:ecg: | 18/05/2011
Pastor Rodríguez, candidato del PSOE en Porto do Son
"A xestión dos populares á fronte do Concello do Son foi nefasta. O Concello era un desastre e por iso o PP cambiou de candidato despois de telo proclamado porque non lles servía", apunta o candidato do PSOE á Alcaldía de Porto do Son, Xoán Pastor Rodríguez Santamaría.
¿Como se está a desenvolver a campaña electoral?
Os socialistas de O Son acudimos aos mitins a explicar o programa electoral, a facer un resumo do mandato dos dous anos e medio de desgoberno do PP, e do ano e medio da nosa xestión á fronte da Alcaldía. En xeral, a campaña está sendo tranquila e cordial.
¿E qué destaca da xestión do mandato popular á fronte da alcaldía de O Son?
Primeiro hai que lembrar, que se o señor Manuel Tomé chegou a alcalde foi porque o BNG incumpriu o pacto que había en toda Galicia entre os dous partidos polos caprichos persoais da súa líder; en segundo lugar, se foi posible a moción de censura foi pola responsabilidade de Quintáns de ceder o seu posto na miña persoa, para recuperar a xestión, as normas e boas formas que deben presidir os plenos municipais. Preferiron facerlle dano ao Son deixando que gobernase o PP, e só cando a situación era insostible se prestaron ao pacto. En canto á xestión dos populares, foi unha xestión nefasta. O Concello era un desastre e por iso o PP cambiou de candidato despois de telo proclamado, porque non servía. Con isto déronnos a súa aprobación pola moción de censura.
¿Pero algo bo faría o ex-alcalde popular?
Pois a verdade é que nós non o atopamos, e o PP tampouco cando decidiu prescindir del e nin sequera o menciona na campaña electoral, parece que é unha mancha negra na vida política do PP do Son. O que fixo foi crispar a vida política coa axuda de concelleiros como Gonzalo Pérez.
¿E qué destacaría do seu mandato como alcalde?
Recordemos que son alcalde dende hai 18 meses, pero aínda así fixemos moito en pouco tempo e faremos máis co apoio dos cidadáns. A destacar no meu mandato: a posta en marcha de todos os plans que estaban paralizados (reparacións de pistas polideportivas e de parques infantís), as obras do Plan E, onde destacamos a rede wifi-wimax, o viveiro de empresas, ter elaborado o PXOM, adxudicar a casa de cultura de Xuño. Tamén as xestións para recuperar a inversión na piscina municipal, ou a presión que tivemos que facer contra a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia para que o Castro de Baroña fose declarado Ben de Interese Cultural.
¿Cómo é que o acto central coa presenza do ministro de Xustiza o fixeron en Nebra?
A nosa lista é a única que aposta moi seriamente por esta parroquia ao levar dúas persoas de Nebra en postos de saída. Pedímoslle ao ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, que nos acompañase en Nebra para que a xente o coñecese e falase con el como un veciño máis. Os ministros socialistas son persoas, falan coa xente das parroquias, non necesitan que lles preparen paseos pola vila para que dean a coñecer os seus candidatos.
¿Que destacaría das persoas que o acompañan na súa lista?
Destacaría a súa preparación académica, as ganas de traballar cada un pola súa parroquia. Son xente honrada, que representan a un partido que fixo saír o Son do abandono e o levou ao progreso. Estou moi contento porque é xente con ilusión e forza para traballar polo seu concello.
¿Que resultado esperan acadar o domingo 22?
Agardamos ser a lista máis votada, posto que estamos a facer unha campaña explicativa moi completa, sen insultar a ninguén, e por suposto sen levantar calumnias, como ocorreu na pasada campaña do PP. Os veciños están acudindo masivamente aos nosos actos, e felicítannos por contarlles a realidade e non ofrecer imposibles, xa que para nós son máis importantes as persoas e as pequenas cousas que as grandes obras.
¿Haberá algo máis, para ser tan optimista?
Nós somos persoas responsables. A xente percibe moi claramente que a lista dos independentes non é máis que unha prolongación da do PP, onde se refuxiaron os partidarios de Manuel Tomé. Tamén perciben a ambición de ser alcaldesa da líder do BNG, que non lle importou que gobernara o PP antes que o PSdeG-PSOE, ademais, en canto á lista do PP actual, os propios militantes populares perciben que é unha lista con intereses no sector da construcción.

4 comentarios:
Non estiven no mitin, pero entre o que me contaron e o que leo aquí, dáme a risa.
Dicir que na pasada lexislatura nos fixeron en Nebra o Centro de Día é para tomalo a coña ou a pitorreo. Suponse que é unha infraestrutura para tódolos veciños do Concello, non só para os de Nebra. O da depuradora de Loreto xa foi o desvarío. Para iso contamos para este bigoberno: levarnos a auga e meternos a merda.
Unha obra ou inversión para os veciños de Nebra, seria a casa de cultura, que por enésima vez parece que nos promete o PSOE. Primeiro foi Groveiro, aínda que vostede parece que se referiu a el, nomeando pola súa antiga profesión, despois veu Quintáns e agora vostede, xa que non cumpriu coma edil de cultura, se o domingo ten sorte, agardamos que por Nebra destaque algo máis que os seus antecesores.
Mentres non se demostre o contrario, para min todos que se presentan son xente honrada e traballadora, pero co seu ollo clínico xa vexo que dubida doutros candidatos "inmobiliarios" como se a desfeita urbanista en Porto do Son a causase o Partido Popular ou entre os seus familiares, tivesen obras pendentes da piqueta, como acontece con algúns do seu bipartito.
Non é por nada, pero Manolo Tomé nesta lexislatura en Nebra fixo con diferenza, moito que o seu bipartito, por moito que intentedes demostralo contrario.
Algunhas así a bote pronto: beirarrúas en Cans, adesentamento do entorno do río de Cornido, parque infantil, pavillón da escola, colocación de luminarias entre aldeas de paso cotidiano, asfaltado de pistas, etc.
Descoñezo o que pasou agora con el, se renunciou ou se foi o partido o que o obrigou a renunciar, pero peor foi o caso do seu compañeiro e benefactor, que foi obrigado por outro partido a renunciar ao seu lexitimo dereito. Iso si que foi unha baixada de pantalóns.
DEIXANDO PUFO TAMNE JOVERNO EU!!! manolo nun ano deixou mais pufo q o psoe en toda a democracia!!!!
Segundo Pastor e Ánxela, Manolo non fixo nada e agora ven vostede a dicir que deixou máis pufos que o PSOE en toda Democracia, infórmese ben antes de verter bazofia, porque aínda lle vai botala culpa de que foi quen lle roubou as sandalias a Xesús.
Segundo o boletín do BNG tiveron que pagar pufos dende o ano 2004 e nestes tempos de crise, empeñaron o Concello por culpa das eleccións, máis que calquera outro da redonda, coa salvidade de que antes saían os cartos de debaixo das pedras, lease desfeita urbanistas, pero agora de onde van saír?
Pagouse a debeda dos gobernos anteriores,guste ou
non,incluida a parte do señor Quiñoy, porque nestes momentos, crear emprego e axudar as empresas dandolle liquidez, e a forma de demostrar
que o Bng,"CUMPLE".
Publicar un comentario