17 diciembre 2013

Barbantia volveu a engrandecer a cultura

:logo-lvg: | Barbanza

Ten afeitos aos veciños da bisbarra a convocar unha cita cada último venres de mes, pero Barbantia fixo un cambio con motivo das festas de Nadal. Adiantou a súa chamada cultural e fíxoa coincidir coa entrega dos Sereos, que foron a parar ás mans do historiador Manuel Mariño del Río, da escritora Aurora Marco e da presidenta de Ambar, Milagros Rey. Eles foron os protagonistas da foto de familia da xornada, na que tamén estaban, por parte da entidade cultural, Xesús Laíño, María Xesús Blanco e Manuel Cartea; e, por parte do Concello anfitrión, Outes, o seu alcalde, Carlos López Crespo. Ata esta localidade tamén se desprazaron os rexedores de A Pobra, Isaac Maceiras; Rianxo, Adolfo Muíños; e Lousame, Teresa Villaverde.

Dous rianxeiros cobraron un protagonismo especial na gala. A actriz e directora de Airiños, Esther Carrodeguas, foi a encargada de presentar o acto; mentres que o artista Che Tembra sorprendeu a gran familia de Barbantia facéndolle entrega dun agasallo: un Sereo feito con refugallos de metal.

Como ven sendo habitual, a cita convocada por Barbantia congregou a un número importante de veciños vinculados ao mundo da cultura. Déronse cita en Outes, entre outros, os historiadores Xesús Santos, Maxi Olariaga e Xerardo Agrafoxo; o escritor Antón Riveiro Coello e o artista Alfonso Costa. Foi un día grande, no que a cultura volveu a escribirse con letras maiúsculas.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Está claro que a Cultura non vai cos peperos do Son.Na entrega dos sereos non asistiu naide en representación do Concello de Porto do Son,cando, dos 3 galardoados nesta edición,2 deles pertencen ó Son.Por riba de envidias,revanchismos,etc...hai un rigor institucional de protocolo que se debe cumprir sempre, pero istas cousas quédanlle fóra do alcance deste bigoberno.!!así é como se apoia ós difusores e investigadores da Cultura sonense cando se lles recoñece a súa traxectoria!!!.

Anónimo dijo...

Non lle pode interesar a cultura a quen non a ten, "y para muestra un botón": casas da cultura como a de Sampedro están arruinadas e abandonadas por non ofrecer ningún tipo de servicio/exposición/espectáculo/actividade
A cultura de Porto do Son quedou nas urnas das eleccións municipais do 2009

Anónimo dijo...

Aos difusores e investigadores deste concello nunca se lles recoñece a súa traxectoria, mesmo en ocasións se os ten vilipendiado, senón remítanse á hemeroteca e a todo o que se leva dito dun dos premiados nesta ocasión, por parte de este ilustrado alcalde e corporación de goberno. Recoñécense méritos que non se teñen, saben vostedes que se lle vai dedicar unha rúa ao niñato ese do Jorge Lorenzo, ese que cando viña ao pobo ia de divo e lle importaba tres pitos o mesmo, si, si; ese maiorquín encantado de ser conveciño de Rafa Nadal.
E de cultura van falar? Non se esforcen, neste concello calquera actividade cultural ten que pasar por as mans da cuñadísima e non da concelleira de cultura, paradoxos? Non, ten que estar todo trilladiño e para facerse cargo das actividades culturais é preciso que pase polas mans do séquito de "Santas mujeres" que pagan favores a Lydia e ao concello.
Así mesmo, as actividades do Nadal, como non; xa están apalabradas desde hai meses, e as monitoras/es que acudirán a facer as actividades, son todas as amigas da tornillos. Que curioso? Ás nosas fillas non se lles ofrece a oportunidade de teren traballo nestas datas, tampouco.
E gustariame que me aclarasen por qué nestes últimos días o Centro de interpretación está pechado as 24 horas do día, así como o Museo de abaixo, porque veu un familiar para velos e resulta que non habia que enseñar,... así que vexan cal é o plantel cultural que ofertamos.

Anónimo dijo...

Anónimo do 17/12/13 ás 14:46, vostede saberá que pon cualidades e calidades nestes políticos que non teñen. Desengánese! Moitos deles non leron un libro na súa vida, ou polo menos dos dous galardoados, podo xurarlle que non. Non teñen nin idea das súas traxectorias persoais e profesionais, pero deberan saber que grazas aos traballos que levan publicado, moitos dos estudantes sonenses teñen aprobado asignaturas baseándose nos mesmos, e teñen collido pulo para faceren novas cousas e carreiras vencelladas ás achegas dos dous. Por tanto, vaia a miña gratitude persoal para cada un deles! E o meu absoluto desprezo por uns iletrados que nos gobernan e despilfarran ás nosas costas. Saiban, que a historia non será benevolente con eles, posto que dos ruíns e aparvados nada se lembra, e menos; se o Sultán destrúe documentación municipal dos arquivos, como xa se ten feito ao longo da historia de este "pobre" concello.