:logo-lvg: | Barbanza
Expón en Porto do Son unha colección sobre ballet
Pertence a unha coñecida saga de fotógrafos de Barbanza. Xa o avó de Patricia Esteirán se dedicaba a esta profesión, que despois continuou o seu pai. De feito, o negocio que fundou este último na vila de Noia segue sendo a día de hoxe un referente en toda a comarca. Patricia Esteirán forma parte do grupo de profesionais que está a fronte dunha empresa que iniciou unha nova singradura botando man da tecnoloxía dixital. Compaxina o seu traballo na tenda coa fotografía de carácter artístico. Este mes exhibe unha colección de traballos na casa de cultura de Porto do Son.
-¿Pode dicirse que aprendeu na casa a profesión?
-É certo que levo vinculada ao mundo da fotografía desde que nacín, pero estiven formándome no Blackpool&The Fylde College, no Reino Unido. Alí o título que se obtén en fotografía é coma unha licenciatura.
-¿Que amosa na exposición que ten en Porto do Son?
-Son 29 imaxes que corresponden a un día de ensaio do Moscow City Ballet, no marco dunha xira que o grupo fixo polo Reino Unido. Trátase dunha colección que estivera hai un par de anos no Liceo noiés.
-¿É ese o estilo de fotos que lle gusta facer?
-Gústame fotografar todo, bailarinas, xente, obxectos e paisaxes.
-¿Cal é o obxectivo que persegue cada vez que colle a cámara na man?
-A fotografía é para min unha ferramenta de abstracción. O meu único obxectivo é amosar a través das instantáneas a miña visión do mundo.
-¿Aspira a fotografar algunha escena ou algunha paisaxe en particular?
-Gustaríame fotografar un mundo no que a xente estivera en paz, un mundo no que reinara a igualdade e a xustiza.
-Amosa parte do seu traballo a través dun blog, ¿que buscar con esta ferramenta?
-Amosar o meu traballo, as miñas inquedanzas, os meus intereses. A través de patriestiran.blogspot.com busco sinxelamente dar a coñecer o meu traballo. O contrario sería coma o artista que agocha os cadros nun garaxe. Penso que todos buscamos que o noso traballo se aprecie, se comprenda e se comparta.
-¿Considérase entón unha artista?
-A fotografía é unha arte. Pode ser documental, plástica ou visual, pero é unha arte.
-¿Que significou a irrupción da tecnoloxía dixital no mundo da fotografía?
-O sistema dixital cambia a percepción da realidade. Agora todo o mundo fai fotos, polo que existe a posibilidade de plasmar a realidade desde mil puntos de vista distintos.
-¿Prexudica aos profesionais?
-Non, simplemente hai que elevar o nivel competencia.
-¿Ten previsto montar máis exposicións?
-Co tempo si, pero agora quero seguir promocionando a que está en Porto do Son. Quero que sexa itinerante e que percorra máis lugares de Galicia.

0 comentarios:
Publicar un comentario