25 noviembre 2013

«Non se fala do polígono, pero non deixamos de traballar nel»

:logo-lvg: | Barbanza

O Oujo empresario e o político veñen de cumprir dous anos de convivencia

Superado o ecuador do mandato, e pese á súa falta de experiencia previa, Luis Oujo xa lle ten tomada a medida ao bastón de mando de Porto do Son e atópase cómodo na súa faceta política. Seguro do traballo realizado e de cales son as prioridades para o que queda ata as próximas eleccións, recoñece que a súa condición de empresario lle axudou a xestionar o Concello desde a súa chegada á alcaldía, uns meses nos que houbo luces e tamén algunha sombra.

-Chegou a alcalde sen ter experiencia en política, ¿que lado da balanza pesa máis? ¿O positivo ou o negativo?

-É certo que non tiña experiencia en política, pero si na xestión porque veño da empresa, e iso nestes tempos difíciles é fundamental porque hai que facer moitas cousas con poucos recursos. O balance dende logo é moi positivo. O noso principal obxectivo era o plan xeral e está encamiñado. Porto do Son quere medrar, pero de xeito ordenado e sen perder as nosas singularidades, as rúas estreitas, as casiñas pequenas... A xente vén aquí por iso, e se perdemos ese encanto de vila mariñeira perdémolo todo. E tamén queremos sacar adiante o PXOM para darlle seguridade á xente que queira investir no Son. Outro obxectivo que tiñamos e no que imos avanzando é o do saneamento, esperamos acabar o mandato co 80% do concello saneado. Tamén demos pasos para mellorar o abastecemento.

-No caso do abastecemento, teñen un convenio con Ribeira para captar auga do depósito de Moldes, ¿como se chegou a esta colaboración?

-Hai un moi bo entendemento co alcalde de Ribeira e ambos somos da idea de que é necesario colaborar para sacar adiante servizos. Creo que esta é a forma de traballar, ben con convenios ou mancomunando prestacións; nestes momentos difíciles é a maneira de facer cousas.

-É dicir, que continuarán traballando nesta liña.

-Si, claro. Xa temos o obradoiro de emprego conxunto e estamos intentando colaborar en temas de vixilancia de praias, tamén de limpeza e incluso a nivel turístico. Queremos aproveitar o potencial que temos os dous concellos para que a xente nos visite e quede aquí. Sempre digo que temos que traballar a nivel comarcal, non municipal.

-Antes falaba dos logros feitos, ¿cales son os obxectivos que quedan ata o fin do mandato?

-Aprobar o PXOM, sacar adiante os orzamentos do 2014...

-Vai día a día, polo que se ve...

-Hai que ir paso a paso. Non é o momento para proxectos faraónicos nin grandes investimentos, o que temos que facer é poñer os medios para saír desta situación e crear emprego. Temos que velar polo benestar da xente, non facer castelos no aire, é o que nos piden os veciños.

-Hai tempo que non se sabe nada do polígono industrial, outra das súas prioridades cando chegou, ¿non ten cabida na actual situación económica?

-Non se está falando do polígono do Son, pero non por iso deixamos de traballar nel. Igual agora non é o mellor momento para as empresas, pero é necesario. Unha vez que aprobemos o PXOM seguiremos en contacto coa consellería para sacalo adiante. Incluso estamos falando da posibilidade de intentar facelo con iniciativa privada.

-A que si que parece que vai adiante é a variante de Portosín.

-É unha infraestrutura moi importante porque nos sitúa a trinta minutos dun aeroporto, dunha futura estación do AVE e dun centro cultural e turístico como é Santiago. Queremos ser o mar de Compostela.

-Outro logro foi o Museo Marea, pero estivo preñado dunha inesperada polémica pola titularidade das pezas, ¿como se resolveu o conflito?

-O museo está funcionando moi ben, o problema está resolto e eu non lle dedicaría nin un minuto. Hai material de sobra.

Luis Oujo Alcalde de Porto do Son

15 comentarios:

Anónimo dijo...

Desde cuando está resuelto el problema de la titularidad de las piezas del museo sonense si a día de hoy no podemos recuperar nuestras piezas, pues los que se las donamos a Mariño no se las donamos al ayuntamiento para que hiciese uso y disfrute. Y se nos ponen mil trabas para recuperarlas. Que debemos tener fotos que lo atestigüen, que si más vale que presentemos papeles y nos mandan de oficina en oficina cubriendo unos papeles que no nos hicieron cubrir para su exhibición. Por cierto, si funciona bien, no es lo que dice el hombre que tienen alli trabajando. Sáquese la careta ya, Oujo. Usted va de digno y es una mala persona. El tiempo nos dará la razón. Más pronto que tarde.

Anónimo dijo...

