11 julio 2014

Bloqueo de la oposición y la edil no adscrita de O Son al remanente de tesorería

:logo-ecg: | Terras de Santiago

ambién cambian el pleno de día y hora // Franco, expulsada por insultar al alcalde

La ex concejala del PP sonense Asunción Torres se ha pasado ayer oficialmente al grupo de no adscritos dejando al grupo de gobierno del PP-AVS en minoría. Su voto fue decisivo para rechazar la aprobación de la modificación de créditos con cargo al remanente de tesorería para hacer frente al mantenimiento de servicios, a obras de acondicionamiento de pistas y a la contratación de quince jóvenes dentro del plan dual de la Xunta. Además, apoyó la moción de la oposición para cambiar de día y hora los plenos ordinarios, que a partir de ahora serán los últimos viernes de mes por la tarde.

Precisamene cuando se debatía esta propuesta el alcalde, Luis Oujo, expulsó a la portavoz del BNG, Ánxela Franco, después de que le llamara "sinvergüenza" y que se marchó de la sala comentando en tono jocoso "señor alcalde podo poñer a braga antes de saír".

21 comentarios:

Anónimo dijo...

A pouca educación á que nos ten acostumados Anxela toca fondo. De verdade que sinto vergonza allea.... debe pensar que estar na taberna cando vai aos plenos. Necesita unhas clases xa.... podía apuntarse á ESO, aínda que tamén vendo a profesora e á súa falla de recursos (limitase a desdecirse, a empregar ton irónico e a facer desplantes), mellor quedar quieto. Vaia personaxes!!

Anónimo dijo...

Asun, as rébanchas en política son malas concelleiras. Votei por primeira vez ao PP por ti, despois de ver como estando en minoría fixestes cousas boas con Manolo e porque á outra xente non a coñecía. Agora cando che apartaron maldecinme a min mesmo, pero ao ver a onde levas a túa carraxe, penso que me equivoquei ao valorarte como persoa. Explícome, levamos 3 anos de lexislatura e hasta agora, estivestes de acordo cos teus ex-compañeiros, celebralos plenos cada dous meses, como xa se fixo noutras lexislaturas, salvo nos horarios, polo que a oposición cargaba tinta contra vos porque segundo eles iso impedía a participación veciñal, cando nalgunhas cidades, tanto o PSOE, coma o BNG, tamén os celebran pola mañá. ¿A caso os veciños de Lugo, Ourense ou Pontevedra, están tódolos días a rascala? Neste caso si que discrepo coa oposición, a xente non acude aos plenos por desidia porque á mesma hora moitos bares están petados de xente, non sei se é que neles póñennos tapa e no pleno nada, a parte de ter que escoitar catro pallasadas coma onte, e no que a pesar de ser á mesma hora coma sempre, estaba petado. O mesmo que pasou noutras ocasións, como foi coas preferentes ou coa variante.
Agora alíaste coa oposición, non por favorecer aos veciños, iso tivestes tres anos para facelo. A clave está en que agora en vez de cobrar cada dous meses, pasas e pasades a cobrar, por non facer nada cada mes, a parte das asistencias ás comisiones informativas. UNHA XOGADA MAESTRA, si señor. E mentres vos enchédelos petos, nós temos que escarallalo coche por viais terceiromundistas.

Anónimo dijo...

Ánxela ten un problema, aínda non asimilou que o pobo non a quixo de alcaldesa, nin de vicealcaldesa. Término acuñado polo seu partido. E agora copiando do seu xefe, noutros tempos, quere facer dos plenos o mesmo que Vieiras, no Parlamento, porque a xente, non lle concedeu a mínima oportunidade de ser presidente da Xunta. En realidade usa ao señor Feijoo coma escusa, porque non pode facelo contra o pobo, como fan moitos polas redes, que cargan tinta contra tódolos que votaron ao Partido Popular.
Moi mal debe de andar de memoria Ánxela, cando se queixaba dos insultos que lle lanzaba Quintáns, aínda que trala moción de censura por como departían nos bares, debeuno perdoar.

Anónimo dijo...

