09 enero 2013

Visita institucional a las obras de la variante, por parte del Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández


:logo-ecg: | Terras de Santiago

A Xunta quere dar un último impulso en 2013 a variante de Noia

Afirma que sacará máis de dous millóns de vehículos do casco urbano da vila //Xunto coa variante de Outes e a VAC Brión-Noia, completarase a vertebración da comarca e a súa conexión natural con Santiago

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, xa executou o 50% das obras da Variante de Noia, que servirá para unir a vía de alta capacidade (VAC) Brión-Noia coa estrada AC-550 en Traramancos, dando continuidade aos tráficos cara a Porto do Son sen ter que atravesar a vila noiesa, o que implicará aforros medios do 71% con respecto ao percorrido actual.

Durante a visita ás obras o Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, concretou que o cronograma da obra estase a executar segundo previsto. Precisou que na actualidade os viadutos, que supoñen o 88% da obra, atópanse moi avanzados, como se evidenciou na visita de hoxe. Sinalou que a variante recibirá en 2013 o seu impulso definitivo, con mais de 13 millóns de euros de orzamento, e a súa posta en servizo permitirá sacar do casco urbano mais de 2 millóns de vehículos anuais.

A principal estrutura é o viaduto que cruza a ría dende o Porto de Testal ata A Barquiña, cunha lonxitude de 1,7 quilómetros. Os traballos de cimentación xa están practicamente finalizados e colocadas o 75% das pilas. O viaduto de acceso do lado da Barquiña rematouse e os traballos a día de hoxe están centrados en desenvolver o tramo atirantado que cruza a canle de navegación. Ademais, o viaduto xa ten colocado na metade do seu percorrido o taboleiro que substentará a futura calzada de circulación.

En canto ao viaduto de 350 metros de lonxitude que serve de unión entre a variante e o corredor Brión-Noia (PK 4+560), xa ten executados os dous ramais de incorporación e saída á glorieta existente, mentres que o tramo central da estrutura (conexión directa co Corredor Brión – Noia) iniciarase cando a ponte central sobre a ría se atope algo mais avanzada. O terceiro viaduto situado nas proximidades do aparcadoiro dun centro comercial (PK 3+200) e que sirve para que o novo vial se cruce a distinto nivel coa estrada de acceso ao porto da Barquiña, está executado, a falta unicamente de remates

Variante de Noia
O responsable de Medio Ambiente do Goberno galego explicou que a variante de Noia, xunto coa variante de Outes e a VAC Brión-Noia, ambas xa en servizo, completará a vertebración da comarca e a súa conexión natural con Santiago. O investimento achégase aos 40 millóns de euros.

A lonxitude da actuación é de case 5 quilómetros e inclúe a execución dos devanditos tres viadutos. A sección tipo en tronco consta de dous carrís 3,50 metros, dúas beiravías de metro e medio e bermas de 0,75 metros. A ponte central terá ademais un paseo peonil.

Vixilancia ambiental
En consonancia coas medidas de protección ambiental dentro das cales se desenvolve a obra, estanse a realizar análises periódicas do transporte de áridos. Con estas análises verifícase que as actuacións levadas a cabo dentro da obra non xeran afeccións á ría.

Agustín Hernández subliñou que durante a execución das obras, estanse desenvolvendo diferentes labores de vixilancia ambiental que suman mais de 600.000 euros de investimento.

As singularidades que presenta o ámbito da ría, tanto dende o punto de vista ambiental, coma dende o punto de vista socioeconómico, esixen que as medidas de protección deseñadas minimicen as afeccións que a obra poida xerar sobre as augas, hábitats e recursos marisqueiros asociados ao ámbito da ría de Noia.

Así, durante o desenvolvemento da actuación, se empregan sondas e boias para o control da calidade das augas, con capacidade de análise e rexistro dos principais parámetros, sistema que permite coñecer “in situ” e en tempo real calquera incidencia das obras.

Unha vez finalizadas as obras, os controis ambientais prolongaranse no tempo durante uns cinco anos, se ben esta duración do seguimento poderá ser modificada en función da evolución dos resultados e conclusións obtidas do procedemento, sempre baixo opinión previa favorable da Consellería do Mar.

Investimentos na comarca
O conselleiro de Medio Ambiente precisou que a súa consellería investirá na comarca de Noia no ano 2013 case 19 millóns de euros, o que significa 529 euros por habitante. Destacan os 13,7 millóns de euros destinados á variante de Noia; a rede de colectores xerais e EDAR de Tarrío en Porto do Son, que conta con 2,5 millóns de euros; e as obras de saneamento que se están a realizar en Noia, que disporán en 2013 de 1,54 millóns de euros. Sobre esta última actuación, Augas de Galicia intentará apurar os prazos para finalizar este mesmo ano.

:logo-lvg: | Barbanza

Agustín Hernández visitó las obras de puente sobre la ría de Noia

El conselleiro aseguró que se intentará rematar la variante a lo largo de este año

El conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, visitó la obras del puente sobre la ría de Noia. Acompañado de los técnicos responsables de la actuación y de autoridades del municipio noiés y de la comarca, el representante del Gobierno autonómico aseguró que los esfuerzos se centrarán en agilizar los trabajos para que la variante noiesa abra al tráfico a lo largo de este año.

Hernández destacó la inversión de casi 40 millones de euros necesaria para construir la infraestructura, que actualmente está ejecutada en torno al cincuenta por ciento.

0 comentarios: