04 junio 2013

Sinatura de dous convenios de colaboración entre o Concello de Porto do Son e a Deputación da Coruña para conservar Baroña


Diego Calvo, presidente da Deputación da Coruña e o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo Pouso asinaron onte dous novos convenios de colaboración:

Un proxecto ten que ver co programa de actividades do Centro de Interpretación do Castro de Baroña. Trátase dunha subvención nominativa anual de 20.000 euros co cal finánciase o funcionamento do Centro de Interpretación do Castro de Baroña, o persoal do Centro e a Feira Celta.

Outro dos programas trátase dun proxecto de conservación arqueolóxico e posta en valor do Castro de Baroña. A inversión total é de 60.000 € e está destinada a garantir a conservación das estructuras do xacemento, facilitar a súa observación e posibilitar as visitas ao castro.

0 comentarios: