de abandonar el acta y la política.¿será una imposición por parte de "sus superiores" que le marcan sus movimientos políticos?.

Anónimo dijo...

Pobre sr leis. Acaso se le pedian explicaciones a la sr.a torres por faltar dias y dias a los plenos? Donde estaba la oposicion pidiendo cabezas?? Desde. Luego.... lo unico que me gustaria es ver al sr leis de numero 1.

Anónimo dijo...

Pastor deberia pedir perdon a Ramon Leis publicamente. Que la oposicion lo critique vale pero desde el propio partido lo lapiden eso ya no es muy etico. Acaso tienes miedo de que ocupe tu silla?? Dado los nefastos resultados electorales que conseguiste lo logico seria darle una oportunidad a este chico. Animo. RAMON ESTAMOS CONTIGO. SI VAS DE NUMERO UNOYO TE VOTO.

Anónimo dijo...

Pastor porque non te arrimas mais a begoña lesende. Poida k che enseñe mais de politica do que saves ti.

Anónimo dijo...

Quero facerlle unhas cuantas precisións ao concelleiro do ¿ ?, señor Leis:

1.-Son veciño de Porto do Son e como persoa de esquerdas formo parte do PSdeG-PSOE. O meu compromiso co pobo no que vivo levoume a participar na candidatura socialista nas pasadas eleccións municipais. Quero deixar claro que non vou consentir que ningunha forza política, do goberno ou da oposición cuestione o meu compromiso co pobo de Porto do Son nin ensucie o meu nome con falsas acusacións ou con veladas insinuacións sobre min.
1.- O seu compromiso co pobo do Son entre outros e conseguir que se reparta o presuposto da millor maneira posible. O luns pasado tivo esa histórica oportunidad e vostede escaqueouse, permitindo así que o equipo de goberno o distribuia como lle pete. ¿De que compromiso me fala, señor Leis? Respecto ás manchas: son os nosos propios actos os que nos manchan ou ennoblecen.
2.-Son concelleiro do PSdeG-PSOE, estou firmemente comprometido co meu partido e co conxunto de compañeiros e compañeiras que formamos a familia socialista. Teño o firme propósito de rematar o meu mandato como concelleiro representado aos Socialistas de Porto do Son e non permito nin permitirei inxerencias externas, nin de quen ostenta o goberno (PP-AVS) nin de quen está na oposición (BNG)
2.- E vostede concelleiro do PSOE. E o único que e certo. Deixe de selo, por favor, si realmente aprecia o pobo de Porto do Son, e os seus compañeiros. Que triste final, señor Leis.

Gustaríame seguir matizandolle os outros 3 puntos do seu comunicado, pero por espacio e mais porque non di nada moi distinto non o farei en este intre.

Anónimo dijo...

Xoanciño centrate en limpar a tua casa (BNG) home, e deixate de charlatanear, xa estas con meo de volver a ser superado de largo polo PSOE nas municipais? Pero si ainda cha falta un ano!!

Anónimo dijo...

Dando por suposto que vostede é quen di ser, un concelleiro do PSOE, ¿tanto lle custaba identificarse? En contra da acusación do Anónimo do 5/8/14, eu entendo que este comentario só o puideches escribir un dos 2 compañeiros de Leis. Escribirlle anonimamente, penso que non é o mellor método para consensualas cousas entre vos, por moito que lle botes a culpa ó PP-AVS, BNG e non adscrita, que non mencionas.
Para despexar dúbidas entre os votantes do PSOE, cumpre que clarifiquen isto no seu blogue, e que cando queiran mandar un escrito como este para evitar suspicacias, usen o enlace do seu blogue como fan outros.

Anónimo dijo...

Algo de medo deben de ter cando fartos de criticar por tódolos medios a ANOVA e principalmente a Beiras por ir con EU, agora Vence propugna o mesmo e incluso con PODEMOS. ¿Terá isto algo que ver que nalgúns sitios xa usan o seu circulo e cores?
De aquí a maio poden saltar moitas chispas, sobre todo vendo como varios dos seus alcaldes fan piña común firmando un manifesto.

Anónimo dijo...

Ánxela, levo votando ao BNG toda vida, de aí que sexamos amigos no facebook, polo que gustaríame saber que queres dicir con esta lenda que compartistes na túa conta, e que di: El mejor enemigo de un gobierno corrupto, es un pueblo culto. ¿Estáste referindo a como gobernan os teu compañeiros en Nebra, e chamándolles incultos ós seus veciños? No digo solo por regalarlle o monte a uns gandeiros, se non porque segundo lle escoite o sábado a uns veciños, levan máis dun ano sen celebrar unha asamblea, sen aprobalo censo, e sen darlles as contas. Vamos todo un exemplo de claridade e transparencia, algo do que tanto presumides, cando non gobernades vos.
Non es quen de mantelo orde non teu partido e ¿querelo facer no PSOE e PP-AVS, acusando a estes de pretender que lle aprobásedes obras xa feitas? Pois eses veciños están agardando a que cando se dignen a convocalos, saber que lles van poñer na convocatoria con respecto a ese peche e mesmo facían cabalas.

Anónimo dijo...

Desde luego en cinismo es muy difícil superar al BNG. No van y se quejan de que en Moeche fueron la lista más votada para echarle en cara esto Feijóo, porque gobierna el PP en coalición y tienen razón, pero se les olvidó mencionar que aquí gobernaron 2 años tras la vergonzosa moción de censura.

Por que no nos recuerdan que en Noia a pesar de que el PP, fue el partido más votado en dos legislaturas, pactaron de nuevo con el PSOE a pesar de expulsarlos en la anterior legislatura, y que en este ocasión motivó la escisión de varios militantes?.

Quien ganó y gobierna en Rianxo?. Podríamos seguir, pero no vale la pena. Ah y en Muros gobernaron con el PP, a pesar de que lista más votada fue el PSOE.

Si sale adelante la propuesta del PP y vuelven a ganar en esos pueblos, podrán gobernar con todo derecho, pero no les gusta la idea, porque serian oposición donde ahora son unos CÍNICOS Y APROVECHADOS.