18 diciembre 2013

Nota de prensa do BNG

Bo día, no arquivo que se xunta achégase nota de prensa do BNG.

Porto do Son, 18 de decembro de 2013

A ditadura do PP: nin falar deixan.

No último pleno ordinario do mes de novembro, o Grupo Municipal do BNG sufriu unha desconsideración máis por parte do PP: trouxeron cociñados os pagamentos urxentes para antes de final do ano, sen consultarnos nada e, loxicamente, sen nós estar de acordo con tal chapuza.

A improvisación chegou ao punto de que o Sr. Quiñoi avisou, poucos minutos antes, de que non podería asistir ao pleno, polo que, non tiñan os votos suficientes para a súa aprobación. En consecuencia, o PP pediulle ao resto da corporación que votara o que non quería votar.

Nese momento consideramos que era prioritario que os provedores cobrasen polo seu traballo, aínda que o procedemento urxente e improvisado nos seguía parecendo unha completa chapuza.

Nesa mesma sesión plenaria o PP comunicounos a súa intención de que nese mesmo intre, e en adiante, as mocións que nós presentemos non serán incluídas na orde do día dos plenos.

Todo este despropósito súmase ao feito de que o PP converteu os plenos municipais nunha cerimonia clandestina á que a xente non pode practicamente asistir. E agora, ademais, decatámonos pola prensa das datas dos plenos antes de recibirmos as convocatorias.

Consideramos que se nos está faltando ao BNG e, o que é máis importante, á xente que nos votou para que os representemos neste Salón de Plenos. A actitude prepotente e ofensiva deste goberno parécenos insultante, ademais do desprezo que se lles está a facer, ultimamente, aos veciños cando non están de acordo coas obras, como pasa coa da estrada Laranga-Olveira onde as demandas dos veciños non son escoitadas, ou en proxectos como o da variante de Portosín, pola escasa transparencia tanto na exposición pública como na información que se lles dá; polo que acordamos que debemos protestar de forma clara, e dar un toque de atención aos veciños deste concello diante das formas antidemocráticas que está a usar o PP. Chegado a este punto o Sr. Alcalde decide que non quere seguir oíndo as verdades que estamos a expoñer e retíranos a palabra para que a pouca xente que está asistindo á sesión non coñeza a realidade.

Aquí damos a coñecer o que non nos deixou dicir o Alcalde:

Polo que, vendo os dous puntos que figuran na orde do día e que, novamente, xa veñen cociñados por vostedes e nos que a nosa postura non lles parece importar, e nos que no primeiro punto, novamente, volven mentir en documento público dicindo que o concello é titular dos terreos onde se pretende facer a obra e volven gastar o diñeiro que tanto precisa o noso concello e póñeno a disposición de outras administracións como son Costas e Portos que non son capaces de executar obras prometidas dende hai moitos anos (véxase: paseo até o instituto, campo de fútbol de Xuño, amarres para a sétima lista e cámaras de vixilancia no peirao de Portosín), e ademais, no segundo punto, van aprobar a concesión do Centro de Día dunha forma que podería non ser legal, por todo isto decidimos abandonar o Salón de Plenos e agardamos, polo ben deste concello, que o ano novo lles faga recapacitar e mudar a súa actitude.

Bloque Nacionalista Galego Avenida de Galiza, 9 - 1º - 15970 Porto do Son
Teléfono/Fax: 981767100
portodoson@bng-galiza.org
www.bng-galiza.org/portodoson

13 comentarios:

Anónimo dijo...

