:logo-lvg: | Barbanza
Co obxectivo de axudar aos veciños sen traballo, en especial a aqueles con maiores dificultades para acceder ao mercado laboral como parados de longa duración, demandantes sen cualificación profesional, maiores de 45 anos ou persoas con discapacidade, o Concello de Porto do Son organiza un curso para a busca activa de emprego. A actividade, gratuíta, desenvolverase entre o 17 e o 21 de xuño e os participantes coñecerán as ferramentas e instrumentos máis eficaces para ter éxito na busca dun posto de traballo.
As persoas que estean intersadas en participar no curso, organizado polo departamento de Servizos Sociais, poden solicitar máis información chamando ao 981 867 414.
As persoas que estean intersadas en participar no curso, organizado polo departamento de Servizos Sociais, poden solicitar máis información chamando ao 981 867 414.
0 comentarios:
Publicar un comentario