Nótase que hay xente que toca de oído, e desafina, porque, de haber estado no pleno, vería que Ánxela Franco foi chulesca e prepotentemente provocada. Con respecto a bandeira que defenden, Anxela poido levala, pero rechazouna porque non está en venda, e menos para defender os cores de máis de 150 imputados, Bárcenas, Bigotes, Gurtel, Campeón, Pokemon, Santiago, Faes, hilillos de plastilina, relaxing cup, etc. etc., e localmente non estamos mellor. Aquí coñecemónos todos e Ánxela leva moitos anos dignificando e dándolle categoría a política, pola súa integridade e honradez, vivindo do seu traballo e non do conto, como outros, que se dedican a chupar cámara e traer pantallóns as pulpadas, á conta de Xan Pobo.

Anónimo dijo...

Si home si, a culpa sempre e dos outros, xa que ela non rompeu nunca un ovo. Non cuspas para arriba porque che pode caer na cara, no Bloque hai xente imputada e xente que se viu obrigada a dimitir, algún incluso por trafico de drogas, e non era amigo de Feijoo. Si, si, vivindo sempre do seu traballo, porque o pobo non lle dou a oportunidade de vivir do conto como a outros. Ah despois da moción de censura tamén viviu do seu traballo, ¿verdade?.
falando de traer pantallóns as pulpadas á conta de Xan Pobo, ¿esqueceuse dos que trouxo ela e quen a pagou nesas ocasións?.
¿Sabe os anos que leva metida en política esa señora?. Pois vaille camiño de superar a Fraga, a que tanto criticaba, e supoño que aínda non dixeriu que 2 novatos en política como Manolo e Luís pasasen por riba de ela e do seu partido. Pero claro os chulos e prepotentes son os demais.

S. Martínez dijo...

Na páxina do BNG do Son, dan a mesma versión imaxinativa do incidente no pleno que o señor "anónimo" defensor da honestidade do Bloque no comentario 4: Aclaracións sobre o uso dos cartos do remanente de tesourería. "Chegando ao extremo de que, unha vez rexeitada a aprobación deste punto, tentaron de novo sacalo adiante expulsando do pleno á nosa Portavoz Municipal, Ánxela Franco"

Foi expulsada por faltar ao respecto. Se aceptamos que "antes foi tentada a alporizarse", entón demostra que ten moi pouca formalidade. Non valen as excusas, esta señora actúa con prepotencia e orgullo, pensa que con insultos vai gañar algo e o único que fai é deixar en mal lugar, unha e outra vez, aos membros de vocación do Bloque e calquera iniciativa que queiran abandeirar. Que pasou co tema da variante de Portosin cando se meteron en primeira liña? O tema desapareceu, á xente deixou de importarlle. Agora viron a novidade no tema da ESO de maiores, correron unha vez saíu na prensa a reivindicación dos alumnos (tería algo que ver que foi apoiada por un representante de Podemos que nin sequera foi citado no xornal?). Como chegaron tarde, tocou compartir foto con Torres e PSOE.

A xente está farta das malas maneiras e desplantes, tanto de Ánxela, Xanxo e do presidente dos montes de Nebra (outro que tal baila, se para eles o alcalde de Santiago Agustín Hernández está no posto de maneira ilegal, que me expliquen a situación de Santi e cuadrilla). Podía ser que algún de base viñese con boas ideas de cambio, pero moi difícil vai ser sacar da primeira fila a estes tres, e ao que se saia do guión, vano humillar como ao de Nebra.

Anónimo dijo...

Estes cada vez andan máis co pé cambiado. A raíz do seu comentario atopeime con isto: A Bng Porto Do Son le gusta un enlace.
17 de enero
O que tal fai algún escudándose baixo a anonimato, son capaces de mentir descaradamente sen importarlle nada, estes son feitos propios de ratas. Claro xa se lles esqueceu cando as ratas eran eles, e non fai tanto como poñían a parir a Asun e agora case a poñen nun altar.
http://www.bng-galiza.org/portodoson/2014/01/17/nota-aclaratoria-da-homenaxe-a-ramon-sampedro/
www.bng-galiza.org

Obviamente se o publican eles é normal que lles guste, aínda que individualmente só lle gustou a catro, a Xanxo ó fillo, ó outro edil e outro máis.
O rechamante é que mentres se molestan en defenderse dun suposto anónimo. Non son quen de rebater a quen da a cara, que curiosamente non é outro máis que o veciño de Nebra, o seu excompañeiro: http://pacodomartelo.blogspot.com.es/2014/01/hai-quen-se-empena-en-poner-pexas-no.html.
Notase que o éxito de Podemos próelles e onte o Bieito e o Vence, xa anunciaron que van facer asambleas abertas ao pobo, ¿a que lles soa?.
Ah, de momento xa colaron a un afín de Patrón Maior na cofradía de Portosín.

