:logo-lvg: | Barbanza
Hai tres anos que Ribeira conta cunha escola de danza contemporánea. Desde a súa fundación, das clases encárgase Vicente Colomer, un dos artífices da compañía Nova Galega de Danza. As súas pupilas, 24 alumnas con idades comprendidas entre os 6 e os 20 anos, saltarán este fin de semana ao escenario para deleitar ao público cun entretido espectáculo.
-¿Que balance fai dos tres anos de funcionamento da escola de danza contemporánea?
-Moi positivo, pois é unha disciplina nova de danza, un xeito distinto de sentir o movemento. Estou moi satisfeito da resposta das alumnas.
-Ten alumnas de seis anos en diante, ¿é esta a mellor idade para comezar?
-Non sei se é a mellor, pero seis anos é unha boa idade para empezar, pois o que se pode facer antes é tomar contacto co mundo da danza de xeito máis lúdico. Aínda que non hai idade predeterminada, todo depende do rapaz, aos seis anos os nenos teñen xa capacidade de atención e de concentración.
-A medida que se van facendo maiores, ¿tenden a perder o interese pola danza?
-Non necesariamente, o normal é que sigan adiante. Son poucos os que se quedan no camiño. De feito, eu teño practicamente os mesmos alumnos cos que empecei hai tres anos, con máis nenos pequenos claro está. Iso é precisamente o positivo e o importante da escola, que haxa canteira.
-¿Cales son os beneficios da danza?
-A nivel de exercicio físico e de saúde, todos. A danza é unha actividade fantástica neste sentido. Permítelle aos nenos tomar conciencia do corpo, da colocación da espalda e das cadeiras. Despois, ten outras vantaxes engadidas, pois os rapaces toman conciencia do que é o traballo en equipo. Disciplina e compromiso son valores ligados á danza.
-¿Segue a ser o da danza un mundo eminentemente feminino?
-Depende. En Ribeira, si, pero eu levo 23 anos impartindo clases en diversos lugares e esta tendencia non se cumpre en todos eles por igual. O panorama nas grandes cidades é totalmente distinto.
-¿Que van ver os veciños que acudan ás actuacións previstas para o fin de semana?
-Van asistir a un espectáculo en si mesmo, a unha gala de danza e non a un festival de fin de curso. Este ano traballei a técnica de Nova Galega de Danza, que xira ao redor da danza tradicional. Iso vaise reflectir na maior parte das sete coreografías que conforman o repertorio.

Vicente Colomer imparte las clases en el grupo Anduriña.
0 comentarios:
Publicar un comentario