Porqué non lle dedica un minuto máis? será porque en realidade non lle dedicou nunca un? O que quería facer era aproveitarse de algo xa constituído para inauguralo baixo o seu mandato? Algo que xa dende o BNG e o PSOE viñan facendo. Aproveitou todo o que fixeron outros, como boa alimaña que é para levar os méritos. Funcionar ben, chámaselle a ter un local que só abre 3 días na semana? Ao que se lle quere adosar o centro de interpretación do castro. Cante todo! Ou non quere falar por non embrollarse que é o que si sabe.

Anónimo dijo...

O polígono nin o vimos nin o veremos. Espéranos manter unha piscina que naceu morta. Non poden Ribeira nin Noia mantela e vamos a mantela ¿nós? Se tanta experiencia tiña na empresa por qué non vamos a Sograni preguntar que tanto ben fixo, creo que os seus conveciños non están moi de acordo.¿Ou si? todo o que cae nas súas mans púdrese, tanto, que ata os que votábamos ao pp estamos desencantados con vostede. Haber se para as próximas se presenta alguén máis decente, que non mire polo seu bolsillo nin polo dos seus secuaces. E despois falaban de Carou, mil veces bo era el mellor ca vostede que non lle chega á suela. E garde os arranxos das rúas e de todo o demáis para cando se acheguen as eleccións. X certo o parque de Portosín pono a empresa coa que teñen tanta afinidade, Chicolino ¿non? Así me gusta, sen panos quentes, ¡viva a prevaricación!

Anónimo dijo...

Solo un par de cousas:
1.-Non creo eu que a súa xestión da empresa privada sexa moi bo aval vendo como está Sograni e as asociacións polas que pasou
2.-O Museo Marea dá pena

Anónimo dijo...

Arrímome ao comentario das 12:09. E tanta pena que dá, nin Dios pasa por alí, para que, para o que hai que ver ao lado do anterior. Mete ajua coma un cesto e da gastos en vez de beneficios. Pero o mellor de todo e que unha persona tan versada en museos coma o Luisito (que debeu de visitar moitos na súa vida) nos diga que todo está genial. Inda vin eu máis, que unha vez fun ao museo do pobo galego. El sejuro que non.

Anónimo dijo...

Miña nai, como está o patio, non me queda máis que sorprenderme lendo todos istos comentarios.
1º- anónim@ das 9:46: o bipartito só dixo a primeira fase, por certo feita curiosamente por Sograni, esa empresa do alcalde que tan mal vai, (según os gurús do blog), a segunda fase máis a musealización fíxose baixo o mandato do actual alcalde. En canto a que o inaugurou cual "alimaña", como vostede di, pois foi o que o pobo do Son decidiu nas urnas, ou quería vostede que o inaugurara o bipartito estando na oposición??, manda truco co conto...
2º- Anónim@ das 9:52, veseche o plumeiro co conto de que era millor o do Carou, así sin máis nin máis, só porque ti o digas. Lúceste tamén dicindo que deixe os arranxos das rúas ..., unha persoa normal diría que se arranxen máis rúas, non que deixen de arranxalas, non entendo nada. En canto ao de Chicolino, non sei se e verdade ou non que o fai esta empresa, non teño información tan privilexiada como vostede, pero en todo caso de ser así, cal e o problema?? non e unha empresa da Barbanza?? ten vostede unha empresa mellor...?, a min persoalmente, e como veciña de Portosín, o que me importa e que o meu fillo vai ir a un parque novo nunha zona cunha demanda total dos mesmos, e de paso acondiciónase esa ruinosa praza.
Para o resto, o único que se dí e que Oujo e que é mala persona, así nin máis nin máis, ou que Sograni vai mal pola súa culpa; deduzo que debes ser un traballador ou extraballador da mesma xa que senón non sei de onde sacas esa información, eu persoalmente deséxolle a Sograni e a todalas demáis empresas de Porto do Son que vaian para diante, que parece ser que o peor xa pasou e aos que vos aledades cando unha destas vai mal dicirlles que non merecedes ser veciños de Porto do Son.
OUJO segue así!!!!!

Anónimo dijo...

Eu tamén desexo que as empresas do Son sexan as mellores do mundo mundial, pero amiga, neste pobo vamos de listos e somos solo parásitos. Sograni xa non é nin a sombra do que foi, pero iso non é algo que queiramos debater aquí, para mais información solo tes que ir mirar cantos traballadores quedan e donde van os inversores que mantiñan a empresa en pé mentres o que agora é alcalde xogaba a ser empresario.
Eu tan contento de que se fagan todas as obras e arranxos que o pobo precise, pero con cabeciña e non por amistade ou populismo, a min o único que realmente me preocupa son eses continuos "cambio de finalidade" e ampliacións daquel tan criticado préstamo que tiveron que pedir PSOE e BNG para pagar os pufos que deixou o PP por todo o concello.
Que ó Son non lle pase coma Sograni, veiase esplendorosa por fora pero debía estar corrompida por dentro, non é fácil ser empresario/emprendedor e menos ainda se non se teñen as capacidades das que un presume.