Anónimo dijo...

Facebook de Xoán Xosé León Martinez
13 de junio
Despois de que o BNG denunciara o cobro irregular no recibo da auga, van ahora os do PP, e dín en Portosin que foi un erro, pero eso xa ven de moito tempo atrás. Que eu saiba o erro foi nos recibos dos tres primeiros trimestres de 2013, e eles levan no goberno desde o ano 2011.
Atención a aqueles que vos fiedes da palabra do alcalde, eu recoméndovos que presentedes a reclamación para que devolvan o que cobraron de máis. Intencionadamente?
Mañá sábado ás 12 da mañá, o BNG estará en Portosin para darvos solución ao roubo que intentaron facerlle aos veciñ@s

Ao veciño de Nebra antes de humillalo, Santi e cuadrilla roubáronlle unha propiedade a seu pai. Claro que a Xancho e Cia sobre iso non lle interesa falar. Eles ao seu. http://nebra1.blogspot.com.es/2014/05/os-suares-os-sanchez-gordillo-de-galicia.html

(Atención a aqueles que vos fiedes da palabra do alcalde) Polo menos o alcalde rectificou, ¿e eles devolvéronlle o agro ó propietario o seu estado anterior¿

Carroucheiro dijo...

Parece que a Paco alguén tentou picalo 1 comentario e non sei se ese pique tivo este efecto tan contundente, ou se xa andaba a voltas con este post que publicou ás 14:23 e camiño das catro horas, xa é páxina mías vista e iso que é a portada: Nebra, se de esta non espertas, é cousa de pensar en facelas maletas!!!
Actualmente pola zona non coñezo a presidente que se atrevese a tanto.

Anónimo dijo...

A Ánxela e ó Bloque interesoulle máis quedarse cos caladiños e desprenderse don que teñen voz e opinións propias e tan contundentes. Recordades onde liamos a palabra "caladiños" a quen se lla aplicaba?.

Anónimo dijo...

Nota da asemblea local do Bloque do Son na súa páxina. Hai que ter pelotas ou ou ovarios como as bolas da Capela de Loreto, para escribir isto. Achégase o Día da Patria Galega e debemos proxectar nas xanelas das nosas casas, nos coches, … en toda a parte que permita visibilizar visualizar popularizar a bandeira da Patria Galega. Ponte en contacto coa sede local do BNG de Porto do Son para conseguir a túa bandeira da Patria e colgala na túa fiestra ou balcón.

Despois de anos e anos facéndoo o militante ó que expulsaron, na súa casa, primeiro lucindo a da estrela e agora a NOSA, co escudo, tanto o 25 de xullo, como nas festas de Nebra, acórdanse agora de: debemos proxectar con orgullo e sen complexos a nosa condición de galegas e galegos exhibindo a nosa bandeira nacional. ¿Qué pasa, que cando o facía el tiñan complexos da súa condición de galegos e galegas? Parece que o efecto AGE e PODEMOS, comeza a afectarlles demasiado.

¿Adiviñan se se pasan pola súa sede, que bandeira lles van dar?

S. Martínez dijo...

Novo perfil en Facebook para (des)informar do que fai o Bloque do Son, chega o Nordés dixital: Nordés Porto do Son. O Nordés é o panfleto electoral do bloque, que aparece cando lles doe algo ou antes das eleccións, e que expoñen na súa páxina "Nordés", aínda que non están dispoñibles todos os números (nalgúns falaban de cousas das que se tiveron que retractar, casualidade?).

Así "Nordés Porto do Son" súmase aos anteriores perfís "Galiza Nova sonense" e "BNG Porto do Son", onde elixen á xente que se pode informar e participar (tes que facer petición de amizade e que che acepten), polo tanto, neutralizan todo o que se pode publicar. Transparencia total. O normal sería facer unha páxina pública para facerlle os "Me gusta", pero, claro, calquera podería publicar no seu taboleiro libremente.

Tamén moi ilustrativo o cartel do Día da Patria deste ano cartaz-diadapatria-2014. Cando usou o bng unha bandeira violeta co seu logotipo nun círculo?. Do regalo de bandeiras e o sentimento de orgullo, xa ben o expresou o anónimo do comentario 7, cantas veces quedei ao vermú ou á festa porque vin a bandeira ondeando. Agora xa poñen letreiro e as luces no Empalme, pero antes era o que había (e que traten tan mal a este veciño, canto se lle debe).