E falan vostedes dos cartos que tanta falta lle fan a este pobo? Deixenme que lles diga as ultimas novas: Neste concello andan ás presas coa "maravillosa" idea de mandaren ás todas as casas do Son, unha postal navideña (por min que a metan onde lles quepa) co cal iso terá uns custos aproximados de 1000 euros, sempre e cando as cartas vaian sen pechar, no caso de iren pechadas o custo en correos aumentará.
En canto ao Nadal? Canto nos vai custar traer aos Bolechas ao Son?
E por certo, canto nos custa o alugueiro das carrozas de Nadal que este ano se van a estrear no Son? Estamos para estes dispendios? Creo que non, posto que a estas alturas do ano, hai xente que non ten cartos nin para plantearse unha comida de nadal decente, que non ten nin para os turróns, que non ten nin luz na casa (porque lla cortaron) e non pode nin poñer un radiador nin facer uns ovos fritos. Pero isto aos que cobran 2500€ por estar nunha poltrona a quencer o cu non lles importa. Despois Quiñoy dirá que hai que ser solidarios. Que carallo de solidariedade se desprende de esta corporación municipal?
Asemade, onte recibín na miña casa, unha carta pola cal se me comunica que a partires de hoxe, a rúa na que levo vivindo toda a vida, cambia de nome, e pasará a chamarse rúa Jorge Lorenzo, en vez de 13 de setembro, con quen consultaron a pertinencia ou non de darlle a este fantoche unha rúa? Cando se jacta de ser mayorquín e non abandeira o nome deste concello por ningures. É xusto que esteamos a darlle méritos a quen non os merece?
Haber se facemos un pouco de uso do sentido común, que anda escaso ata no nadal. Pero pouco podemos pedirlles a estes monicreques que só saben sair en fotos. Por certo, canto nos vai custar aos sonenses que para a mesa redonda da carreira Sin-Son nos veña un olímpico? Porque eu non permito que os cartos dos impostos que pago vaian para estas merdas.

Anónimo dijo...

Señores do BNG, os que votan ao seu partido supoño que o fan para que, aínda sendo en minoría defendades, os intereses dos sonenses no pleno. Xa sabemos que quen ten a batuta, lease maioría fai o que lle peta. ¿ou acaso esquecen como actuaron na pasada lexislatura despois da noxenta moción de censura, expulsando de varios plenos aos edís do PP e sobre todo ao exalcalde? Polémicas y discusiones marcaron la actualidad del pleno de Porto do Son, en el que Tomé volvió a ser expulsado.

Neste intre non recordo se baixo o seu mandato tamén fuxiron dalgún pleno, pero si que recordo moi ben que foron expulsados polos seus propios compañeiros do partido por non acatalo famoso pacto de Santiago, entre Touriño e Quintana, e darlle a alcaldía ao PSOE. Iso si, quedándose coas actas de conselleiros. Polo tanto deseixen de demagoxias baratas, que ditadores hainos en case tódolos partidos e gobernos.

Non tendes máis que mirarvos no espello de Noia, onde o tripartito (PSOE, BNG e NOIA), non aceptan ningunha moción do PP, e fronte ao Son, a alcaldesa de Muros (PSOE), que neste caso goberna en minoría, tamén fai o que lle peta nos plenos.

Os partidos fainos a xente e algunha que teña ou tivese inquedanzas políticas, eu o primeiro, vendo o percal que vos gastades, preferimos pasar de todo, porque hai que ter sangue fría para aturarvos a uns e a outros.

A todo isto, supoño que renunciariades ás dietas.

Anónimo dijo...

Boa estratexia do BNG para que o PP aprobe as cousas que quere sen maioría. Así nos representades. O pacto parece que o tendes todos para enganar ao pobo. Eu non volvo a votar, estes non me enganan mais. Pero mellor que non votar, voume empadroar noutro lugar, esta xente merece quedar soa.

Anónimo dijo...

EL PAIS, Lunes 14 de octubre de 2013

De la intregracion social al paro

La ONG Cogami despide a 27 mujeres discapacitadas con cargas familiares que atendían una red de quioscos y las sustituye por contratadas temporales.


Anónimo dijo...

Grave erro anónimo das 16:30,con empadroarse noutro lugar deixas que campen as súas anchas e sigan facendo máis do mesmo.Que non che quepa dúbida algunha que tanto BNG coma o PSOE teñen escuros pactos e compromisos que os atan co PP por culpa da Moción de Censura.Como dí o refrán:"Quen pon a man para coller,sabe que non sae gratis abrila".

Anónimo dijo...

(Nese momento consideramos que era prioritario que os provedores cobrasen polo seu traballo, aínda que o procedemento urxente e improvisado nos seguía parecendo unha completa chapuza.)
Tengo escuchado y leído mejores argumentos. Lo raro es que le hicieran este "favor" al PP y no se lo hicieran en su día al PSOE. ¿ acaso los proveedores de Oujo, tienen más derechos que los de Quintáns? Dice el refrán que se pilla antes a un mentiroso que a un cojo. !ME LO QUEDO!

Anónimo dijo...

¿A mesma Cogami que sospeitosamente se fará cargo do centro de día do Son?

José dijo...