Anónimo dijo...

A empresa de chicolino chámase Happy Park e o representante comercial é o ex-concelleiro de Cultura do PP de Riveira e funcionario da delegación de pesca en excedencia.¿será casualidade que tódolos concellos de arousa norte e os concellos populares de muros-noia están agora nunha febre de investimento en parques infantís?¿Non se lle chama a isto Tráfico de Influencias?.Por certo,pregúntalle o dono de Sograni o "gran xestor" que foi Oujo e che sacará de dudas do ben que a deixou o borde do peche.

Anónimo dijo...

Mire vostede as adxudicacións d obras en concellos limítrofes para ver onde llas "deron" a SOGRANI ou a pedra que se usa nas obras do concello(xuño p.ex.).

Anónimo dijo...

Dende sempre odiei as comparacions cada persoa é como é, neste caso o noso representante non lle fai falta falar, as suas declaracions nesta publicacion e na recente entrevista na tv, en relacion ca realidade do noso concello dista moito.Comenzando polo plan xeral,a piscina ,a adxudicacion do centro de dia,subida de impostos e taxas municipais,escolas municipais, peticion de prestamos,poligono industrial, museo de mar, viveiro de empresas,carretera de san pedro,aceras da arnela,muro de sua casa e piscina,contratacions diversas,e centos de temas mais, de todo esto en 2 anos non dixo 1 soa verdade, todo o contrario o que pregona, que ata iso non se lle da nada ben.Vostede recolleu o traballo bo ou malo dos seus antecesores e a mocion de censura adxudicoulle votos dos resentidos, as condicions nunca as vai a ter mais favorables como a situacion anterior pero ese tren xa pasou.....se el volve a ser o candidato por este partido cousa que dudo e os afiliados xa din que ten sustituto e sobre todo si vai levar a Manel, que restara votos e como si levara o dos tornillos.Deixe de enganar porque vostede non é un alcalde e unha SOMBRA,foino sempre, na asociacion, en sograni,etc...e agora no concello, pero dentro de dous anos veremos porque os comentarios din que vai haber moitas candidaturas para ellixir, tempo o tempo todo o que tiña que demostrar xa o fixo non lle quedan bazas de cartas escondidas porque a AVARICIA acapara e cubre todas as mans.

Anónimo dijo...

Se as cousas se dixeran á cara e non por aqui, pero bueno, seguide asi, criticando, que asi vai o mundo.

Anónimo dijo...

Pero que carallo vai decir o PP do Son si está completamente desaparecido, e está desaparecido porque llo deron a Oujo, que eu sepa é él o presidente, asi que xa podedes ir esperando

Anónimo dijo...

Digolle que eu non sei como está Sograni, porque nin traballo nen coñezo a ningún traballador persoalmente, so digo, que coma á todas as empresas do Son lles desexo ao millor, o que si creo e que en tódalas empresas se reduciron as plantillas pola escasez de carga de traballo, e supoño que esta non sería unha excepción, e triste sí, pero e a cruda realidade da crise. Por outra parte creo que si Sograni leva máis de 10 anos traballando non vou ser eu a que diga que o actual alcalde fose mal xestor.
Non entendo cando dis que as obras se fan por amiguismo, ou ques dicir que tódolos veciños da rúa da Roda e Atalaia ou os do vial de Xuño son seus colegas, coido que as obras son todas necesarias, xa que con elas se intenta dar un beneficios a todolos veciños do pobo.
Tamén lle quería comentar o anónimo das 14.58 que problema ten en que Sograni traballe para as subcontratas do concello, non entendo, queredes que se compre no concello e logo criticades sen sentido.
Anónimo das 16.09, coido que auí o que pregonas sen sentido es ti, dis que non dixo nunca unha verdade, pois dime ti cales son as mentiras e non larges sen sentido, danos datos concretos ou cala. En canto a que non se vai volver presentar ou que non vai ter votos, eu prefiro esperar ás eleccións e veremos o que pasa; pódeste presentar ti, que seguro que melloras ou como mínimo vales de adiviñador de futuro coma a das velas negras...

Anónimo dijo...

Ti moito falas,pero das a cara neste blog igual que todos.Contoche unha anecdota-realidade a concelleira tornillos anuncioulle o de portos a plaga de pulgas do club nautico,el asustado xa non visitou as instalacions e as pulgas debeunas levar ela para a casa, ninguen mais se queixou do problema.

Anónimo dijo...

veo que te mueves en un mundo esoterico,tendrias que darte una vuelta por Sograni pues el mal del antecesor de nuestro actual gobernante quedo entre sus muros.¿Sabe usted de que pie cojeaba el antecesor?la cojera de este es la misma.Los vecinos de Baroña dicen "o MAL QUEDOU NAS PAREDES".