Anónimo dijo...

¿Cómo se pode utilizala expresión "colaron a un afín"?. Si tiveses un mínimo de talante democrático e de honestidade, non usarías esa expresión. Que eu sepa, as eleccións celebradas recentemente nas confrarías de pescadores, foron TOTAL E ABSOLUTAMENTE DEMOCRÁTICA E EN LIBERDADE. Si ti tes probas do contrario, denunciaas e amosa esas probas. É moi baixo e rastreiro aproveitalo anonimato para mentir e calumniar, porque si houbo DEMOCRACIA E LIBERDADE, estás facendo iso. Pareces máis un integrista, ou unha integrista que outra cousa. Pero o bo da DEMOCRACIA E DA LIBERDADE, é que tamén vós vos podededes expresar. Poden gustarnos, ou non, uns resultados electorais, de calquer tipo, pero debemos aceptalos e respectalos, ¿tan difícil vos resulta a quenes practicades a intolerancia. Está ben o anonimato, pois hay persoas que se senten máis libres así, pero para a crítica constructiva, non para o insulto, a mentira ou a difamación...

Anónimo dijo...

El enlace correcto para visualizar lo que quiso mostrarnos es este, una vez dentro de la página porque tiene "truco", pinchan sobre la foto y la podrán ver mejor. Confieso que es la primera vez que observo esa "artimaña". ¿De verdad creen que los gallegos somos tan tontos que nos chupamos el dedo?
Menos mal que PODEMOS, va un paso por delante de muchos de esta CASTA y ya tiene el protector adecuado para protegernos contra tan "burda manipulación". ¿Que será lo siguiente pintar la estrella de violeta?
Y con respecto a Francisco, el vecino de Nebra, más de una vez me pasó lo mismo, salir con idea de ir a tomarnos el vermouth a Portosín y al final acabar en la fiesta, cuando aun la celebraban en un finca y después en la carretera.
Su "arrogancia" tenía mucho mérito, porque por aquellas fechas el Bloque en Porto do Son era residual y en Galicia non estaban para tirar cohetes, hasta que dieron la campanada y consiguieron tocar el cielo y ser la segunda fuerza Autonómica, y desde ahí, ya todo les fue cuesta abajo.

Anónimo dijo...

A verdade, a min as vosas lerias impórtanme moi pouco, pero é xusto recoñecer que sendo Anxela Franco Concelleira eu cobrei facturas de Alcaldes anteriores, algunha de 2.004, e coma mín outros moitos Autónomos e Empresarios, entre eles o voso Alcalde

Anónimo dijo...

Vamos a contar mentiras tra la raa. Falando do tan traído: Nordés

Por se aínda non os aceptaron no seu circulo, copio literalmente o que din e vou tratar de sacarlles a careta, xa que máis que eles, parece que o escribísemos os veciños e se non xulguen vostedes mesmos:

POR FIN OS PLENOS POLA TARDE E UNHA VEZ AO MES NO NOSO CONCELLO!!! Aos veciños xa nos tardaba esta boa noticia:- Queremos saber qué asuntos se tratan e qué solucións se lles dá escoitando a todas as partes.

- (Salvo ás comisións de goberno, tanto agora como cando estiveron eles, só poden acudir os edís do goberno, ou ás comisión informativas, goberno e oposición. Os plenos son públicos, NON SECRETOS, podendo acudir a prensa, a televisión  ou os veciños. Polo tanto se de verdade tivésemos interese en saber que asuntos se trata ou escoitar a tódalas partes. Non podemos poñer semellante escusa, porque a esa hora moitos bares están ateigados de público, sinal de que pasamos da política e para saber o que pasou, xa temos as actas e resumido a La Voz de Galicia).

NON DEIXA DE SER CURIOSO, E CANTO MENOS SOSPEITOSO Que o equipo de Goberno trata asuntos tan importantes para o noso Concello, como son os que se levan a un Plenos, en horario de mañá, e utilice distinto "raseiro" cando as reunións son con veciños (recordemos a dos recibos da auga),, con asociacións, etc., nas que interesa que asista o maior número de persoas, que sexan TODAS DE TARDE.

- (¿Sospeitoso?. ¡¡¡Alucino por cores!!!


A QUE SE DEBE ESTA DOBRE VARA DE MEDIR? É MELLOR que os veciños do Son...

NON ESCOITEN, NON VEXAN, NON FALEN?

