31 enero 2013

Compromiso por Galicia escolleu aos seus responsables locais en Muros-Noia

:logo-lvg: | Barbanza

O sábado celebrarase unha asemblea para nomear ao secretario comarcal

Compromiso por Galicia (CxG) continúa con seu proceso de formación da comarca de Muros e Noia. A pasada fin de semana, celebráronse nos distintos municipios as asembleas das que saíron elixidos os responsables locais de cada agrupación.

En Noia, levará a rendas de CxG Xurxo Louro, mentres que en Muros será María Sambade, concelleira na corporación. No caso de Outes, o elixido foi Xosé Manuel Ramos, e en Lousame Sonia Ares. Por último, o responsable local en Mazaricos será Xan Ramos. O sábado celebrarase a asemblea para elixir ao secretario comarcal.



0 comentarios: