30 enero 2013

Noia: o grupo de goberno ve "unha aberración calamitosa" que se queira desmantelar o Grumir local e montar un novo en Muros

O Grumir noiés leva anos participando en emerxencias, busca de desaparecidos, incendios e arranxos de desfeitas dos temporais en toda a zona

:logo-certo: |

Por años de experiencia; por profesionalidad; por proximidad: este blog apoya las reivindicaciones del Ayuntamiento de Noia para evitar que la Xunta de Galicia suprima su Grumir y creemos que al margen de disputas partidistas o políticas, el equipo de gobierno de nuestro Ayuntamiento junto con la oposición, deberían apoyar dicha protesta, ya que nos va mucho en ello, al suprimirse también el de Ribeira.

Noia, 30 de xaneiro de 2013. A Dirección Xeral de Emerxencia e Interior, dependente da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, vén de facer unha proposta de distribución no territorio galego dos Grupos de Emerxencia e Protección Civil (tamén coñecidos como Grumir). Segundo explica o goberno de Noia en nota de prensa "esta proposta da Xunta, de ir adiante, significaría a liquidación do actual Grumir de Noia, que dá servizo non só a este concello senón aos que integran a comarca de Muros-Noia e incluso outros".

O Grumir de Noia e demais medios e infraestructuras en materia de Protección Civil e Emerxencias, explica o tripartito que goberna Noia, "son froito dunha longa traxectoria de esforzos económicos e humanos por conseguir esta loxística, que se remonta aos anos oitenta do século pasado. O goberno da Xunta, do PP, nun alarde de irracionalidade política pretende trasladar a base deste servizo, agora chamado Grupo de Emerxencia Supramunicipal, para o concello de Muros, concello que non conta coa máis mínima infraestrutura e os seus medios nesta materia son insignificantes. O despropósito sería tal que levaría, nun momento de máxima austeridade, por unha banda, á construcción en Muros dunha nova infraestrutura, con todos os medios, materiais e humanos, requeridos para este fin e pola outra banda, a destruir por abandono, en Noia, unha infraestrutura que conta con todos os medios materiais e humanos: persoas con formación, capacidade e moita experiencia acadada nas inumerábeis intervencións efectuadas na comarca".

ABERRACIÓN CALAMITOSA

Esta modificación, sinala o Concello de Noia, "suporía unha aberración calamitosa se nos axustamos aos criterios de equidistancia e centralidade. Mentres que Noia é o centro xeográfico dunha comarca, Muros atópase na sua periferia. Mírese por onde se mire, non se lle atopa lóxica e sensatez a esta proposta da Xunta de Galicia. Isto lévanos a pensar que o motivo desta decisión  é estritamente político-partidario e, de castigo a un concello rexido por un goberno que non está integrado polo Partido Popular".

QUE SE PRONUNCIE O PP LOCAL

Por último, o grupo de goberno do concello de Noia manifesta "a nosa firme resolución de loitar, con todos os medios ao noso alcance, para que a base do novo Grupo de Emerxencia Supramunicipal se manteña en Noia e, así, evitar esta arbitrariedade contra o noso concello e comarca. Ademais, convidamos ao PP de Noia para que, deixando a un lado sectarismos inúteis, se espelle nos seus compañeiros comarcais e se sume á defensa deste importantísimo servizo para o noso concello e comarca".

0 comentarios: