:logo-ecg: | Terras de Santiago
O alcalde sonense considera unha moi boa noticia que o plan urbanístico do concello poida ser aprobado de xeito definitivo no primeiro trimestre de 2014 // Luis Oujo lembrou en Radio Obradoiro que permitirá "darlle unha seguridade xurídica ós veciños e ós que queiran investir aquí"
Se todo vai ben, o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Porto do Son será aprobado de xeito definitivo no primeiro trimestre de 2014. Así llo confirmou o conselleiro Agustín Hernández ó alcalde, nunha xuntanza que mantiveron hai uns días. Nunha entrevista este luns en Radio Obradoiro, Luis Oujo lembraba que o PXOM "comezou a redactarse hai case 14 anos, e nós tiñamos o compromiso cos veciños de poñernos a traballar nel para que fora unha realidade".
En palabras do rexedor, o PXOM permitirá que Porto do Son medre "de forma ordenada, dándolle unha seguridade xurídica ós veciños e ós que queiran investir aquí". O importante, dixo, "é facer as cousas ben feitas". Entre outras cousas, Oujo sinalou que queren "crear prazas hoteleiras e permitir que se constrúan vivendas unifamiliares no rural para que a xente quede a vivir aquí, sen que se perda a singularidade que ten O Son".
O alcalde tamén considera unha moi boa noticia que xa esté a exposición pública o proxecto da variante de Portosín. Poderanse presentar alegacións ata o vindeiro 27 de decembro. Estamos a falar, dixo, "dunha infraestructura moi importante para o municipio". Non se atreveu a dar unha data para ver este vial, de 7,2 quilómetros de lonxitude, convertido nunha realidade. "Nestes tempos o importante é que se vaian dando pasos".

0 comentarios:
Publicar un comentario