- (Non vou dicilo que penso por respecto á xente que padece algún deses síntomas. E seguramente en Conxo haxa xente máis corda que o que escribiu isto).

E cando estean en campaña electoral? Tamén pensan ter os mitins pola mañá? agardemos a ver qué pasa.............

- (De parte a parte, xa teño visto mitins pola mañá, e aínda que sexa nun domingo, uns antes de ir a escoitar mentiras e mil e unha promesas, aproveitámolo para adicarllo á familia, ir á feira ou pasear, porque pola semana TRABALLAMOS).

- (Resulta curioso que de ¿161amigos?, isto solo lle guste a Ánxela, ó seu fillo, a outra máis e á muller de Xanxo, que escribiu isto:

Esta mais que claro que e pra que a xente non se entere do que pasa,.Asi poden tapar todos os trapiños susios !!!

- (Seguramente os comuneiros de Nebra tal e como denuncia un de eles, gustaríalles que a súa nora lles explicase os trapos sucios que agochan na comunidade. ¿Ou diso non lle interesa falar?).

Anónimo dijo...

Anxela de "caladiña" ten pouco por iso a "sacan" do pleno

Anónimo dijo...

Tendo tan boa memoria e importándoche tan pouco as lerias dos que comentaron, igual se che esqueceu gracias a quen foi alcalde cando non che pagaron esa factura no 2004.
Un par de pistas: 12 de junio del 2003: El BNG se abstendrá en la investidura al fracasar el diálogo con Quintáns
Pedía exclusividad para Ánxela Franco, pero el PSOE sólo le ofreció un contrato parcial
27 de junio del 2003: El BNG supedita su entrada en el gobierno sonense a la disposición de una dedicación exclusiva
A todo iso, ¿pagouche Ánxela, Pastor ou NÓS, cos nosos impostos?
O de "o voso Alcalde" desconcerta un pouco e no meu caso véxome na obriga de pensar que non es de O Son, aínda que parece que gozabas de información privilexiada. ¿Ou é que o "LERIANTE" es ti?.

Anónimo dijo...

Querido Paco, un saúdo e agardo que che fora moi ben o día da PATRIA.

Anónimo dijo...

O que dis e FALSO

Anónimo dijo...

¿Qué te pasa, no duermes pensando en Paco? Vaya obsesión que tenéis alguno o alguna con él, Porque hablamos del mismo, ¿no?
Mira, cuando alguien se dirige a una persona en un tono tan CARIÑOSO, lo normal es que se identifique, para que los aludidos sepan a quien darle las gracias, por lo que a muchos nos parece que ese QERIDO, fue escrito con otras intenciones.
Si hablamos del mismo paisano, prefiero quedarme con el, que contigo, aunque seas mujer.

En mi caso, no se ni me importa nin me interesa saber lo que hizo el día del Apóstol. Solo sé porque suelo pasar por Nebra y ese día camino de las fiestas en Santiago pasé por allí y le vi izada la bandera gallega como lleva haciéndolo muchos años, algo que contados hacéis no hace tanto. Todo lo contrario que hacemos una gran mayoría con la española, cuando España juega el mundial o la eurocopa.

Como marinero en Portosín, ayer cuando fui a la misa y a la procesión del Carmen, me chocó que la tuviera a media altura, siendo fiesta, y hoy gracias a mis hijos supe el porque. http://pacodomartelo.blogspot.com.es/2014/08/dia-da-galiza-martir-homenaxe-david.html

Y hablando de esta fiesta, allí estaba al pié del cañón inmortalizando los distintos actos con su cámara.

Todo el mundo tenemos nuestros defectos y él, seguramente también los tendrá, pero tiene una característica muy especial y digna de apreciar, siempre da la cara y hace por otros lo que muchos no hicieron por el, como cuando lo acusaron d quedarse con dinero de las fiestas de su parroquia, a pesar de que segundo dicen y en alguna ocasión lo pude comprobar, fue de lo mejorcito que vi en Nebra y de eso ya hace unos cuantos años.

Esas habladurías solo podían partir de gente ignorante, porque si, teniendo las mejores fiestas aun se quedaba supuestamente con dinero, que no harían los que las tuvieron peores. ¿Pensaría en eso alguna vez esa gente?

Como dije antes, como lo vi junto al coro gravando, busqué sus vídeos y me encontré con este reconocimiento público a la comisión de las fiestas de Nebra.
http://youtu.be/kOYFN6oA0Xg
http://youtu.be/gfTd2UUPijQ