Las disculpas de esta señora punto con sus colegas ya no tienen "xeito nin dereito". Todo es culpa de los demás. Ellos jamás rompieron un plato

15/1/2009: Comuneros de Caamaño piden a la directiva que aclare la situación económica de la entidad

Comuneros de Caamaño, en el municipio de Porto do Son, han solicitado a la presidenta de la mancomunidad, Ánxela Franco, que presente las cuentas relativas a la venta de la madera arrasada por los incendios que asolaron la zona en el año 2006. También reclaman que aclare la situación económica de la entidad.

«Queixámonos porque dende hai dous anos, o tempo que leva ela de presidenta, non sabemos nada acerca das contas da asociación. Ademais, quixéramos saber que pasou cos cartos da madeira que se vendeu ao longo dos últimos dous anos, algo que soamente Ánxela Franco e os seus compañeiros saben», aclara uno de los socios, quien por el momento prefiere no hacer público su nombre, pero que dice «falar en nome de todos os afectados».

Respuesta
Por su parte, la presidenta de la agrupación de montes, Ánxela Franco, manifestó que «non é certo que non haxa dous anos que non se presenta o estado de contas» y precisó que seguramente la persona o las personas que la acusan no hayan acudido a las asambleas informativas.

26/1/2011: Comuneros de Caamaño exigen que se aclaren las cuentas del pasado ejercicio

Respuesta oficial
Franco, por su parte, contestó que tanto la presentación de las cuentas como la convocatoria de elecciones tendrán lugar este mismo mes en la asamblea general, que según explicó, «é onde ten que suceder». Además, apuntó que este retraso se debe en parte a la gestión heredada por el mismo comunero, José Manuel Santos.

Ya ven, tras 7 años en la poltrona, para eludir "sus" responsabilidades aun seguía echándole la culpa de las cuentas de la comunidad a Manuel.

Anónimo dijo...

Datos extraídos do Facebook: Portosin (Portus Sinum)

Sin palabras...

Un incendio destroza el Santuario da Virxe da Barca en Muxía

Gerardo: Veña ohhh, lamentades o que pasau pq ahí hai cartos a esgalla, si fora a casa de un pobre nadie decia nada, ademais estou seguro que para ese sitio habrá axudas da xunta e de persoas anónimas, si fora un pobre deixariamolo morrer de fame.

Este cabaleiro foi de candidato nas listas municipais do BNG, polo que cumpre preguntarlle aos seus compañeiros se comparten a súa opinión e a el, que diría, se a Virxe co Carme de Portosín, tamén fose pasto do lume. Digo isto último, porque para non se crente, ben que participa nos seus actos relixiosos

Luis: Non estou dacordo Gerardo. Ti podes ser máis ou menos creyente pero os nosos valores históricos hainos k preservar e tamen sabes k si lle pasará a casa dun pobre tamen estariamos poñendo o noso jraniño de área. Feliz navidad

¿É así como pretende a xente do BNG defender o NOSO Patrimonio, se algún día volven a gobernar?

Anónimo dijo...

Penoso comentario a altura do personaje non esperaba menos de ti Gerardo

Anónimo dijo...

Tremendo el trabajo de investigación que has llevado a cabo. No solo recopilas las declaraciones de los concejales de la oposición sino que incluso sabes lo que dicen en Facebook los exconcejales.

Ni la Vieja´l Visillo llegó a tal nivel de detalle.

Anónimo dijo...

Anónimo 26/12/13 20:58 Tranquilo oh, que che vexo moi descolocado, ¿onde recopilei no meu comentario declaracións dos edís da oposición?

En canto ao señor Gerardo coido que nunca foi edil, polo tanto o de ex, sóbralle. Non o tome a mal, pero cando queira facerme outra acusación, procure investigar ou recopilar mellor a súa información para non quedar co cu ó aire, e máis neste tempo.

Anónimo dijo...

Cosas veredes amigo Sancho. Parece ser que a señora Ánxela Franco colgou no seu facebook, a seguinte frase:
"El peor analfabeto..."

Para nada comparto esa opinión por moito que o diga Bertolt Brechte, Ánxela ou quen sexa. Neste intre considérome apolítico e para nada analfabeto. Opino que eses que á súa vez se fan chamar políticas/os, sobre todo aquelas/les que levan aí toda vida e que cando comezaron dixeron que non eran políticas/os, para min son as/os verdadeiras/os analfabetas/os, pensando que son superiores a nós. Un pouco de respecto señora para os que non pensamos coma vostede.