A Concellería de Servizos Sociais de Porto do Son informa que a Secretaría Xeral de Política Social convocou o programa Xuntos polo Nadal, para que aquelas persoas maiores que se atopen soas no Nadal poidan pasar estas datas acompañadas doutras que se atopan na mesma situación.
O programa contempla o aloxamento en réxime de pensión completa durante 10 días ( dende o 23 de decembro ata o 2 de xaneiro) nas residencias de tempo libre de Carballiño (Ourense) e na de Panxón en Nigran (Pontevedra).
Os requisitos para acceder ao programa son:
- ser maior de 65 anos
- residir na Comunidade Autónoma de Galicia
- valerse por se mesmo e non padecer enfermidade infecto- contaxiosa nin trastornos mentais
- non estar acollido en ningún centro residencial
- ter un nivel de ingresos económicos baixo
- ter que pasar só as vacacións do Nadal
As persoas solicitantes con ingresos inferiores ao IPREM (532,51 €/mes), asistiran de balde ao programa, mentras que aqueles cuns ingresos superioresa dito importe contribuiran ao pagamento da estadía cunha achega de 50 €.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 25 de novembro.
As persoas interesadas poden presentar as solicitudes no departamento de servizos socias do Concello de Porto do Son.

0 comentarios:
Publicar un comentario