Dende o BNG de Porto do Son comunicamos as actuacións realizadas sobre a Variante de Portosín. Esta información xa está dispoñíbel na nosa páxina web: www.bng-galiza.org/portodoson
Moitas grazas.
A Portavoz Municipal do BNG, Ánxela Franco, vén de presentar no día de hoxe un escrito no rexistro do concello para solicitar a convocatoria dun Pleno Extraordinario Urxente para tratar sobre a Variante de Portosín, dada a situación de falta de información e ás queixas dos veciños. No mesmo escrito, Ánxela Franco, solicita que, de non ser atendida esta demanda por parte do Sr. Alcalde, se inclúa este punto na orde do día do vindeiro Pleno Ordinario que, segundo o regulamento, correspondería celebrar o xoves, 2 de xaneiro de 2014.
Aos quince minutos de ter rexistrada a solicitude, a Portavoz Municipal recibiu unha chamada telefónica dende o concello na que se lle comunicaba que non se ía atender a demanda do BNG e tamén se lle informou de que o pleno ordinario se celebrará o 9 de xaneiro, pero non se confirmou a inclusión do punto na orde do día. Dende o BNG agardamos que o Goberno municipal recúe na súa postura de non tratar este asunto tan importante nunha sesión plenaria.
Ademais, no día de onte, a deputada do BNG, Ana Pontón, presentou no rexistro do Parlamento Galego unha Proposición Non de Lei para o seu debate en Pleno, unha pregunta para resposta oral en Comisión e outra pregunta para resposta oral en Pleno, sobre a Variante de Portosín e que podedes ver clicando nas seguintes ligazóns:
Proposición Non de Lei para ser debatida en Pleno
Pregunta para resposta oral en Comisión
Pregunta para resposta oral en Pleno
Porto do Son, 27 de decembro de 2013
Bloque Nacionalista Galego
Avenida de Galiza, 9 - 1º - 15970 Porto do Son
Teléfono/Fax: 981767100
portodoson@bng-galiza.org
www.bng-galiza.org/portodoson

3 comentarios:
Mi sincera gratitud al Bng por oponerse a la Variante. Ojalá pronto otros lo imiten.
Fíate desa xente e non corras. ¿Por que non empezas polo principio?, dándolle as grazas por prometérnola no seu programa electoral. Non te equivoques, son eles os que imitan á plataforma que se creou, de aí que coma sempre, xa se infiltrasen.
http://www.youtube.com/watch?v=0FuluWVRXYg
"Por el interés te quiero Andrés", no me fío de quien apoya iniciativas por populismo, ¿quien dice que si vuelven a gobernar no la volverán a impulsar?
Publicar un comentario