08 junio 2013

Xornadas Ambientais



Este xoves día 5 de xuño, celebráronse no CEIP de Portosín unhas charlas medioambientais que se organizaron dende a Concellería de Medio Ambiente de Porto do Son, en colaboración con Distrito IV forestal de Noia.

As charlas foron impartidas polos axentes medioambientais Xan Portela e Benigno Sánchez e como representante do concello, Antonio Romero, Concelleiro de Medio Ambiente.

Os alumnos de primaria asistiron á charla que levaba o título "A Pillara das dunas en Porto do Son", unha ave clasificada como Vulnerable, pois hai moi poucos exemplares na nosa costa. Os axentes insistiron na importancia de coidar e respetar as nosas praias e humedáis, porque na época estival e cando a Pillara anida na costa.

Para os máis pequenos de Educación Infantil, relatouselles un conto animado no que un "Teixugo" percorria o monte encontrándose con outros animais e falaban sobre nosa flora e fauna.

As xornadas coincidiron co Día Mundial do Medio Ambiente

0 comentarios: